Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2017 Páx. 44138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de implantación da Administración electrónica xudicial en Galicia, cofinanciado nun 80 % co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0012).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é a provisión e prestación dun servizo de implantación e capacitación para a posta en marcha en Galicia dos sistemas vinculados á Administración xudicial electrónica ou expediente xudicial electrónico e, en xeral, o aproveitamento do uso das TIC na Administración de xustiza en Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 19.1.2017.

DOUE: 18.1.2017.

BOE: 28.1.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 739.800,00 € (setecentos trinta e nove mil oitocentos euros).

5. Orzamento base de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 369.900,00 € (trescentos sesenta e nove mil novecentos euros), máis 77.679,00 € (setenta e sete mil seiscentos setenta e nove euros) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 447.579,00 € (catrocentos corenta e sete mil cincocentos setenta e nove euros).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 24.5.2017.

b) Data de formalización do contrato: 4.7.2017.

c) Contratista: Everis Spain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 369.654,98 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia