Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2017 Páx. 44136

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de xestión de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento dos sistemas de información para a xestión do transporte metropolitano de Galicia (expediente 2017/PA/0022).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o presente procedemento ten como obxecto a contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento dos sistemas de información para a xestión do transporte metropolitano de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 5.4.2017.

DOUE: 4.4.2017.

BOE: 11.4.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 655.165,29 euros (seiscentos cincuenta e cinco mil cento sesenta e cinco euros con vinte e nove céntimos).

5. Orzamento base de licitación:

O orzamento máximo autorizado é de 218.388,43 euros (douscentos dezaoito mil trescentos oitenta e oito euros con corenta e tres céntimos), máis 45.861,57 euros (corenta e cinco mil oitocentos sesenta e un euros con cincuenta e sete céntimos) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 264.250,00 euros (douscentos sesenta e catro mil douscentos cincuenta euros).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 17.7.2017.

b) Data de formalización do contrato: 11.9.2017.

c) Contratista: Atos Spain, S.A.

d) Importe de adxudicación: 231.273,35 euros (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia