Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2017 Páx. 44128

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 13 de setembro de 2017 polo cal se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 1/2017, tramitado na Xefatura Territorial de Vigo.

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á persoa interesada por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) o acto administrativo citado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada dispón dun prazo de cinco (5) días hábiles contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal, sita na praza da Estrela, s/n, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

De conformidade co sinalado na proposta de resolución referida, o interesado dispón dun prazo de cinco (5) días hábiles, contado desde o día seguinte á súa notificación, para achegar cantas alegacións considere pertinentes.

Vigo, 13 de setembro de 2017

Mónica Lago Fernández
Instrutora

ANEXO

Expediente: 1/2017.

Interesado: Cristóbal Fernández Domínguez.

DNI: *****099R.

Acto de notificación: proposta de Resolución do 5 de setembro de 2017.