1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición do obxecto: servizos técnicos para a elaboración do documento ambiental en dúas zonas de reestruturación parcelaria.
c) División por lotes e número: si. Dous. Lote 1: proxecto de colaboración de servizos técnicos para a elaboración do documento ambiental da zona de reestruturación parcelaria de Goiriz. Vilalba (Lugo). ST-5155. Lote 2: proxecto de colaboración de servizos técnicos para a elaboración do documento ambiental da zona de reestruturación parcelaria de Lanzós. Vilalba (Lugo). ST-5156.
d) Prazo de execución total: 14 meses contados a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato, sen prórroga (ou do prazo menor ofertado polo adxudicatario).
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 71300000-1.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto documentalmente simplificado, non suxeito a regulación harmonizada.
Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento de licitación.
Importe neto: 71.479,97 €; IVE (21 %): 15.010,80 €. Importe total: 86.490,77 €.
Valor estimado: 71.479,97 €.
5. Financiamento: cunha participación do 75,00 % de fondos da Unión Europea, a través do Feader (medida 4.3) nun 7,5 % con fondos da Administración xeral do Estado, e nun 17,50 % con fondos da Xunta de Galicia.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: os licitadores deberán acreditar a súa solvencia segundo o disposto nos puntos F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.
7. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE.
Para o lote 1: 1.692,18 €.
Para o lote 2: 1.881,82 €.
8. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano 4, CP 15781, Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 57 48 e 881 99 93 88 (consultas administrativas); 981 54 60 51 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 40 47.
e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=196827
9. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina do Rexistro Xeral e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal.
d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.30 horas do noveno día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas.
11. Gastos de publicidade: o custo do anuncio no DOG será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2017
A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural