Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12248

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

ORDE do 2 de abril de 2012 pola que se encomenda a liquidación da entidade Mutualidad de Previsión Social a Prima Fija Pcae-Vigo ao Consorcio de Compensación de Seguros.

Por acordo da asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar o día 30 de marzo de 2012, a entidade Mutualidad de Previsión Social a Prima Fija Pcae-Vigo, inscrita co número 3 no Rexistro autonómico de mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social, adscrito á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, adoptouse por unanimidade o acordo de disolución voluntaria da entidade e tamén solicitar a esta consellería a liquidación da entidade polo Consorcio de Compensación de Seguros, por ser a opción máis vantaxosa para os intereses dos mutualistas.

A solicitude ante esta Administración autonómica da encomenda de liquidación da entidade ao Consorcio de Compensación de Seguros, que se traslada por ser a opción máis vantaxosa para os mutualistas, faise conforme o establecido no artigo 14.1.d) do Real decreto lexislativo 7/2004, do 29 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do estatuto legal do Consorcio de Compensación de Seguros.

A competencia na materia vén determinada no Decreto 340/1996, do 13 de setembro, polo que se asumen funcións e servizos transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia mediante o Real decreto 1642/1996, do 5 de xullo, en materia de mutualidades de previsión social, e se lle asignan á Consellería de Economía e Facenda, e no Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, modificado polos decretos 199/2010, do 16 de decembro, e 220/2011, do 17 de novembro.

Á vista do anterior, por proposta da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, e de acordo co previsto no artigo 28.2.b) do Real decreto lexislativo 6/2004,

RESOLVO:

Encomendar a liquidación da entidade Mutualidad de Previsión Social a Prima Fija Pcae-Vigo ao Consorcio de Compensación de Seguros en virtude do previsto no artigo 14.1.d) do Real decreto lexislativo 7/2004.

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa de conformidade co previsto no artigo 4 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992.

Así mesmo, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 11.1.a), 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda