Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 30 de abril de 2015 pola que se notifica requirimento previo de desafiuzamento administrativo do departamento número 10 do porto do Grove.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello do Grove a Yazmín, C.B. requirimento previo de desafiuzamento administrativo do departamento número 10 do porto do Grove, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no derradeiro enderezo coñecido sito no peirao Pombal, número 10, do Grove.

Segundo informe da Xefatura da Zona Sur, por atoparse vencida a anterior autorización, intentouse requirir a empresa para solicitar nova autorización ou proceder ao desaloxo do departamento, e todos os intentos de notificación foron devoltos.

O presente acto administrativo, que emite a Presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, emítese ao abeiro do artigo 113 desa lei, do artigo 103 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o Regulamento da entidade pública Portos de Galicia.

O departamento deberá de ser abandonado nun prazo máximo de quince (15) días contados desde a publicación da presente cédula, o que se formalizará coa entrega das chaves ao persoal de Portos de Galicia.

Outórgase trámite de audiencia por un prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde a publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, ou da súa exposición no taboleiro de edictos do Concello do Grove, durante o que poderán formularse alegacións e presentarse os documentos ou xustificacións que se consideren pertinentes. Durante o dito prazo poderá solicitarse nova autorización para regularizar a ocupación.

A partir da publicación da presente cédula comezará a aplicarse a regra novena de aplicación á tarifa portuaria E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra o presente acto administrativo de iniciación non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia