Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 17853

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 64/2015, do 16 de abril, polo que se establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é de competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia o regulamento e a administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do artigo 81 daquela, a desenvolvan, das facultades que lle atribúe ao Estado o número 30 do punto 1 do artigo 149 da Constitución e da alta inspección precisa para o seu cumprimento e a súa garantía.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, dispón no seu artigo 64.5 que o Goberno, logo de consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos estudos de ensinanzas deportivas, os aspectos básicos do currículo de cada unha delas e os requisitos mínimos dos centros en que se poderán impartir as ensinanzas respectivas.

O Real decreto 878/2011, do 24 de xuño, establece o título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo e fixa as súas ensinanzas mínimas e os requisitos de acceso, de conformidade co Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, que regula a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial no sistema educativo, e define no artigo 4 a estrutura das ensinanzas deportivas, tomando como base as modalidades deportivas e, de ser caso, especialidades, de conformidade co recoñecemento outorgado polo Consello Superior de Deportes, de acordo co artigo 8.b) da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte.

O citado Real decreto 878/2011, do 24 de xuño, concreta no capítulo III o perfil profesional do devandito título, que inclúe a competencia xeral, as competencias profesionais, persoais e sociais, as cualificacións e as unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título, e o ámbito profesional, laboral e deportivo.

Logo de que o Goberno fixase no Real decreto 878/2011, do 24 de xuño, o perfil profesional do título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo, as súas ensinanzas mínimas e os outros aspectos da ordenación académica que constitúen os aspectos básicos do currículo, procede determinar, no ámbito de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a ampliación e a contextualización dos contidos dos módulos de ensinanza deportiva incluídos nos ciclos inicial e final, respectando os seus perfís profesionais.

Por outra parte, os centros de ensinanzas deportivas desenvolverán os currículos establecidos neste decreto co obxecto de adaptar a programación e a metodoloxía do currículo ás características do alumnado e ás posibilidades formativas do seu contorno, empregando, de ser o caso, as medidas flexibilizadoras que, no marco da normativa que regula a organización dos centros, posibiliten adecuacións particulares do currículo en cada centro de acordo cos recursos dispoñibles, sen que en ningún caso supoña a supresión de obxectivos que afecten o perfil profesional do ciclo.

As ensinanzas que regula este decreto configuráronse para dotar o alumnado dos coñecementos suficientes para lle permitir o exercicio competente das súas funcións. De acordo con este obxectivo xenérico, ponse o acento en lograr unha formación completa, cun equilibrio entre o carácter teórico e o práctico, de maneira que o proceso de formación se vincule á realidade científico-técnica e social do salvamento e o socorrismo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, logo do ditame do Consello Escolar de Galicia, de acordo co Consello Consultivo e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaseis de abril de dous mil quince,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Obxecto

Artigo 1. Obxecto

1. Este decreto establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo, que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. De conformidade co establecido no Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, os elementos recollidos no presente decreto non constitúen regulación do exercicio de profesión titulada ningunha.

CAPÍTULO II
Identificación do título e organización das ensinanzas

Artigo 2. Identificación do título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo

O título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo queda identificado polos seguintes elementos:

a) Denominación: Salvamento e Socorrismo.

b) Nivel: ensinanzas deportivas de grao medio.

c) Duración: 1.155 horas.

d) Referente europeo: CINE-3 (Clasificación Internacional Normalizada de Educación).

Artigo 3. Organización das ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo

As ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo organízanse en dous ciclos:

a) Ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo, cunha duración de 495 horas.

b) Ciclo final de grao medio en Salvamento e Socorrismo, cunha duración de 660 horas.

Artigo 4. Especializacións do título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo

O título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo terá como especializacións:

a) Autosalvamento.

b) Salvamento e socorrismo adaptado.

c) Seguridade no ámbito natural.

d) Seguridade nas instalacións acuáticas.

e) Salvamento e socorrismo en probas de augas abertas.

f) Salvamento e socorrismo en probas de piscina.

CAPÍTULO III
Perfil profesional e contorno profesional, persoal e laboral deportivo dos ciclos

Artigo 5. Perfil profesional dos ciclos de grao medio en Salvamento e Socorrismo

O perfil profesional dos ciclos inicial e final de grao medio en Salvamento e Socorrismo queda determinado pola súa competencia xeral, polas súas competencias profesionais, persoais e sociais, e pola relación de cualificacións e, de ser o caso, unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título e o ámbito profesional, laboral e deportivo.

Artigo 6. Competencia xeral do ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo

A competencia xeral do ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo consiste en dinamizar, instruír, dirixir e concretar a iniciación ao ambiente acuático e a iniciación deportiva en salvamento e socorrismo, en organizar, acompañar e tutelar os/as socorristas durante a súa participación en actividades, competicións e eventos propios deste nivel, todo iso consonte as directrices establecidas na programación de referencia. Consiste tamén en establecer as medidas de prevención e rescate necesarias para velar pola seguridade das persoas usuarias en piscinas e instalacións acuáticas, intervindo de xeito eficaz mediante a axuda ou o rescate en caso de accidente, actuando co nivel óptimo de calidade que permita a satisfacción dos/das socorristas e das persoas usuarias na actividade e na instalación.

Artigo 7. Competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo

As competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo son as que se relacionan:

a) Dominar as técnicas básicas da natación relacionadas co salvamento e o socorrismo, así como as técnicas básicas de salvamento e socorrismo, con nivel suficiente para o desenvolvemento das tarefas propias da iniciación deportiva.

b) Atender o/a socorrista e informalo/a das características da actividade, solicitando información sobre as súas motivacións e os seus intereses, e motivalo/a cara á iniciación ao ambiente acuático e a práctica de salvamento e socorrismo.

c) Valorar as habilidades e as destrezas de iniciación ao ambiente acuático específicas dos/das socorristas co obxecto de determinar o seu nivel, para propor a súa incorporación a un grupo, e tomar as medidas de corrección idóneas.

d) Concretar a sesión de ensino e aprendizaxe na iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo de acordo coa programación de referencia, adecuándose ao grupo e ás condicións materiais existentes, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable, así como o respecto e o coidado do propio corpo e do ambiente onde se desenvolva a actividade.

e) Dirixir a sesión de ensino e aprendizaxe de iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo, solucionando as continxencias existentes, para conseguir unha participación e un rendemento conforme os obxectivos propostos, e dentro das normas ambientais e as marxes de seguridade requiridas.

f) Acondicionar, preparar e transportar os medios necesarios para a práctica no nivel de iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo, garantindo a súa dispoñibilidade e a súa seguridade, e respectando a normativa ambiental.

g) Velar pola seguridade dos/das socorristas que practican o nivel de iniciación ao salvamento e socorrismo e das persoas usuarias en piscinas ou instalacións acuáticas, aplicando a normativa vixente, supervisando as instalacións e os medios utilizados e previndo situacións potencialmente perigosas.

h) Intervir de forma eficaz mediante a axuda ou o rescate en piscinas ou instalacións acuáticas ante un accidente, unha situación de emerxencia detectada ou unha doenza.

i) Asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

j) Seleccionar os/as socorristas en función do seu nivel e das súas características, e comprobar que se adapten ás esixencias da competición de nivel de iniciación ao salvamento e socorrismo, respectando os obxectivos propostos e conforme as marxes previstas de seguridade.

k) Acompañar os/as socorristas nas competicións e noutras actividades do nivel de iniciación ao salvamento e socorrismo, para proporcionar unha experiencia motivadora e segura.

l) Dirixir os/as socorristas en competicións de nivel de iniciación dentro dos valores éticos vinculados ao xogo limpo e o respecto polas demais persoas, reforzando a súa responsabilidade e o seu esforzo persoal.

m) Colaborar e intervir na organización e na xestión de competicións e eventos propios da iniciación ao salvamento e socorrismo, co obxecto de captar, adherir e fidelizar o/a socorrista na práctica de salvamento e socorrismo.

n) Valorar o desenvolvemento da sesión, logo de recoller e procesar a información necesaria para a elaboración de xuízos que permitan o axuste e a mellora permanentes do proceso de ensino e aprendizaxe e das actividades propias da iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo.

ñ) Transmitir, a través do comportamento ético persoal, valores vinculados ao xogo limpo, ao respecto polas demais persoas e ao respecto e o coidado do propio corpo e do ambiente no que se desenvolva a actividade deportiva.

o) Manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no ámbito do seu labor como persoal técnico deportivo.

p) Manter a iniciativa e a autonomía dentro do traballo en equipo para o desenvolvemento das súas funcións.

Artigo 8. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais do ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo

1. O ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo inclúe a cualificación completa de «Socorrismo en instalacións acuáticas», AFD096_2, que abrangue as seguintes unidades de competencia:

a) UC0269_2: executar técnicas específicas de natación con eficacia e seguridade.

b) UC0270_2: previr accidentes ou situacións de emerxencia en instalacións acuáticas, velando pola seguridade das persoas usuarias.

c) UC0271_2: rescatar persoas en caso de accidente ou situación de emerxencia en instalacións acuáticas.

d) UC0272_2: asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

2. O ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo inclúe a cualificación completa de «Iniciación deportiva na modalidade de Salvamento e Socorrismo en instalacións acuáticas», AFD538_2, que abrangue as seguintes unidades de competencia:

a) UC0269_2: executar técnicas específicas de natación con eficacia e seguridade.

b) UC1759_2: executar habilidades e destrezas básicas aplicadas á iniciación deportiva na modalidade de Salvamento e Socorrismo en instalacións acuáticas con eficacia e seguridade.

c) UC1760_2: concretar, dirixir e dinamizar sesións secuenciadas de iniciación deportiva na modalidade de Salvamento e Socorrismo en instalacións acuáticas.

d) UC1761_2: dinamizar accións de promoción e acompañamento a deportistas en eventos e competicións da modalidade deportiva de Salvamento e Socorrismo en instalacións acuáticas.

e) UC0271_2: rescatar persoas en caso de accidente ou situación de emerxencia en instalacións acuáticas.

f) UC0272_2: asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

Artigo 9. Contorno profesional, laboral e deportivo do ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo

1. Este/a profesional desenvolve a súa actividade profesional tanto no ámbito público (na Administración xeral, autonómica ou local), como en entidades de carácter privado que ofrezan actividades deportivo-recreativas de descubrimento e iniciación ao ambiente acuático e/ou ao salvamento e socorrismo, e de control da seguridade das persoas usuarias das instalacións acuáticas: grandes, medianas ou pequenas empresas; padroados deportivos; entidades deportivas municipais; federacións e clubs deportivos e sociais; centros educativos e instalacións afíns; centros de actividade acuática (piscinas convencionais, piscinas naturais, parques acuáticos, etc.); empresas de servizos de actividades extraescolares; casas de colonias; empresas turísticas (hoteis, cámping, albergues, balnearios, etc.); empresas de servizos deportivos e de turismo activo; clubs deportivo-recreativos e de lecer; comunidades veciñais; empresas de mantemento de infraestruturas e/ou de xestión deportiva; ximnasios, etc.

2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables para estes/as profesionais son as seguintes:

a) Monitor/ora de salvamento e socorrismo.

b) Xuíz/a cronometrador/ora.

c) Socorrista en piscinas.

e) Socorrista en parques acuáticos.

f) Socorrista en piscinas naturais.

3. O desenvolvemento destas ocupacións e destes postos de traballo no ámbito público realizarase de acordo cos principios e os requisitos de acceso ao emprego público previstos na normativa vixente.

Artigo 10. Competencia xeral do ciclo final de grao medio en Salvamento e Socorrismo

A competencia xeral do ciclo final de grao medio en Salvamento e Socorrismo consiste en adaptar, dirixir e dinamizar o adestramento básico e o perfeccionamento técnico na etapa de tecnificación deportiva de salvamento e socorrismo; organizar, acompañar e tutelar os/as deportistas durante a súa participación en actividades, competicións e eventos propios deste nivel; xestionar os recursos materiais necesarios e coordinar as actividades do persoal técnico ao seu cargo; organizar actividades, competicións e eventos do nivel de iniciación deportiva; e velar pola seguridade das persoas usuarias de actividades acuáticas, e de espazos acuáticos naturais, realizando unha vixilancia permanente e eficiente, previndo situacións potencialmente perigosas e intervindo de forma eficaz ante un accidente ou unha situación de emerxencia, todo iso conforme as directrices establecidas na programación de referencia e co nivel óptimo de calidade que permita a satisfacción dos/das socorristas participantes na actividade e das persoas usuarias en espazos acuáticos naturais.

Artigo 11. Competencias profesionais, persoais e sociais propias do sistema deportivo do ciclo final de grao medio en Salvamento e Socorrismo

As competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo final de grao medio en Salvamento e Socorrismo son as que se relacionan:

a) Dominar as técnicas específicas de salvamento e socorrismo co nivel suficiente para o desenvolvemento das tarefas propias da tecnificación deportiva e a condución de socorristas.

b) Valorar e seleccionar o/a socorrista en función do seu nivel e das súas características, co fin de adaptar a programación de referencia de perfeccionamento técnico en salvamento e socorrismo.

c) Adaptar e concretar a sesión de adestramento básico en salvamento e socorrismo de acordo coa programación de referencia, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable, así como o respecto e o coidado do propio corpo e do ambiente onde se desenvolve.

d) Adaptar e concretar os programas específicos de perfeccionamento técnico-táctico para a etapa de tecnificación deportiva de salvamento e socorrismo, de acordo coa programación xeral.

e) Deseñar programas de iniciación ao ambiente acuático e de iniciación deportiva en salvamento e socorrismo acordes cos procesos de tecnificación deportiva, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable, así como o respecto e o coidado do propio corpo e do ambiente onde se desenvolve.

f) Dirixir a sesión de adestramento básico na etapa de tecnificación deportiva en salvamento e socorrismo, solucionando as continxencias existentes, para conseguir a participación e o rendemento conforme os obxectivos propostos desta, dentro das normas ambientais e as marxes de seguridade requiridas.

g) Velar pola seguridade das persoas usuarias en espazos acuáticos naturais e pola dos/das socorristas que practican o nivel de tecnificación de salvamento e socorrismo en instalacións acuáticas ou espazos acuáticos naturais, supervisando as instalacións e os medios utilizados, e previndo situacións potencialmente perigosas.

h) Controlar a seguridade das persoas usuarias en espazos acuáticos naturais e a dos/das socorristas que practican o nivel de tecnificación en espazos acuáticos naturais no nivel de tecnificación de salvamento e socorrismo, intervindo mediante a axuda ou o rescate nas situacións de risco detectadas, e asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

i) Acondicionar, preparar e transportar os medios necesarios para a práctica no nivel de tecnificación de salvamento e socorrismo, garantindo a súa dispoñibilidade e seguridade, e respectando a normativa ambiental.

j) Acompañar e dirixir os/as socorristas en competicións de nivel de tecnificación de salvamento e socorrismo realizando as orientacións técnico-tácticas e tomando as decisións máis axeitadas para o desenvolvemento da competición, co fin de garantir a súa participación nas mellores condicións dentro dos valores éticos vinculados ao xogo limpo e ao respecto polas demais persoas e polo propio corpo.

k) Organizar eventos propios da iniciación deportiva e colaborar e intervir na xestión de competicións e eventos propios da tecnificación de salvamento e socorrismo, co obxecto de captar, adherir e fidelizar o/a socorrista á práctica de salvamento e socorrismo.

l) Coordinar outro persoal técnico encargado da iniciación ao ambiente acuático e iniciación deportiva en salvamento e socorrismo, revisando a súa programación e organizando os recursos materiais e humanos, co fin de dinamizar e favorecer as relacións entre o devandito persoal técnico.

m) Avaliar o proceso de tecnificación deportiva, recollendo a información necesaria para a elaboración de xuízos e axustando programas que permitan a mellora permanente do adestramento básico e perfeccionamento das actividades propias da tecnificación en salvamento e socorrismo.

n) Transmitir, a través do comportamento ético persoal, valores vinculados ao xogo limpo, ao respecto polas demais persoas e ao respecto e coidado do propio corpo e do ambiente onde se desenvolva a actividade deportiva.

ñ) Manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no ámbito do seu labor como persoal técnico deportivo.

o) Manter a iniciativa e a autonomía dentro do traballo en equipo para o desempeño das súas funcións.

Artigo 12. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais do ciclo final de grao medio en Salvamento e Socorrismo

O ciclo final de grao medio en Salvamento e Socorrismo inclúe a cualificación completa de socorrismo en espazos acuáticos naturais AFD340_2, que abrangue as seguintes unidades de competencia:

a) UC0269_2: executar técnicas específicas de natación con eficacia e seguridade.

b) UC1082_2: previr accidentes ou situacións de emerxencia en espazos acuáticos naturais.

c) UC01083_2: rescatar persoas en caso de accidente ou situación de emerxencia en espazos acuáticos naturais.

d) UC0272_2: asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

Artigo 13. Contorno profesional, laboral e deportivo do ciclo final de grao medio en Salvamento e Socorrismo

1. Este/a profesional desenvolve a súa actividade profesional tanto no ámbito público, na Administración xeral, autonómica ou local (equipos de rescate e socorrismo e unidades de intervención acuática), como en entidades de carácter privado (grandes, medianas ou pequenas empresas; padroados deportivos; entidades deportivas municipais; federacións; centros de tecnificación; clubs deportivos e sociais; centros educativos e instalacións afíns; centros de actividade acuática, como piscinas convencionais, piscinas naturais ou parques acuáticos; empresas de servizos de actividades extraescolares; casa de colonias; empresas turísticas, como hoteis, cámpings, albergues, balnearios, portos deportivos, etc.; empresas de mantemento de infraestruturas e/ou xestión deportiva; clubs deportivo-recreativos e de lecer; ximnasios; comunidades veciñais, etc.). Estas entidades deben ofrecer actividades deportivas de tecnificación de salvamento e socorrismo e dedícanse, pola súa vez, á prevención, á vixilancia e ao rescate en espazos acuáticos naturais (praias marítimas e fluviais, ríos, lagos, encoros, etc.).

2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables para estes/as profesionais son:

a) Adestrador/ora de salvamento e socorrismo.

b) Coordinador/ora en escolas deportivas de salvamento e socorrismo.

c) Responsable de instalación acuática e/ou equipo de socorristas no ambiente natural.

d) Socorrista en praias marítimas.

e) Socorrista en praias fluviais.

f) Socorrista en lagos e encoros.

g) Socorrista de apoio de unidades de intervención acuática.

h) Socorrista en actividades acuáticas no ámbito natural.

i) Socorrista en actividades náutico-deportivas.

j) Árbitro/a auxiliar.

3. O desenvolvemento destas ocupacións e destes postos de traballo no ámbito público realizarase de acordo cos principios e requisitos de acceso ao emprego público previstos na normativa vixente.

CAPÍTULO IV
Estrutura das ensinanzas de cada un dos ciclos de ensino deportivo conducentes ao título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo

Artigo 14. Estrutura dos ciclos inicial e final de grao medio en Salvamento e Socorrismo

1. Os ciclos inicial e final de grao medio en Salvamento e Socorrismo estrutúranse en módulos, agrupados nun bloque común e un bloque específico.

2. Os módulos de ensino deportivo do ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo son os que se relacionan:

a) Módulos do bloque común:

• MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

• MED-C102. Primeiros auxilios.

• MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

• MED-C104. Organización deportiva.

b) Módulos do bloque específico:

• MED-SSSS102. Instalacións acuáticas e materiais.

• MED-SSSS103. Metodoloxía do salvamento e socorrismo.

• MED-SSSS104. Organización de eventos de iniciación en salvamento e socorrismo.

• MED-SSSS105. Seguridade e intervención en instalacións acuáticas.

• MED-SSSS106. Formación práctica.

3. Os módulos de ensino deportivo do ciclo final de grao medio en Salvamento e Socorrismo son os que se relacionan:

a) Módulos do bloque común:

• MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

• MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

• MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

• MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

• MED-C205. Xénero e deporte.

b) Módulos do bloque específico:

• MED-SSSS201. Escola de salvamento e socorrismo.

• MED-SSSS202. Preparación física do/a socorrista.

• MED-SSSS203. Perfeccionamento técnico en salvamento e socorrismo.

• MED-SSSS204. Organización de eventos de tecnificación en salvamento e socorrismo.

• MED-SSSS205. Espazos acuáticos e materiais.

• MED-SSSS206. Seguridade e intervención en espazos acuáticos naturais.

• MED-SSSS207. Formación práctica.

4. A distribución horaria dos ciclos inicial e final de grao medio en Salvamento e Socorrismo establécese no anexo I.

5. Os obxectivos xerais e os módulos de ensino deportivo dos ciclos inicial e final de grao medio en Salvamento e Socorrismo quedan desenvolvidos nos anexos II e III.

Artigo 15. Relación profesorado/alumnado

1. Para impartir os módulos do bloque común e os contidos relacionados cos resultados de aprendizaxe de carácter conceptual dos módulos do bloque específico, dos ciclos inicial e final de grao medio en Salvamento e Socorrismo, a relación entre profesorado e alumnado será de 1/30.

2. Para impartir os contidos relacionados cos resultados de aprendizaxe de carácter procedemental dos módulos do bloque específico dos ciclos inicial e final de grao medio en Salvamento e Socorrismo, a relación entre profesorado e alumnado será a recollida no anexo IV.

Artigo 16. Módulo de Formación práctica

Para iniciar os módulos de formación práctica dos ciclos inicial e final de grao medio en Salvamento e Socorrismo, cumprirá ter superados con anterioridade os módulos comúns e específicos de ensino deportivo que se establecen no anexo V.

Artigo 17. Espazos e equipamentos deportivos

Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas dos ciclos de grao medio en Salvamento e Socorrismo son os establecidos no anexo VI A e VI B.

CAPÍTULO V
Acceso a cada un dos ciclos

Artigo 18. Requisitos xerais de acceso aos ciclos inicial e final de grao medio en Salvamento e Socorrismo

1. Para acceder ao ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo cumprirá ter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para os efectos de acceso.

2. Para acceder ao ciclo final de grao medio en Salvamento e Socorrismo será necesario acreditar ter superado o ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo.

Artigo 19. Requisitos de acceso ao ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo para persoas sen o título de graduado en educación secundaria obrigatoria

Poderase acceder ás ensinanzas do ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo sen o título de graduado en educación secundaria obrigatoria sempre que a persoa aspirante cumpra os outros requisitos de carácter específico que se establecen no Real decreto 878/2011, do 24 de xuño, cumpra as condicións de idade e supere a proba establecida no artigo 31.1.a) do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial.

Artigo 20. Requisitos de acceso específicos ao ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo

1. Para acceder ao ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo será necesario superar a proba de carácter específico que se establece no anexo VII.

2. A proba de carácter específico do ciclo inicial acredita a competencia profesional de «dominar as técnicas básicas da natación relacionadas co salvamento e socorrismo, e as técnicas básicas de salvamento e socorrismo con nivel suficiente para o desenvolvemento das tarefas propias da iniciación deportiva», recollida no artigo 7 deste decreto, e que no título ten asignada unha carga horaria de 120 horas sobre a duración total do ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo.

3. Para a superación da proba de carácter específico cumprirá a avaliación positiva na totalidade dos criterios de avaliación descritos nesta.

Artigo 21. Efectos e vixencia da proba de carácter específico

1. A superación da proba de carácter específico, que se establece para o acceso ao ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo, terá efectos en todo o territorio nacional.

2. A superación da proba de carácter específico, que se establece no anexo VII, terá unha vixencia de 24 meses, contados a partir da data da súa finalización.

Artigo 22. Requisitos de acceso dos/das deportistas de alto nivel ou alto rendemento

Estarán exentos/as de superar a proba de carácter específico establecida para o acceso ao ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo, os/as deportistas que acrediten:

a) A condición de deportista de alto nivel nas condicións que establece o Real decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento en salvamento e socorrismo.

b) A cualificación de deportista de alto rendemento ou equivalente na modalidade de Salvamento e Socorrismo, establecida polas comunidades autónomas de acordo coa súa normativa.

c) Ter sido seleccionados/as pola Federación Española de Salvamento e Socorrismo para representar a España, dentro dos dous últimos anos, en polo menos unha competición oficial internacional de categoría absoluta, na modalidade correspondente.

d) Que competiran en campionatos de España de salvamento e socorrismo durante un mínimo de dúas tempadas en categoría xuvenil ou superior, durante os tres últimos anos.

Artigo 23. Requisitos de acceso de persoas que acrediten discapacidades

As persoas con discapacidade poderán acceder ás ensinanzas destes ciclos conforme a disposición adicional terceira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial. É obriga das administracións competentes levar a cabo os axustes razoables para que este acceso non comporte restricións inxustificadas contrarias ao principio de igualdade de oportunidades.

Artigo 24. Composición e perfil do tribunal da proba de carácter específico

1. O tribunal avaliador da proba de carácter específico será nomeado polo órgano competente da comunidade autónoma e deberá estar formado por un mínimo de tres avaliadores/as.

2. Os/as avaliadores/as das probas de carácter específico deberán acreditar, polo menos, a titulación de técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo.

3. No tribunal avaliador procurarase unha presenza equilibrada de homes e mulleres.

Artigo 25. Funcións do tribunal avaliador da proba de carácter específico

1. O tribunal da proba de carácter específico terá, entre outras, as seguintes funcións:

a) Organizar a proba de carácter específico conforme o especificado no anexo VII.

b) Garantir o correcto desenvolvemento das probas de carácter específico, comprobando que os obxectivos, os contidos e a avaliación dos exercicios que compoñen as probas se ateñan ao establecido na descrición destas.

c) Os/as avaliadores/as realizarán a valoración das actuacións das persoas aspirantes de conformidade co establecido nos criterios de avaliación dos resultados de aprendizaxe da proba de carácter específico.

d) Realizar a avaliación final das persoas aspirantes.

2. O tribunal, como órgano colexiado, rexerase polo establecido no título II, capítulo II da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, aplicable nos seus aspectos básicos, así como, polo establecido na sección III do capítulo I do título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

3. No caso de que algunha das persoas aspirantes acredite algún tipo de discapacidade, o tribunal actuará de acordo co disposto na disposición adicional terceira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

CAPÍTULO VI
Profesorado

Artigo 26. Requisitos de titulación do profesorado en centros públicos

Os requisitos de titulación do profesorado en centros públicos determinaranse en función do bloque de ensinanza deportiva en que vaia impartir a docencia:

1. A docencia en centros públicos dos módulos do bloque común que constitúen as ensinanzas deportivas dos ciclos de grao medio en Salvamento e Socorrismo, correspóndelle ao profesorado das especialidades dos corpos de funcionarios/as docentes, segundo o establecido no anexo VIII.

2. A docencia en centros públicos dos módulos do bloque específico que constitúen as ensinanzas deportivas dos ciclos de grao medio en Salvamento e Socorrismo está especificada no anexo IX A, e correspóndelle a:

a) Profesorado da especialidade de educación física dos corpos de catedráticos/as e de profesorado de ensino secundario, que posúa o título de técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo.

b) Profesorado especialista que posúa o título de técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo, ou aquel non titulado que acredite a experiencia no ámbito laboral e deportivo, ou a experiencia docente, detallada no anexo IX B.

Artigo 27. Requisitos de titulación do profesorado en centros privados e de titularidade pública de administracións distintas da educativa

As titulacións requiridas para impartir os módulos tanto do bloque común como do bloque específico que forman os ciclos de ensino deportivo de grao medio en Salvamento e Socorrismo, para o profesorado dos centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas concrétanse no anexo X.

CAPÍTULO VII
Vinculación a outros estudos

Artigo 28. Acceso a outros estudos

O título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo permitirá o acceso directo a todas as modalidades de bacharelato.

Artigo 29. Validación das ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo

1. A validación do bloque común destas ensinanzas cos estudos ou títulos de licenciado/a en ciencias da actividade física e o deporte, diplomado/a en educación física, licenciado/a en educación física, mestre/a especialista en educación física, técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas, e técnico en condución de actividades físico-deportivas no ambiente natural, así como coas materias de bacharelato e os títulos establecidos ao abeiro do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, realizarase de acordo co artigo 30 do Real decreto 878/2011, do 24 de xuño.

2. A correspondencia dos módulos de ensino deportivo que forman o presente título coas unidades de competencia para a súa acreditación queda determinada no anexo XI A.

3. A correspondencia das unidades de competencia cos módulos de ensino deportivo que forman o presente título para a súa validación ou exención queda determinada no anexo XI B.

4. Serán obxecto de validación os módulos comúns e específicos de ensino deportivo coa mesma denominación e co mesmo código.

5. A superación da totalidade dos módulos do bloque común do primeiro ou do segundo nivel, en calquera das modalidades ou especialidades deportivas dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, validarase pola totalidade dos módulos do bloque común do correspondente ciclo inicial ou final de ensino deportivo en Salvamento e Socorrismo. A superación da totalidade dos módulos do bloque común dos ciclos inicial ou final do título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo validarase pola totalidade dos módulos do bloque común, do correspondente nivel, dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Artigo 30. Exención do módulo de Formación práctica

Poderá ser obxecto de exención total ou parcial o módulo de Formación práctica dos ciclos inicial e final de grao medio en Salvamento e Socorrismo, desenvolvidos no presente decreto, en función da súa correspondencia coa experiencia no ámbito deportivo ou laboral, detallada no anexo XII.

Artigo 31. Correspondencia formativa dos módulos de ensino deportivo coa experiencia docente

1. A correspondencia formativa entre os módulos de ensino deportivo dos ciclos inicial e final de grao medio en Salvamento e Socorrismo, e a experiencia docente acreditable das formacións anteriores de adestradores/as deportivos/as ás que se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, e as formacións de adestradores/as ás que se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, establécese no anexo XIII.

2. A correspondencia formativa será aplicada polos centros, seguindo o procedemento establecido pola consellería competente en materia de educación.

Disposición adicional primeira. Referencia do título no marco europeo

Establecido o marco nacional de cualificacións, de acordo coas recomendacións europeas, determinarase o nivel correspondente destas titulacións no marco nacional e o seu equivalente europeo.

Disposición adicional segunda. Oferta a distancia dos módulos de ensino deportivo do título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo

Os módulos de ensino deportivo que se establecen no anexo XIV poderán ofertarse a distancia, sempre que se garanta que o alumnado poida conseguir os seus resultados de aprendizaxe, de acordo co disposto neste decreto. Para iso, a consellería competente en materia de educación, no ámbito da súa competencia, adoptará as medidas que considere necesarias e ditará as instrucións precisas.

Disposición adicional terceira. Clave identificativa dos certificados de superación do ciclo inicial

A clave identificativa dos certificados oficiais acreditativos da superación do ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo á que fai referencia o artigo 15.4 do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, incluirá:

a) Certificación académica oficial: CA.

b) Díxito da comunidade autónoma: de acordo co establecido no anexo IV da Orde ECD/454/2002, do 22 de febreiro, pola que se establecen os elementos básicos dos informes de avaliación das ensinanzas conducentes á obtención de titulacións de técnicos deportivos reguladas polo Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, así como os requisitos formais derivados do proceso de avaliación que son necesarios para garantir a mobilidade do alumnado.

c) Díxitos de modalidade deportiva: SSSS.

Disposición adicional cuarta. Medidas de apoio ao profesorado

A consellería competente en materia de educación preverá medidas de apoio ao profesorado, nomeadamente na formación permanente, na investigación e na innovación nesta etapa educativa, para contribuír ao mellor desenvolvemento e á mellor aplicación do currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo.

Disposición transitoria primeira. Recoñecemento das formacións deportivas e prazo para solicitar a homologación, a validación e a equivalencia das formacións ás que se refiren a disposición adicional quinta e a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, e a disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, na modalidade de Salvamento e Socorrismo

1. As solicitudes de homologación, validación e equivalencia para efectos profesionais das formacións de adestradores/as ás que se refire a disposición adicional quinta do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, poderanse formular individualmente polas persoas interesadas, para a modalidade de Salvamento e Socorrismo, dentro do prazo de 10 anos que empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado dos criterios comúns da modalidade, segundo se establece no punto 3 da disposición transitoria segunda do Real decreto 878/2011, do 24 de xuño. A resolución do procedemento notificarase no prazo máximo de seis meses contados a partir da recepción da solicitude, porá fin á vía administrativa e non será de aplicación o prazo establecido para a resolución do expediente recollido no artigo sétimo, punto 2, da Orde ECD/189/2004, do 21 de xaneiro.

2. Se nos procedementos regulados polo Real decreto 878/2011, do 24 de xuño, non recaese resolución expresa nos prazos sinalados en cada caso, entenderase desestimada de acordo co disposto na disposición adicional vixésimo novena da Lei 14/2000, do 29 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición transitoria segunda. Perfil dos/das avaliadores/as das probas de carácter específico

Ata o momento da publicación no Boletín Oficial do Estado dos criterios comúns da modalidade de Salvamento e Socorrismo para os efectos de homologación, validación e equivalencia profesional, segundo se establece no punto 2 da disposición adicional quinta do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, poderán ser avaliadores/as das probas de carácter específico as persoas que estivesen en disposición de homologar ou tramitar a equivalencia profesional a técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo, desde formacións ás que se refire a disposición adicional quinta do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, e da disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, e do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposición derradeira primeira. Autorización para o desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de educación, no relativo á organización e ás materias propias do seu departamento, para ditar cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación do que se establece neste decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de abril de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Distribución horaria

Ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo.

Carga horaria

RAE-SSSS101

120 h

Carga horaria

Bloque común

Teóricas

Prácticas

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

5 h

5 h

MED-C102. Primeiros auxilios.

20 h

20 h

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

5 h

--

MED-C104. Organización deportiva.

5 h

--

Total

60 h

Bloque específico

Teóricas

Prácticas

MED-SSSS102. Instalacións acuáticas e materiais.

10 h

10 h

MED-SSSS103. Metodoloxía do salvamento e socorrismo.

15 h

30 h

MED-SSSS104. Organización de eventos de iniciación en salvamento e socorrismo.

15 h

10 h

MED-SSSS105. Seguridade e intervención en instalacións acuáticas.

25 h

50 h

MED-SSSS106. Formación práctica.

150 h

Total

315 h

Total ciclo inicial (RAE-SSSS-101 + BC + BE)

495 h

Ciclo final de grao medio en Salvamento e Socorrismo.

Carga horaria

Bloque común

Teóricas

Prácticas

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

40 h

5 h

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

55 h

10 h

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

20 h

--

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

20 h

--

MED-C205. Xénero e deporte.

10 h

--

Total

160 h

Bloque específico

Teóricas

Prácticas

MED-SSSS201. Escola de salvamento e socorrismo.

25 h

20 h

MED-SSSS202. Preparación física do/da socorrista.

20 h

20 h

MED-SSSS203. Perfeccionamento técnico en salvamento e socorrismo.

25 h

45 h

MED-SSSS204. Organización de eventos de tecnificación en salvamento e socorrismo.

15 h

30 h

MED-SSSS205. Espazos acuáticos e materiais.

20 h

30 h

MED-SSSS206. Seguridade e intervención nos espazos acuáticos naturais.

15 h

35 h

MED-SSSS207. Formación práctica.

200 h

Total

500 h

Total ciclo final (BC + BE)

660 h

ANEXO II
Obxectivos xerais e módulos de ensino deportivo do ciclo inicial
de grao medio en Salvamento e Socorrismo

Obxectivos xerais:

a) Executar técnicas básicas da natación relacionadas co salvamento e as técnicas básicas de salvamento e socorrismo propias deste nivel, coa seguridade suficiente e tomando conciencia do realizado, para servir de modelo no proceso de ensino e aprendizaxe da iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo.

b) Establecer e transmitir a información sobre a actividade e recoller a información sobre os/as participantes, analizando as características da información e aplicando procedementos establecidos, para atender e motivar o/a socorrista.

c) Analizar a execución técnica no nivel de iniciación, utilizando procedementos establecidos e comparando a execución técnica cos estándares propios da iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo, para valorar a execución dos/das socorristas, determinar o seu nivel e concretar o agrupamento.

d) Interpretar e adaptar a programación de referencia e a organización da sesión utilizando criterios de elección e temporización das tarefas, discriminando a información sobre as características do grupo e as condicións materiais existentes, para concretar a sesión de ensino e aprendizaxe da iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo.

e) Elixir e demostrar as técnicas de dirección e os procedementos de control das continxencias, aplicando instrumentos de observación e control e resolvendo supostos, para dinamizar sesións de ensino e aprendizaxe de iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo.

f) Seleccionar, comprobar e axustar os medios materiais e as instalacións acuáticas propias da iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo, aplicando os procedementos establecidos e operando cos instrumentos de reparación e mantemento, para facilitar a dispoñibilidade e a axeitada utilización dos medios necesarios.

g) Identificar e describir as variables que interveñen no desenvolvemento da actividade, aplicando os procedementos establecidos e clasificando a información obtida, para valorar o desenvolvemento da sesión de iniciación no ambiente acuático e o acompañamento no salvamento e socorrismo, e axustar o proceso de ensino e aprendizaxe.

h) Identificar as condicións de seguridade das piscinas, das instalacións acuáticas e dos medios propios da iniciación deportiva, aplicando procedementos establecidos e a normativa vixente, para controlar a seguridade na práctica das actividades acuáticas en piscinas e instalacións acuáticas, e de iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo.

i) Elixir as medidas preventivas de risco no ambiente acuático, en piscinas e instalacións acuáticas, e demostrar as técnicas de autosalvamento, salvamento e socorrismo, aplicando os procedementos establecidos, para intervir en situacións potencialmente perigosas.

j) Describir, preparar e executar os primeiros auxilios, identificando as características dos supostos e aplicando os protocolos establecidos, para asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente, situación de emerxencia ou doenza.

k) Identificar as características das competicións e dos eventos propios da iniciación deportiva en salvamento e socorrismo, analizando o regulamento e as bases de competición para seleccionar os/as socorristas en función do seu nivel e características.

l) Identificar e describir os procesos de inscrición e acompañamento dos/das socorristas, así como os aspectos técnicos e tácticos da competición e dos eventos propios da iniciación deportiva en salvamento e socorrismo, analizando supostos, aplicando os procedementos establecidos e tendo en conta o regulamento, para acompañar e dirixir os/as socorristas en competicións deste nivel.

m) Identificar e describir as características organizativas das competicións e dos eventos propios da iniciación deportiva en salvamento e socorrismo, e enumerar os medios materiais e humanos necesarios, para colaborar e intervir na súa organización e na súa xestión.

n) Identificar e describir as características do proceso de adquisición de valores e actitudes, e argumentar os efectos que provocan nos/as socorristas, para transmitir valores propios de salvamento e socorrismo a través do comportamento ético persoal.

ñ) Identificar e describir as variables que interveñen no desenvolvemento da actividade de iniciación ao ambiente acuático e a iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo, aplicando os procedementos establecidos e clasificando a información obtida que permita o axuste e a mellora do proceso de ensino e aprendizaxe.

o) Recoñecer e promover os valores de compromiso, traballo ben feito e aprendizaxe constante, e describir as actitudes que reflicten estes valores, para manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no desempeño do seu labor como persoal técnico.

p) Identificar e describir os principios en que se fundamenta o traballo en equipo, e ser consciente da importancia do liderado e a comunicación, para manter a iniciativa e a autonomía dentro do grupo de traballo.

q) Identificar e describir as características básicas das principais discapacidades, seguindo os procedementos de actuación establecidos e fixando as condicións básicas de relación e comunicación, para facilitar a integración e a normalización das persoas con discapacidade.

Módulo común de ensino deportivo: Bases do comportamento deportivo

Código: MED-C101

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica as características motrices, psicolóxicas, afectivas e sociais das persoas en relación cos estadios madurativos da infancia.

a) Describíronse estadios madurativos da infancia e identificáronse as particularidades de cada persoa.

b) Aplicáronse técnicas elementais de recollida de información para a obtención de datos salientables da persoa.

c) Identificáronse os intereses e as motivacións características das persoas na etapa da infancia.

d) Describíronse as características dos rapaces e das rapazas no aspecto motor e psicolóxico na primeira etapa do proceso de aprendizaxe motora.

e) Demostrouse interese por respectar o desenvolvemento natural e saudable do/da deportista acorde co seu estado madurativo.

f) Valorouse a importancia de que a persoa conte con diversidade e variabilidade de experiencias físico-deportivas nestes estadios, e de que se evite unha especialización precoz.

2. Atende o/a deportista aplicando técnicas de comunicación e motivación, e describe estas técnicas.

a) Identificáronse as técnicas de comunicación verbal e non verbal que se poden utilizar tendo en conta o contexto deportivo.

b) Elixíronse as técnicas de comunicación e a disposición espacial do material e do alumnado máis oportunas no intercambio de información.

c) Identificáronse diferentes formas de captar a información e de tomar unha decisión a partir desta.

d) Identificáronse as principais barreiras e interferencias que dificultan a comunicación.

e) Valorouse a importancia de contar con habilidades comunicativas e sociais nas relacións interpersoais.

f) Valorouse a importancia de utilizar unha linguaxe que respecte a equidade dos sexos.

g) Empregáronse técnicas e estratexias comunicativas na presentación das tarefas propostas, e logrouse unha maior participación e motivación nestas.

h) Valorouse a importancia de manter a motivación e a satisfacción de todas as persoas como elemento clave para a súa fidelización coa práctica deportiva e a prevención do abandono en etapas posteriores.

i) Demostrouse interese por valorar o proceso de aprendizaxe por riba do resultado obtido.

j) Valorouse a autonomía, a espontaneidade e a creatividade da xente nova deportista na iniciación deportiva.

3. Conduce o grupo aplicando dinámicas de grupo e estratexias para a resolución de conflitos previamente seleccionadas, en función das características do contexto.

a) Describíronse as características fundamentais do grupo na iniciación deportiva, atendendo nomeadamente a factores de relación social e de xénero.

b) Describíronse as principais fontes de conflito individual e de grupo na sesión.

c) Aplicáronse estratexias de recollida de información que permitan coñecer mellor o grupo.

d) Aplicáronse dinámicas de grupo baseadas na aprendizaxe cooperativa e no traballo en equipo.

e) Utilizáronse estratexias de resolución de conflitos no grupo, promovendo e transmitindo valores de respecto, sinceridade, empatía, compromiso e igualdade de xénero.

f) Valorouse a importancia dunha actitude tolerante e de empatía para conseguir a confianza do grupo.

g) Demostrouse interese por respectar os intereses das persoas, evitando os prexuízos e valorando os elementos diferenciadores individuais (emocións, sentimentos, personalidade, sexo, características morfolóxicas, orixe cultural, clase social, etc.).

h) Describíronse os aspectos dos contextos familiar e social que exercen unha influencia positiva ou negativa na iniciación deportiva dos rapaces e as rapazas.

i) Aplicáronse estratexias e técnicas axeitadas para corrixir actitudes negativas dos contextos familiar e social na iniciación deportiva.

j) Analizouse a importancia dos valores positivos da familia e do contexto social na práctica deportiva.

4. Transmite valores persoais e sociais aplicando as técnicas axeitadas, e reflexiona sobre as actitudes e os comportamentos propios.

a) Describíronse os valores persoais e sociais que se poden transmitir a través do deporte.

b) Valorouse a importancia de ser un modelo ético de referencia nos/nas deportistas durante a iniciación deportiva.

c) Reflexionouse sobre os propios prexuízos e estereotipos, incluídos os de xénero.

d) Demostrouse interese por educar eticamente e moralmente a través do deporte.

e) Identificáronse e describíronse estratexias de transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte.

f) Identificáronse estratexias de fomento da coeducación.

g) Valorouse a importancia do respecto polo xogo limpo, por si mesmo/a, polos demais e polo contorno durante a práctica deportiva.

h) Valorouse a importancia de defender e manter o carácter lúdico da práctica deportiva.

Contidos básicos:

1. Identifica as características motrices, psicolóxicas, afectivas e sociais das persoas en relación cos estadios madurativos da infancia.

• Desenvolvemento persoal dos rapaces e das rapazas na iniciación deportiva:

– Crecemento, maduración e desenvolvemento.

– Patróns motores básicos na infancia.

– Características motrices, psicolóxicas, afectivas e sociais dos rapaces e das rapazas.

• Técnicas elementais de recollida de información a partir da teoría do procesamento da información.

• Actividade físico-deportiva nos estadios madurativos da infancia.

• Iniciación deportiva.

• Diversidade e variabilidade de experiencias deportivas na iniciación e os seus efectos positivos sobre o desenvolvemento motor.

• Respecto polos estados madurativos e polas diferenzas interindividuais e intraindividuais.

2. Atende o/a deportista aplicando técnicas de comunicación e motivación, e describe estas técnicas.

• Motivacións e actitudes propias da infancia ante a práctica deportiva:

– Motivacións intrínsecas e extrínsecas.

– Teoría de metas de logro.

– Principais motivos de abandono na xente nova deportista. Trascendentalización competitiva.

– Estratexias para fomentar a participación, a motivación e a satisfacción como elementos clave para a fidelización deportiva, atendendo ás diferenzas de xénero.

– Valoración do proceso da aprendizaxe por riba do resultado deportivo.

– Valoración da actitude do alumnado (dos/das deportistas) por riba da súa aptitude.

• Proceso de comunicación: elementos, tipos e dificultades.

– Técnicas de comunicación verbal e non verbal.

– Valoración comunicativa do contexto: elementos facilitadores e obstáculos e inhibidores no proceso de comunicación.

– Disposición do espazo e o alumnado para a mellora da comunicación na sesión deportiva.

– Información inicial e retroalimentación na sesión deportiva.

– Habilidades comunicativas, persoais e sociais nas relacións interpersoais.

– Uso non sexista da linguaxe.

3. Conduce o grupo aplicando dinámicas de grupo e estratexias para a resolución de conflitos previamente seleccionadas, en función das características do contexto.

• Fontes de conflito no grupo deportivo:

– Falta de confianza mutua.

– Competitividade e liderado.

– Discriminación: por razóns de xénero e de capacidade; actitudes xenófobas.

– Diverxencia de intereses individuais en rapaces e en rapazas.

• Dinámica de grupos na iniciación deportiva e a súa importancia: condución de dinámicas orientadas á valoración sociolóxica do grupo.

– Dinámicas de presentación e coñecemento do grupo.

– Técnicas sociométricas.

• Condución de dinámicas de grupo orientadas ao traballo cooperativo e a resolución de conflitos:

– Dinámicas de autocoñecemento para a afirmación persoal e a autoconfianza.

– Dinámicas socioafectivas para crear confianza mutua.

– Dinámicas de traballo en equipo: de responsabilidade grupal, de toma de decisións por consenso e de eficiencia no traballo en grupo.

– Dinámicas de resolución de conflitos en pequenos grupos, para a identificación e a solución do problema.

• Modelos de intervención do persoal técnico nos grupos de iniciación deportiva: autoritario, permisivo e democrático.

• Actitudes e influencia do contexto familiar na iniciación deportiva:

– Contextos familiares que exercen unha influencia positiva na iniciación deportiva dos rapaces e das rapazas.

– Condutas e actitudes negativas máis frecuentes protagonizadas por familiares na iniciación deportiva:

– Excesiva presión competitiva sobre os/as fillos/as.

– Comportamentos e actitudes agresivas e violentas.

– Interferencias co persoal técnico deportivo.

• Estratexias de intervención no ámbito familiar durante a iniciación deportiva. Entrevista coas persoas responsables legais do/da deportista.

4. Transmite valores persoais e sociais aplicando as técnicas axeitadas, e reflexiona sobre as actitudes e os comportamentos propios.

• Deporte como transmisor de valores persoais e sociais positivos e negativos:

– Responsabilidade do persoal técnico deportivo na transmisión de valores éticos no deporte e na evitación dos contravalores.

– Superación da idea de bondade natural do deporte canto á transmisión de valores éticos.

– Condutas inmorais máis frecuentes na práctica deportiva.

– Xogo limpo e deportividade (condutas éticas na práctica deportiva).

– Técnicas e estratexias para o desenvolvemento de valores no deporte: reflexión, establecemento de normas consensuadas, desenvolvemento do xuízo moral, autocontrol da conduta, análise, desenvolvemento da empatía e comprensión crítica de temas eticamente salientables e encontros de grupo.

– Autoavaliación e reflexión dos propios prexuízos e estereotipos persoais, incluídos os de xénero.

Módulo común de ensino deportivo: Primeiros auxilios

Código: MED-C102

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Realiza unha valoración inicial aplicando técnicas de valoración segundo protocolos establecidos, en relación cos principios de anatomía e fisioloxía.

a) Identificáronse e tomáronse as constantes vitais.

b) Identificáronse e describíronse os protocolos de valoración que cumpra seguir en cada caso.

c) Identificáronse e describíronse as lesións óseas e articulares, así como os síntomas e os mecanismos de produción.

d) Identificáronse e describíronse as lesións musculares e tendinosas, así como os síntomas e os mecanismos de produción.

e) Identificáronse e describíronse os diferentes tipos de traumatismos.

f) Describíronse as bases anatomofisiolóxicas dos primeiros auxilios.

g) Identificáronse e describíronse as lesións provocadas por outros axentes externos (frío, calor, axentes químicos e biolóxicos, etc.), así como os síntomas e os mecanismos de produción.

h) Utilizouse a terminoloxía médico-sanitaria elemental relacionada cos primeiros auxilios.

i) Identificouse a secuencia de actuación segundo o protocolo establecido polo Comité de Coordinación Internacional sobre a Resucitación (ILCOR).

2. Aplica as técnicas de primeiros auxilios tendo en conta a relación entre o tipo de lesión e o protocolo establecido en cada caso.

a) Aplicáronse técnicas de primeiros auxilios adecuadas a cada tipo de lesión.

b) Identificáronse e describíronse os protocolos de primeiros auxilios e inmobilización que cumpra seguir segundo a lesión.

c) Identificáronse os medios materiais de aplicación de primeiros auxilios (caixa de primeiros auxilios, etc.).

d) Describíronse as repercusións dunha incorrecta aplicación das técnicas de primeiros auxilios e do traslado da persoa accidentada.

e) Aplicáronse técnicas de inmobilización para o traslado da persoa accidentada.

3. Aplica técnicas de soporte vital, identifica a súa instrumentación e describe as súas fases segundo o protocolo básico establecido.

a) Detallouse a instrumentación básica para o soporte vital e recoñecéronse as súas partes e os seus mecanismos de funcionamento.

b) Describíronse os fundamentos de resucitación cardiopulmonar básica.

c) Aplicáronse técnicas de apertura das vías aéreas.

d) Aplicáronse técnicas de soporte ventilatorio.

e) Aplicáronse técnicas de soporte circulatorio.

f) Realizouse desfibrilación externa semiautomática (DESA).

g) Aplicáronse medidas de posreanimación.

h) Recoñecéronse as situacións en que se desaconsella a intervención e posterior evacuación, e detalláronse as súas características.

i) Valorouse a importancia de aplicar con precisión os protocolos establecidos.

4. Aplica técnicas de autocontrol e de apoio psicolóxico á persoa accidentada e ás acompañantes, aplicando as estratexias de comunicación máis axeitadas, e describe estas estratexias.

a) Describíronse e aplicáronse técnicas básicas de apoio psicolóxico.

b) Describíronse e aplicáronse técnicas básicas de autocontrol.

c) Aplicáronse estratexias básicas de comunicación en situacións de prestación de primeiros auxilios.

d) Describíronse os posibles estados emocionais das persoas accidentadas.

e) Valorouse a importancia de autocontrolarse ante situacións de estrés.

f) Describíronse os factores que predispoñen á ansiedade en situacións de accidente ou emerxencia.

g) Describíronse e aplicáronse técnicas que hai que empregar para controlar situacións de tensión ambiental.

5. Aplica técnicas para o control do contorno en relación cos protocolos establecidos e coa organización do sistema de emerxencias.

a) Determináronse as técnicas que se poden utilizar cando o contorno xera determinados niveis de risco.

b) Describíronse os protocolos de actuación oportunos para establecer un contorno seguro e emocionalmente estable.

c) Determináronse as distintas técnicas que cumpra utilizar en relación co risco do contorno.

d) Aplicáronse normas e protocolos de seguridade e de autoprotección persoal.

e) Definíronse os conceptos de urxencia, emerxencia e catástrofe.

f) Describiuse a organización dos sistemas de emerxencia.

Contidos básicos:

1. Realiza unha valoración inicial aplicando técnicas de valoración segundo protocolos establecidos, en relación cos principios de anatomía e fisioloxía.

• Signos e síntomas de urxencia.

• Valoración do nivel de consciencia.

• Toma de constantes vitais.

• Protocolos de exploración elementais.

• Terminoloxía médico-sanitaria en primeiros auxilios.

• Protocolo de transmisión da información.

• Signos de compromiso vital en persoas adultas, nenos/as e lactantes.

• Métodos e materiais de protección da zona.

• Bases anatomofisiolóxicas relacionadas cos primeiros auxilios (ósos, articulacións e músculos): concepto, características, clasificación e localización a nivel básico ou elemental.

• Atención básica en lesións por traumatismos e por axentes físicos, químicos e biolóxicos.

• Atención básica ante patoloxía orgánica de urxencia.

2. Aplica as técnicas de primeiros auxilios tendo en conta a relación entre o tipo de lesión e o protocolo establecido en cada caso.

• Caixa de primeiros auxilios.

• Aplicación dos primeiros auxilios.

• Seguridade na aplicación das técnicas utilizadas.

• Aplicación de procedementos de inmobilización e mobilización.

3. Aplica técnicas de soporte vital, identifica a súa instrumentación e describe as súas fases segundo o protocolo básico establecido.

• Control da permeabilidade das vías aéreas.

• Resucitación cardiopulmonar básica.

• Desfibrilación externa semiautomática (DESA).

• Valoración básica da persoa accidentada.

• Atención inicial en lesións por axentes físicos (traumatismos, calor ou frío, electricidade e radiacións).

• Atención inicial en lesións por axentes químicos e biolóxicos.

• Atención inicial en patoloxía orgánica de urxencia.

• Actuación limitada no marco das súas competencias.

4. Aplica técnicas de autocontrol e de apoio psicolóxico á persoa accidentada e ás acompañantes, aplicando as estratexias de comunicación máis axeitadas, e describe estas estratexias.

• Apoio psicolóxico a pacientes.

• Primeiros auxilios psicolóxicos. Comportamento da poboación ante unha catástrofe.

• Estratexias básicas de comunicación.

• Valoración do papel do/da primeiro/a interveniente.

• Técnicas facilitadoras da comunicación interpersoal.

• Factores que predispoñen á ansiedade en situacións de accidente ou emerxencia.

5. Aplica técnicas para o control do contorno en relación cos protocolos establecidos e coa organización do sistema de emerxencias.

• Sistemas de emerxencias.

• Obxectivos e límites dos primeiros auxilios.

• Marco legal, responsabilidade e ética profesional.

• Normas e protocolos de seguridade e de autoprotección persoal.

• Técnicas de primeiros auxilios en relación ao risco do contorno.

• Protocolos de alerta.

Módulo común de ensino deportivo: Actividade física adaptada e discapacidade

Código: MED-C103

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica as principais discapacidades en relación coa práctica deportiva, e describe as súas características básicas.

a) Describíronse as principais causas da discapacidade física, intelectual e sensorial.

b) Determináronse os beneficios que xera a práctica de actividades físicas adaptadas nas persoas con discapacidade.

c) Recoñecéronse as limitacións na práctica e as condicionantes fundamentais segundo o tipo de discapacidade.

d) Valorouse a vivencia persoal do que supón a discapacidade en situacións simuladas, usando contornos restritivos a nivel perceptivo, decisional e motor.

e) Describíronse as posibilidades das axudas técnicas básicas segundo a discapacidade.

f) Aplicáronse procedementos básicos de identificación e recoñecemento da discapacidade mediante a observación das características morfolóxicas e funcionais do/da deportista.

g) Valorouse a importancia do recoñecemento das capacidades do/da deportista, máis alá das limitacións que poida presentar pola súa discapacidade.

h) Identificáronse os principais programas de iniciación deportiva dirixidos ás persoas con discapacidade.

2. Informa as persoas con discapacidade sobre as prácticas deportivas, describindo as técnicas de comunicación específicas e identificando as limitacións que se poden presentar na iniciación a estas.

a) Describiuse a terminoloxía máis actual en relación ás persoas con discapacidade.

b) Aplicáronse técnicas de recollida de información acerca dos intereses, as capacidades, as experiencias previas e as motivacións das persoas con discapacidade cara á práctica deportiva.

c) Demostrouse interese por non prexulgar as persoas, respectando os seus elementos únicos e diferenciadores (emocións, sentimentos e personalidade).

d) Determináronse e aplicáronse criterios de adaptación das técnicas de comunicación para as principais discapacidades.

e) Describíronse as principais posibilidades de práctica e deportes adaptados segundo o tipo de discapacidade.

f) Valorouse a importancia da participación activa das persoas con discapacidade en contextos deportivos normalizados.

Contidos básicos:

1. Identifica as principais discapacidades en relación coa práctica deportiva, e describe as súas características básicas.

• Características básicas das principais discapacidades físicas, sensoriais e psíquicas.

• Recoñecemento da discapacidade mediante procedementos básicos de observación das características morfolóxicas e funcionais do/da deportista.

• Valoración das posibilidades individuais, máis alá das limitacións que se presenten segundo a discapacidade.

• Condicionantes derivados dun tipo de discapacidade para a práctica físico-deportiva.

• Recoñecemento e uso fundamental do material deportivo específico e as axudas técnicas básicas.

• Beneficios da práctica deportiva para persoas con discapacidade.

• Programas de iniciación e difusión da práctica deportiva para persoas con discapacidade.

• Vivencia persoal en situacións de práctica restritivas simulando a discapacidade.

2. Informa as persoas con discapacidade sobre as prácticas deportivas, describindo as técnicas de comunicación específicas e identificando as limitacións que se poden presentar na iniciación a estas.

• Toma de conciencia dos sentimentos e actitudes cara ás persoas con discapacidade.

• Terminoloxía básica en relación á saúde e á discapacidade.

• Aplicación de técnicas básicas de recollida de información en relación ás características de deportistas con discapacidade.

• Recoñecemento e aplicación de técnicas de comunicación concretas segundo a discapacidade.

• Métodos de comunicación alternativos respecto das persoas con discapacidade.

• Aplicación de exemplos de inclusión deportiva de persoas con discapacidade en contornos normalizados.

• Principais deportes adaptados.

• Importancia da práctica deportiva para a autonomía persoal e integración social de persoas con discapacidade.

• Identificación dos propios prexuízos previos á práctica respecto de persoas con discapacidade.

Módulo común de ensino deportivo: Organización deportiva

Código: MED-C104

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica a organización deportiva local e autonómica en relación coa estrutura administrativa e as súas competencias básicas.

a) Describíronse as formas de organización a nivel local e autonómico en referencia ao ámbito deportivo.

b) Describíronse as principais competencias e programas das organizacións deportivas locais e autonómicas.

c) Utilizáronse as fontes de información dispoñibles que fan referencia á normativa xurídica deportiva.

d) Utilizouse unha terminoloxía básica adecuada ás estruturas das organizacións deportivas locais e autonómicas, así como da normativa deportiva.

2. Concreta a estrutura do asociacionismo deportivo identificando os seus elementos e a súa organización.

a) Describíronse as competencias, as funcións e as formas de organización das federacións deportivas autonómicas.

b) Describíronse as formas de asociacionismo deportivo a nivel local e autonómico.

c) Identificáronse as características do asociacionismo deportivo.

d) Describíronse as vías de apoio ao asociacionismo deportivo por parte da Administración local e autonómica.

e) Cubriuse a documentación básica para a procura de apoios ao asociacionismo deportivo e describíronse os procedementos que esa documentación debe seguir.

f) Valorouse a importancia do apoio institucional ao desenvolvemento do asociacionismo deportivo, e a potenciación do asociacionismo feminino como medio de promoción da práctica da actividade físico-deportiva nas mulleres.

Contidos básicos:

1. Identifica a organización deportiva local e autonómica en relación coa estrutura administrativa e as súas competencias básicas.

• Lexislación básica do Estado e da comunidade autónoma:

– Marco competencial do deporte no ámbito local e autonómico.

– Interpretación da lexislación deportiva básica: obxectivo e rango da norma.

• Estrutura administrativa e organizativa do deporte:

– Estrutura autonómica do deporte.

– Identificación das características esenciais das diferentes estruturas deportivas no ámbito local de servizos e padroados municipais, sociedades públicas, organismos de deputacións, clubs, asociacións, etc.

– Aceptación da organización deportiva autonómica e local.

• Fontes de información en normativa xurídica deportiva:

– Terminoloxía básica en normativa deportiva.

– Publicacións oficiais que reflicten a normativa xurídica deportiva.

2. Concreta a estrutura do asociacionismo deportivo identificando os seus elementos e a súa organización.

• Federacións deportivas autonómicas: competencias, funcións e estrutura organizativa.

• Tipos de clubs e asociacións deportivas: a súa importancia no asociacionismo deportivo.

• Asociacionismo deportivo feminino. Presenza das mulleres na organización deportiva.

• Vías de apoio ao asociacionismo deportivo. Administración local e autonómica: tipos e formas de axuda.

• Procedementos para a xestión de apoios ao asociacionismo deportivo:

– Na Administración local.

– Na Administración autonómica.

Módulo específico de ensino deportivo: Instalacións acuáticas e materiais

Código: MED-SSSS102

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica as características das instalacións acuáticas, interpretando a normativa relacionada, e describe os posibles perigos e riscos para as persoas usuarias e a responsabilidade civil e penal derivada das súas actuacións.

a) Describíronse as características das instalacións acuáticas en relación coa seguridade dos/das socorristas e das persoas usuarias, así como a súa mobilidade.

b) Identificáronse os riscos para as persoas usuarias nunha instalación acuática, así como as súas causas.

c) Describiuse o protocolo de supervisión dos riscos e das zonas de perigo dunha instalación acuática, identificando os elementos de revisión, a orde de supervisión e a súa periodicidade.

d) Describiuse o tipo de acondicionamento, mantemento e periodicidade que precise a instalación acuática.

e) Describiuse a normativa sobre instalacións acuáticas relacionada coa súa autorización para o baño público e as adaptacións necesarias para o acceso de persoas con discapacidade.

f) Identificouse a responsabilidade civil e penal derivada das súas actuacións nas instalacións acuáticas.

g) Demostrouse rigor e meticulosidade na aplicación das medidas de seguridade necesarias para os/as socorristas e as persoas usuarias.

h) Amosouse unha actitude responsable ante a aplicación da normativa en instalacións acuáticas e o desenvolvemento das súas funcións.

2. Selecciona o material de salvamento e socorrismo, e identifica o material necesario para a iniciación ao ambiente acuático e a iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo, describe as súas características e aplica os procedementos para o seu mantemento.

a) Describíronse as características dos materiais de salvamento de alcance, de contacto e de apoio á extracción e evacuación da persoa accidentada.

b) Describíronse as actuacións de mantemento dos materiais de salvamento de alcance, de contacto e de apoio á extracción e evacuación da persoa accidentada.

c) Executáronse as accións de aclarado e colocación dos materiais de salvamento de alcance, de contacto e de apoio á extracción e evacuación da persoa accidentada.

d) Describíronse as características do material auxiliar utilizado na iniciación ao ambiente acuático e na iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

e) Describíronse as actuacións de mantemento do material auxiliar utilizado na iniciación ao ambiente acuático e na iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

f) Executáronse as accións de aclarado e colocación do material auxiliar utilizado na iniciación ao ambiente acuático e na iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

g) Demostrouse a realización de chamadas de socorro, urxencia e seguridade utilizando os medios de comunicación dunha instalación acuática.

h) Preparáronse os medios de comunicación necesarios no desenvolvemento dunha actividade nunha instalación acuática:

• Seleccionáronse os medios de comunicación que se vaian empregar na actividade.

• Comprobouse e verificouse a operatividade dos medios de comunicación.

• Preparáronse os medios de comunicación tendo en conta o seu transporte.

• Illáronse eficazmente os medios de comunicación dos factores ambientais que os poidan deteriorar.

i) Amosouse unha actitude responsable cara ao uso e o mantemento do material auxiliar de iniciación ao ambiente acuático e iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

j) Amosouse unha actitude responsable cara ao uso e o mantemento do material de comunicación.

3. Selecciona a información que unha instalación acuática lle debe dar ás persoas usuarias e aos/ás socorristas, e describe as normas de seguridade e de comportamento de persoas usuarias e socorristas, aplicando as técnicas de comunicación específicas.

a) Identificáronse as normas da instalación acuática de xeito claro e preciso consonte á normativa correspondente.

b) Elaborouse e expúxose un cartel informativo coas normas da instalación acuática utilizando unha linguaxe clara e sinxela na transmisión de mensaxes.

c) Elaboráronse mensaxes claras sobre as normas de uso da instalación acuática para emitir por megafonía, informando as persoas usuarias, para garantir un clima axeitado de convivencia e seguridade.

d) Explicáronse e valoráronse as condicións de utilización dunha instalación acuática e o seu impacto ambiental a través dun consumo racionado da auga e a enerxía.

e) Describíronse as prácticas máis usuais da clientela dunha instalación acuática e a súa influencia como impacto ambiental.

f) Describíronse e valoráronse as accións individuais e/ou colectivas de sensibilización no respecto polo ambiente e a redución do impacto ambiental.

g) Interiorizouse unha boa actitude e o comportamento ante o uso da instalación acuática e o seu contorno.

h) Valorouse a importancia da transmisión das normas como medio para previr e garantir a seguridade das persoas usuarias nun clima de respecto e convivencia axeitado.

Contidos básicos:

1. Identifica as características das instalacións acuáticas, interpretando a normativa relacionada, e describe os posibles perigos e riscos para as persoas usuarias e a responsabilidade civil e penal derivada das súas actuacións.

• Instalacións acuáticas:

– Tipos e características.

– Lugar de traballo: características.

– Factores de risco nas instalacións acuáticas.

– Protocolo de supervisión dos riscos dunha instalación acuática: elementos de revisión; orde secuencial; acondicionamento, mantemento e periodicidade.

• Normativa e condicións hixiénicas sanitarias nas instalacións acuáticas.

• Aspectos ético-legais do socorrismo acuático.

• Responsabilidade civil e penal do/da socorrista e do persoal técnico deportivo.

• Rigor na aplicación das normas e as medidas de seguridade nas instalacións acuáticas.

2. Selecciona o material de salvamento e socorrismo, e identifica o material necesario para a iniciación ao ambiente acuático e a iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo, describe as súas características e aplica os procedementos para o seu mantemento.

• Material auxiliar para iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo: características, utilización, mantemento, almacenamento e control.

• Sistemas de comunicación nas instalacións acuáticas: sinais acústicos mediante asubío, e sinais visuais con material de salvamento e sen material.

• Equipamentos de comunicación en instalacións acuáticas: preparación, medidas de protección durante o seu uso, utilización, almacenamento e transporte.

• Toma de conciencia da importancia do mantemento do material e dos equipamentos de comunicación.

3. Selecciona a información que unha instalación acuática lle debe dar ás persoas usuarias e aos/ás socorristas, e describe as normas de seguridade e de comportamento de persoas usuarias e socorristas, aplicando as técnicas de comunicación específicas.

• A persoa usuaria nas instalacións acuáticas: comportamentos e actitudes.

• Impacto ambiental: problemas e solucións.

• Normativa de funcionamento nas instalacións acuáticas: contidos, características, elaboración e exposición (carteis, dípticos, etc.).

• Transmisión da mensaxe nas instalacións acuáticas: megafonía.

• Importancia do respecto polas normas nas instalacións acuáticas.

Módulo específico de ensino deportivo: Metodoloxía do salvamento e socorrismo

Código: MED-SSSS103

Resultados da aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Valora a execución da técnica na iniciación ao ambiente acuático e na iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo, para o que identifica as características da súa aprendizaxe e explica os aspectos claves das habilidades básicas acuáticas e das técnicas específicas, os erros máis frecuentes na súa execución e os criterios de seguridade para ter en conta.

a) Enumeráronse os obxectivos técnicos para alcanzar na iniciación ao ambiente acuático e na iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo, explicando a execución das diferentes habilidades básicas acuáticas (flotacións, equilibrios, xiros, saltos, propulsións, respiración, saltos, lanzamentos e recepcións) e as técnicas específicas na etapa de iniciación (desprazamentos básicos adaptados, entradas, remolques, mergullo e carreira).

b) Identificáronse os aspectos fundamentais para considerar na aprendizaxe das habilidades básicas acuáticas en iniciación ao ambiente acuático e as técnicas específicas ao salvamento e socorrismo, utilizando un vocabulario técnico que requira o seu nivel.

c) Identificáronse as diferenzas entre a execución técnica do modelo ideal e a execución durante a etapa de iniciación nas técnicas de salvamento e socorrismo.

d) Describiuse, sobre un suposto práctico de execución técnica propia da iniciación deportiva, a información que debe recibir o/a socorrista sobre a valoración técnica inicial, os erros de execución cometidos e o grao de consecución dos obxectivos da iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo.

e) Describíronse os erros que se poden presentar no desenvolvemento de exercicios de iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo así como a forma de previlos.

f) Interiorizouse a necesidade de transmitir a información sobre os erros de execución, aos/ás socorristas e ás persoas usuarias, de xeito eficaz e discreto, reforzando a súa autovaloración positiva.

g) Comprendeuse a importancia de velar pola seguridade dos/das socorristas que desenvolven a actividade.

2. Concreta a programación de iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo, identificando as súas características e adaptando secuencias de aprendizaxe.

a) Identificáronse os obxectivos, os medios, os contidos de aprendizaxe, as actividades secuenciadas e os instrumentos de avaliación a partir dunha programación xeral de referencia de iniciación ao ambiente acuático.

b) Describíronse os criterios de adaptación de secuencias de aprendizaxe e contidos de aprendizaxe das habilidades básicas acuáticas ás condicións da iniciación ao ambiente acuático.

c) Identificáronse os obxectivos, os medios, os contidos de aprendizaxe, as actividades secuenciadas e os instrumentos de avaliación a partir dunha programación xeral de referencia de iniciación ao salvamento e socorrismo.

d) Describíronse os criterios de adaptación de secuencias de aprendizaxe e contidos de aprendizaxe das técnicas deportivas específicas ás condicións da iniciación ao salvamento e socorrismo.

e) Describíronse os recursos didácticos que se poden utilizar durante a iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo (demostracións, axudas visuais, soportes multimedia e axudas manuais).

f) Describíronse secuencias de aprendizaxe das habilidades acuáticas e das técnicas deportivas específicas de iniciación ao salvamento e socorrismo, e indicáronse as medidas de seguridade.

g) Concretáronse as sesións de aprendizaxe secuenciadas consonte ás directrices da programación de referencia e adaptadas ás características do grupo, e explicitáronse de xeito detallado: os obxectivos da sesión; a metodoloxía; a estrutura da sesión (quecemento, núcleo e volta á calma); a selección e distribución de exercicios, actividades, execución de técnicas e secuencias de movementos; a carga de traballo; os aspectos de risco; e os procedementos de control e valoración do rendemento e do grao de satisfacción do/da alumno/a, e do rendemento da actuación do propio persoal técnico.

h) Valorouse a importancia de introducir no proceso de ensino e aprendizaxe a adquisición de valores.

i) Interiorizáronse as habilidades de cooperación e traballo en equipo.

3. Dirixe os/as socorristas en sesións de iniciación ao ambiente acuático e de iniciación ao salvamento e socorrismo demostrando habilidades básicas acuáticas e as técnicas específicas, utilizando material auxiliar e aplicando procedementos de control, organización e dinamización en condicións de seguridade.

a) Describíronse e aplicáronse as formas de organización e os procedementos de control do grupo no desenvolvemento das sesións de iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo.

b) Describíronse os criterios de eficacia no comportamento e a situación do persoal técnico durante as sesións de iniciación de maneira que permita o seguinte:

• Comprensión das súas indicacións.

• Visualización constantemente dos/das socorristas velando pola súa seguridade, anticipándose ás posibles continxencias e prestando especial atención aos síntomas de fatiga que poidan presentarse durante a execución práctica, intervindo en caso de necesidade.

• Máxima eficiencia nas súas intervencións.

• Captación do interese cara á actividade.

c) Seleccionáronse os aspectos das habilidades básicas acuáticas en iniciación ao ambiente acuático sobre os que incidir durante a súa demostración.

d) Demostráronse, con seguridade e eficacia, as seguintes técnicas específicas de iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo, con e sen material auxiliar:

• Saltos e entradas á auga, e desprazamento posterior.

• Xiros nos tres eixes con material auxiliar.

• Lanzamento e recepción da corda.

• Técnicas de percorrido subacuático.

• Técnicas de remolque de manequín.

• Técnicas de desprazamento na táboa.

• Técnica de carreira.

e) Seleccionáronse os aspectos das técnicas específicas de iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo sobre os que incidir durante a súa demostración.

f) Xustificouse a importancia da demostración das tarefas por parte do persoal técnico como factor de motivación e seguridade nas actividades de iniciación ao salvamento e socorrismo.

g) Identificáronse as posibles respostas ante as continxencias que se poidan presentar durante o desenvolvemento da sesión.

h) Valorouse a importancia do respecto polas demais persoas e do cumprimento do regulamento e das normas de seguridade durante a realización de actividades de iniciación ao ambiente acuático e de iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

i) Argumentouse a importancia dunha atención constante e dunha intervención rápida e eficiente sobre as incidencias que poidan acontecer nas actividades de aprendizaxe na iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo, tomando conciencia desta.

Contidos básicos:

1. Valora a execución da técnica na iniciación ao ambiente acuático e na iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo, para o que identifica as características da súa aprendizaxe e explica os aspectos claves das habilidades básicas acuáticas e das técnicas específicas, os erros máis frecuentes na súa execución e os criterios de seguridade para ter en conta.

• Iniciación ao ambiente acuático:

– Obxectivos en relación coas habilidades básicas acuáticas: flotacións, equilibrios, xiros, saltos, lanzamentos e recepcións. Modelo ideal e erros máis frecuentes.

– Aspectos básicos da aprendizaxe das habilidades básicas acuáticas.

• Iniciación ao salvamento e socorrismo:

– Obxectivos en relación con desprazamentos básicos adaptados, entradas á auga, remolques, lanzamentos, mergullo e carreira. Modelo ideal e erros máis frecuentes.

– Aspectos básicos da aprendizaxe das técnicas básicas de iniciación ao salvamento e socorrismo.

• Retroalimentación como medio de información positiva para a corrección dos erros:

– Información sobre a valoración inicial do nivel técnico do/da socorrista.

– Información sobre o grao de consecución dos obxectivos.

– Información sobre a execución técnica, erros e corrección.

– Información sobre o incumprimento de normas aos/ás socorristas e ás persoas usuarias.

2. Concreta a programación de iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo, identificando as súas características e adaptando secuencias de aprendizaxe.

• Programación: estrutura e elementos que a conforman (obxectivos, contidos, criterios de avaliación, etc.).

• Sesión: definición e estrutura.

• Obxectivos, contidos e secuencias de aprendizaxe, actividades e instrumentos de avaliación nas habilidades acuáticas.

• Obxectivos, contidos e secuencias de aprendizaxe, actividades e instrumentos de avaliación das técnicas deportivas específicas en iniciación ao salvamento e socorrismo.

• Risco no ambiente acuático: percepción do risco e medidas de seguridade.

• Metodoloxía no proceso de ensino da iniciación ao salvamento e socorrismo: adaptación da programación aos/ás socorristas.

• Recursos didácticos no proceso de ensino e aprendizaxe.

• Adquisición de confianza na aprendizaxe de técnicas específicas de iniciación ao salvamento e socorrismo.

• Adquisición de valores no proceso de ensino da iniciación ao salvamento e socorrismo.

• Traballo en equipo na adaptación da programación e as actividades.

3. Dirixe aos/ás socorristas en sesións de iniciación ao ambiente acuático e de iniciación ao salvamento e socorrismo demostrando a execución das habilidades básicas de iniciación ao ambiente acuático e das técnicas específicas, utilizando material auxiliar e aplicando procedementos de control, organización e dinamización, en condicións de seguridade.

• Organización do grupo e situación do persoal técnico na sesión.

• Dirección e control da sesión: erros máis comúns.

• Demostración técnica. Técnica na iniciación deportiva ao salvamento. Demostración técnica como elemento motivador.

• Medidas de seguridade e o seu cumprimento durante o desenvolvemento da sesión: prevención e atención.

• Transmisión de valores e respecto polas demais persoas.

Módulo específico de ensino deportivo: Organización de eventos de iniciación en salvamento e socorrismo

Código: MED-SSSS104

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Participa no desenvolvemento das actividades propias da iniciación ao salvamento e socorrismo (competicións, eventos e actividades), analizando as características organizativas e os recursos humanos e materiais necesarios.

a) Describíronse as características básicas da organización (normativa e regulamentos federativos aplicables, obxectivos e fases de desenvolvemento) de diferentes tipos de eventos e competicións propios da iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

b) Identificáronse os medios materiais, as instalacións e os equipamentos necesarios na organización de actividades, eventos ou competicións de iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

c) Describíronse as características dos medios humanos e as funcións que deben realizar na organización e na dinamización de actividades, eventos ou competicións de iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

d) Seleccionáronse os obxectivos, nun suposto práctico de actividade de iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo, segundo os intereses e as necesidades dos/das deportistas, motivando e incentivando a súa participación.

e) Describíronse as características da distribución, a situación e a circulación de participantes e público en xeral nunha competición de iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

f) Aplicáronse os procedementos de elaboración de horarios e a orde de participación dos/das deportistas nunha competición de iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

g) Aplicáronse as técnicas e os procedementos de elaboración e distribución dos resultados nunha competición de iniciación ao salvamento e socorrismo.

h) Describíronse as características e aplicouse o protocolo básico na cerimonia de entrega de trofeos nunha competición de iniciación ao salvamento e socorrismo.

i) Demostrouse comprensión e a aceptación dos valores do consenso e do respecto polas normas democraticamente acordadas.

j) Demostrouse tolerancia aos cambios organizativos xurdidos como consecuencia de continxencias e imprevistos na organización dun evento de salvamento e socorrismo.

2. Prevé a seguridade das actividades de iniciación ao salvamento e socorrismo, analizando a normativa de referencia e aplicando os protocolos establecidos para este tipo de eventos e actividades.

a) Describíronse as características dun plan de seguridade en actividades, eventos ou competicións de iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

b) Enumeráronse os medios materiais e humanos necesarios na realización das accións de protección e seguridade, rescate, axuda e intervención, de ser o caso, en actividades e eventos de iniciación ao salvamento e socorrismo.

c) Describiuse a normativa básica do evento e os protocolos relativos á comunicación, a actuación e a seguridade durante actividades, eventos ou competicións de iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

d) Identificáronse as medidas de protección e seguridade persoal en función da normativa vixente durante a realización de actividades, eventos ou competicións de iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

e) Interpretáronse as instrucións e o regulamento de uso da indumentaria e do material de seguridade, en competicións de salvamento e socorrismo.

f) Demostrouse rigor na aplicación das normas e os protocolos de seguridade.

3. Colabora na preparación da competición ou do evento, identificando os requisitos da actividade e describindo as características do regulamento e os procesos de inscrición.

a) Describíronse as características do regulamento de competición en actividades de iniciación ao salvamento e socorrismo.

b) Describíronse os tipos de permisos necesarios para realizar actividades de iniciación ao salvamento e socorrismo, así como o procedemento de solicitude e a entidade responsable de emitilos.

c) Identificouse a autoridade competente que permite a realización de actividades, competicións ou eventos propios da iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

d) Describíronse os prazos de entrega e recollida, así como as características da documentación que o/a socorrista debe presentar para a participación en actividades, competicións ou eventos propios da iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

e) Describíronse os criterios de revisión e de identificación da confidencialidade da documentación de inscrición en actividades, competicións ou eventos propios da iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

f) Describiuse a información que se lles debe facilitar a pais, nais, persoas que exerzan a titoría e deportistas na súa participación en actividades, competicións ou eventos propios da iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

g) Describíronse os procedementos de autorización que deben cumprir os pais, as nais ou as persoas que exerzan a titoría dos rapaces e as rapazas que participan en actividades, competicións ou eventos propios da iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

h) Amosouse unha actitude crítica ante a práctica mal entendida da competición e favorable ao xogo limpo.

Contidos básicos:

1. Participa no desenvolvemento das actividades propias da iniciación ao salvamento e socorrismo (competicións, eventos e actividades), analizando as características organizativas e os recursos humanos e materiais necesarios.

• Organización, dirección e dinamización de competicións e eventos en salvamento e socorrismo:

– Obxectivos de actividades e eventos en salvamento e socorrismo.

– Tipos de actividades e eventos en salvamento e socorrismo.

– Dinamización e motivación de actividades e eventos.

– Regulamento federativo.

– Cronoloxía deportiva: elaboración e distribución de horarios, orde de participación e resultados deportivos.

– Protocolo e cerimonial deportivo: descrición e aplicación na entrega de trofeos.

• Identificación dos recursos humanos, as instalacións e os materiais necesarios na organización de eventos de salvamento e socorrismo: distribución e situación de persoas usuarias, socorristas e recursos materiais.

• Actitude tolerante, valoración e respecto polas normas.

2. Prevé a seguridade das actividades de iniciación ao salvamento e socorrismo, analizando a normativa de referencia e aplicando os protocolos establecidos para este tipo de eventos e actividades.

• Seguridade nas actividades de iniciación ao salvamento e socorrismo:

– Plan de seguridade en actividades deportivas de salvamento e socorrismo.

– Recursos humanos e materiais necesarios.

– Protocolos de comunicación, actuación e seguridade (asistencia e evacuación) en actividades de iniciación ao salvamento e socorrismo.

– Rigor na aplicación das normas e os protocolos de seguridade.

– Necesidade de facer respectar as normas de seguridade.

• Funcións preventivas do persoal técnico na realización de actividades de iniciación ao salvamento e socorrismo:

– Identificación das medidas de protección e seguridade persoal.

– Interpretación do regulamento en relación coa indumentaria e co material de seguridade.

3. Colabora na preparación da competición ou do evento, identificando os requisitos da actividade e describindo as características do regulamento e os procesos de inscrición.

• Análise do regulamento de competición en campionatos de iniciación ao salvamento e socorrismo.

• Organización de eventos de salvamento e socorrismo:

– Tramitación administrativa: autorización, permisos, solicitudes, prazos, etc.

– Documentación: licenza deportiva, inscricións, autorizacións a menores de idade, certificados médicos, confidencialidade de datos, etc.

• Información de eventos a pais/nais e persoas usuarias.

• Actitude favorecedora do xogo limpo.

Módulo específico de ensino deportivo: Seguridade e intervención en instalacións acuáticas

Código: MED-SSSS105

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Controla e vixía a instalación acuática, aplicando protocolos específicos e executando técnicas específicas de vixilancia, control e intervención fóra do ambiente acuático, e describe eses protocolos.

a) Describíronse os principios xerais do salvamento acuático.

b) Describíronse as características das vías de evacuación da persoa accidentada nunha instalación acuática.

c) Describíronse os protocolos de vixilancia ante un suposto de instalación, persoas usuarias, e medios materiais e humanos en relación coas áreas de vixilancia, coa situación dos postos de vixilancia, coa dotación dos postos, coa rotación dos/das socorristas, cos percorridos (duración e periodicidade) dos/das socorristas e co material utilizado no percorrido.

d) Describíronse e clasificáronse as técnicas de vixilancia e de mantemento da atención nos labores de vixilancia, en función dos medios materiais e humanos necesarios e da calidade da prevención.

e) Describíronse os erros máis habituais durante a vixilancia.

f) Describíronse os criterios de suspensión da actividade, en función dunha modificación das condicións de salubridade do centro acuático (calidade e temperatura da auga, tormenta eléctrica, etc.).

g) Describíronse os protocolos de actuación ante condutas inadecuadas ou incorrectas por parte das persoas usuarias e/ou socorristas que practican a actividade deportiva na instalación.

h) Utilizáronse estratexias de resolución de conflitos, adecuándose ás características dunha situación simulada.

i) Elaboráronse e executáronse os protocolos de actuación ante diferentes tipos de vítimas fóra do ambiente acuático.

j) Valorouse a importancia da vixilancia e do coñecemento dos protocolos establecidos como medidas de prevención.

k) Amosouse unha actitude de control sobre o estrés que xera unha situación de conflito e a ansiedade ante situacións de vixilancia prolongada.

2. Interpreta as situacións de emerxencia nunha instalación acuática e describe as situacións de risco no ámbito acuático, aplicando protocolos específicos.

a) Describíronse as condutas da persoa que cre afogarse e establecéronse as súas consecuencias.

b) Recoñecéronse os sinais e os problemas para nadar e/ou manterse en flotación que determinan que unha persoa se ache en situación de emerxencia.

c) Identificáronse e describíronse as pautas para seguir nunha situación de emerxencia dada, optimizando a seguridade da persoa accidentada e a do resto das persoas usuarias.

d) Describíronse e elixíronse convenientemente os materiais para utilizar en relación co tipo de intervención, nun suposto dado.

e) Describíronse os factores que condicionan a valoración da situación de emerxencia, o tipo de risco e o tipo de intervención que cumpra realizar.

f) Manifestouse unha actitude tranquila e responsable que xere confianza en deportistas e persoas usuarias da instalación.

g) Fomentáronse actitudes de cooperación e colaboración en situacións de emerxencia.

3. Identifica as medidas de autoprotección que debe adoptar o/a socorrista, describíronse os riscos laborais e tomouse conciencia da súa importancia.

a) Describíronse as características do/da socorrista, as actitudes, as aptitudes e as funcións como primeira medida para a prevención de riscos.

b) Describíronse as consecuencias dos axentes físicos (auga, luz solar, etc.) tras unha exposición prolongada sobre o organismo, tanto a curto como a medio e a longo prazo.

c) Demostráronse os protocolos de aplicación dos protectores solares, e establecéronse as zonas de maior exposición ao sol e a súa periodicidade.

d) Describiuse o equipamento persoal do/da socorrista necesario na prevención de riscos laborais da súa actividade profesional.

e) Identificáronse as medidas de autoprotección segundo as características da instalación e as do posto.

f) Aplicáronse os protocolos de revisión e comprobación do material e do posto de vixilancia.

g) Elaborouse o protocolo de coidado persoal que debe utilizar o/a socorrista durante o desempeño do seu labor profesional, con indicación das accións que cumpra realizar e a súa periodicidade.

h) Describíronse as posibles doenzas derivadas do ámbito de traballo e do exercicio da súa actividade profesional.

i) Valoráronse positivamente as medidas de autoprotección e concienciouse da súa importancia.

j) Manifestouse unha actitude de responsabilidade cara ás medidas de autoprotección, co fin de previr riscos laborais.

4. Rescata unha persoa accidentada consciente e unha inconsciente no ambiente acuático, aplicando protocolos e executando técnicas específicas, adaptando o seu uso ás situacións e aplicando protocolos de mantemento da condición física, con seguridade e eficacia nas intervencións.

a) Explicáronse os protocolos e as técnicas de intervención canto a entradas á auga, aproximación, control, remolque e extracción, de ser o caso, dunha persoa accidentada consciente, con e sen material.

b) Explicáronse os protocolos e as técnicas de intervención canto a entradas á auga, aproximación, control, remolque de manequín e extracción dunha persoa accidentada inconsciente, con e sen material.

c) Executouse, nun tempo máximo de tres minutos e medio, o rescate dunha vítima en situación de distrés acuático: entrouse á auga con avistamento da vítima; realizáronse 50 metros de nado libre de aproximación á vítima; tomouse contacto con ela a través do uso do material de salvamento requirido; controlouse e remolcouse coa técnica correcta durante 50 metros.

d) Executouse o rescate dunha vítima inconsciente: entrouse á auga de pé e; realizouse un percorrido sen emerxer, en apnea, de 25 metros ata recoller un manequín de salvamento que simula ser unha vítima inconsciente, situado no fondo da piscina coa cabeza orientada no sentido do arrastre posterior; remolcouse cunha técnica correcta durante 25 metros, nun tempo máximo dun minuto e trinta e cinco segundos; realizouse a extracción da vítima inconsciente da auga; e finalmente, aplicouse o protocolo a unha boneca de rcp durante polo menos tres minutos.

e) Describíronse e demostráronse as técnicas de zafaduras e normas para seguir ante unha persoa accidentada consciente en proceso de afogamento.

f) Elaboráronse simulacros de persoas accidentadas no ambiente acuático, tendo en conta as técnicas que se prevexa valorar ou perfeccionar.

g) Describíronse as características dunha intervención eficaz e segura do/da socorrista, tendo en conta as condicións do simulacro de accidente.

h) Determinouse a periodicidade e a carga mínima do traballo de mantemento físico e técnico do/da socorrista.

i) Amosouse unha actitude positiva cara á repetición de cargas mínimas de traballo e das técnicas de rescate de xeito continuado no mantemento da condición física, no control e no dominio técnico do ambiente acuático.

j) Valorouse a importancia do mantemento da condición física e técnica a través da realización de simulacros de intervención en caso de accidente.

5. Rescata unha persoa accidentada consciente e unha inconsciente, con lesión medular no ambiente acuático, aplicando procedementos específicos, e toma conciencia das consecuencias desta.

a) Explicáronse os protocolos e as técnicas de intervención canto a entradas á auga, aproximación, control, remolque e extracción, de ser o caso, dunha persoa accidentada consciente con lesión medular, con e sen material.

b) Explicáronse os protocolos e as técnicas de intervención canto a entradas á auga, aproximación, control, remolque de manequín e extracción dunha persoa accidentada inconsciente con lesión medular, con e sen material.

c) Demostráronse as manobras de entradas á auga, aproximación, control, remolque e extracción, de ser o caso, dunha persoa accidentada consciente con lesión medular, con e sen material, con autocontrol, eficacia e seguridade.

d) Demostráronse as manobras de entradas á auga, aproximación, control, remolque de manequín e extracción dunha persoa accidentada inconsciente con lesión medular, con e sen material, con autocontrol, eficacia e seguridade.

e) Describíronse as características dunha persoa accidentada con lesión medular no ambiente acuático.

f) Enumeráronse e describíronse os pasos para seguir e o material para utilizar ante unha persoa accidentada con lesión medular.

g) Describíronse as consecuencias dunha incorrecta manipulación dunha persoa afectada medular.

h) Describíronse as formas de uso dos materiais que se poden utilizar para a extracción do ambiente acuático dunha persoa posiblemente accidentada con lesión medular.

i) Describíronse as medidas de reanimación na auga ante unha persoa accidentada sen lesión medular ou con lesión medular.

j) Executouse a extracción dun suxeito simulando lesión medular, organizando dous/dúas ou tres socorristas, tendo en conta os protocolos de intervención establecidos e uso das técnicas específicas.

k) Amosouse unha actitude coidadosa e responsable ante persoas accidentadas con lesión medular.

Contidos básicos:

1. Controla e vixía a instalación acuática, aplicando protocolos específicos e executando técnicas específicas de vixilancia, control e intervención fóra do ambiente acuático, e describe eses protocolos.

• Principios xerais do salvamento: prevención, vixilancia, control, presteza, diagnóstico e actuación.

• Fases da intervención no socorrismo acuático. Organización do socorrismo.

• Prevención.

• Vixilancia e atención. Postos de vixilancia: situación. Técnicas de vixilancia e erros máis comúns: estática e dinámica.

• Protocolos de vixilancia, comunicación, traslado e evacuación.

• Protocolos de suspensión da actividade por modificacións das condicións de salubridade do centro acuático.

• Protocolo de actuación ante condutas inadecuadas: resolución de conflitos.

• Protocolos de actuación ante vítimas de diversos tipos fóra do ambiente acuático.

• Actitude positiva e controlada ante situacións de estrés.

2. Interpreta as situacións de emerxencia nunha instalación acuática e describe as situacións de risco no ámbito acuático, aplicando protocolos específicos.

• Comportamento da persoa afogada.

• Elementos de risco nas instalacións acuáticas.

• Seguridade da persoa accidentada.

• Situación de emerxencia. Elementos esenciais: análise da situación e toma de decisións.

• Material de salvamento e a súa importancia no rescate: aro salvavidas, tubo de rescate, boia torpedo e padiola de inmobilización.

• Traballo en equipo: actitudes e comportamento ante situacións de emerxencia.

• Actitude responsable do/da socorrista como medio de motivación e seguridade na persoa usuaria.

3. Identifica as medidas de autoprotección que debe adoptar o/a socorrista, describíronse os riscos laborais e tomouse conciencia da súa importancia.

• O/a socorrista: perfil, actitudes, aptitudes e funcións.

• Doenzas profesionais, riscos, actuación e prevención.

• Medidas de autoprotección ante axentes ambientais.

• Características das condicións de traballo da instalación acuática cuberta e descuberta: características da auga, do posto de traballo e do vestiario (roupa, calzado, etc.).

4. Rescata unha persoa accidentada consciente e unha inconsciente no ambiente acuático, aplicando protocolos e executando técnicas específicas, adaptando o seu uso ás situacións e aplicando protocolos de mantemento da condición física, con seguridade e eficacia nas intervencións.

• Simulacros con vítimas conscientes e inconscientes, con material e sen el: tipos e características.

• Técnicas de rescate dunha persoa accidentada, con material e sen material.

• Técnicas de traslado de persoas accidentadas.

• Adestramento físico e técnico do/da socorrista: carga mínima de mantemento e periodicidade do adestramento.

• Importancia do mantemento da condición física e técnica a través da realización periódica de simulacros de salvamento.

5. Rescata unha persoa accidentada consciente e unha inconsciente, con lesión medular no ambiente acuático, aplicando procedementos específicos, e toma conciencia das consecuencias desta.

• A persoa accidentada con lesión medular: características xerais. Consecuencias ante unha incorrecta manipulación. Material auxiliar no rescate.

• Técnicas de rescate dunha persoa accidentada con lesión medular. Erros frecuentes e consecuencias.

• Técnicas de reanimación na auga.

• Actitude do/da socorrista ante unha persoa accidentada con posible lesión medular.

Módulo específico de ensino deportivo: Formación práctica

Código: MED-SSSS106

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica a estrutura organizativa e o funcionamento do club ou a entidade deportiva no relativo á oferta de actividades que teñan que ver coa iniciación deportiva ou o acompañamento de persoas usuarias en actividades de iniciación ao ambiente acuático ou ao salvamento e socorrismo.

a) Identificouse a estrutura da organización deportiva local e autonómica, e as súas relacións co club ou a entidade deportiva.

b) Identificouse a estrutura organizativa e o funcionamento das áreas do club ou a entidade deportiva.

c) Recoñeceuse o tipo de asociación deportiva do club ou a entidade deportiva de prácticas.

d) Identificáronse as relacións xerárquicas dentro do club ou a entidade deportiva.

e) Identificouse a oferta de actividades vinculadas á iniciación deportiva ou ao acompañamento de persoas usuarias.

f) Distinguiuse a oferta de actividades orientada á práctica de iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo nas mulleres.

g) Identificáronse as vías de apoio institucional de ámbito local e autonómico utilizadas polo club ou a entidade deportiva.

h) Recoñecéronse os valores presentes nas actividades de iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo do club ou a entidade deportiva.

2. Actúa con autonomía, iniciativa e responsabilidade no posto de traballo, demostrando comportamento ético, habilidades persoais de comunicación e autocontrol ante situacións de risco, traballo en equipo e respecto polo ambiente, e aplicando os procedementos establecidos polo centro de prácticas.

a) Identificáronse os requirimentos de actitude e as medidas de autoprotección no seu posto de traballo.

b) Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas e responsabilizouse do traballo asignado.

c) Demostrouse compromiso co traballo ben feito e a calidade do servizo, así como respecto polos procedementos e polos principios propios do club ou a entidade deportiva.

d) Demostrouse capacidade de traballo en equipo e respecto pola xerarquía establecida no club ou a entidade deportiva.

e) Estableceuse unha comunicación e unha relación eficaces co persoal técnico responsable da actividade e cos membros do equipo, e mantívose un trato fluído e correcto.

f) Coordinouse co resto do equipo e informouse de calquera cambio ou necesidade salientable ou imprevista na actividade.

g) Mantívose unha actitude clara de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas.

h) Utilizáronse os equipos de prevención de riscos laborais propios da iniciación ao ambiente acuático, e ao salvamento e socorrismo.

i) Aplicáronse os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais relacionados co desempeño das funcións de socorrista, coas actividades de iniciación ao ambiente acuático e coas actividades, as competicións e os eventos en iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

3. Colabora no desenvolvemento das actividades de iniciación ao ambiente acuático e en actividades, competicións e outros eventos da iniciación deportiva en salvamento e socorrismo, identificando e utilizando medios, interpretando programacións de referencia e executando procedementos de acordo coa norma establecida e coas instrucións recibidas.

a) Identificáronse e interpretáronse as instrucións recibidas e/ou a documentación asociada á organización e a xestión de pequenas competicións e eventos propios da iniciación deportiva en salvamento e socorrismo.

b) Interpretáronse e identificáronse as medidas de protección e de seguridade persoal do/da socorrista (deportista) durante a competición, tendo en conta as características da competición de iniciación en salvamento e socorrismo.

c) Realizáronse xestións ou operacións de petición dos permisos necesarios para a realización da actividade, a competición ou o evento de iniciación deportiva en salvamento e socorrismo.

d) Realizáronse accións de colaboración e intervención na organización e na xestión de pequenas competicións e eventos propios da iniciación deportiva en salvamento e socorrismo.

e) Realizouse a recollida de documentación para a inscrición das persoas participantes nunha actividade ou en eventos de iniciación deportiva en salvamento e socorrismo.

f) Aplicáronse criterios á revisión e a confidencialidade da documentación necesaria para a inscrición.

g) Elaborouse a información sobre a actividade ou a competición de salvamento e socorrismo para os pais, as nais ou as persoas que exerzan a titoría legal dos/das participantes.

h) Realizáronse accións de preparación e comprobación do material de comunicación utilizado nas actividades de iniciación ao ambiente acuático e iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

i) Aplicáronse os procedementos de almacenamento e mantemento do material de comunicación utilizado nas actividades de iniciación ao ambiente acuático e iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

j) Realizouse a comunicación a través dos medios existentes, aplicando as técnicas e os procedementos axeitados.

4. Concreta e dirixe sesións de iniciación ao ambiente acuático e iniciación deportiva en salvamento e socorrismo, e dirixe o/a socorrista en competicións, interpretando programacións de referencia, executando procedementos e técnicas relacionadas co proceso de ensino e aprendizaxe, e transmitindo valores éticos vinculados ao respecto e o coidado polo propio corpo, polas demais persoas, polo xogo limpo, pola responsabilidade e polo esforzo persoal.

a) Identificáronse e seleccionáronse os medios e os recursos necesarios para o desenvolvemento da actividade.

b) Identificáronse as condicións ambientais necesarias para o desenvolvemento da sesión, aplicando técnicas e procedementos establecidos e respectando as normas de seguridade establecidas para as actividades de iniciación ao ambiente acuático e en iniciación ao salvamento e socorrismo.

c) Recibiuse e despediuse o/a socorrista seguindo o protocolo establecido, identificáronse as súas demandas e necesidades, e motivouse para a práctica continuada do salvamento e socorrismo.

d) Demostrouse interese pola captación, a motivación e a adherencia á práctica dos/das socorristas (deportistas) e das persoas usuarias.

e) Valoráronse as habilidades e as destrezas específicas dos/das socorristas (deportistas) co obxecto de determinar o seu nivel, propúxose a súa incorporación a un grupo e tomáronse as medidas de corrección axeitadas.

f) Concretouse a sesión de ensino e aprendizaxe da iniciación ao ambiente acuático e de iniciación deportiva en salvamento e socorrismo seguindo a programación de referencia, propondo tarefas variadas que proporcionen variabilidade nas experiencias motoras, tendo en conta as características do individuo, adecuándose ao grupo e ás condicións materiais existentes.

g) Explicáronse os contidos da sesión, seguindo os protocolos e as técnicas establecidas, de xeito claro e motivador.

h) Exemplificáronse as tarefas propostas, executando as accións técnicas segundo os estándares da iniciación en salvamento e socorrismo, e os procedementos establecidos.

i) Dirixiuse a sesión de ensino e aprendizaxe de iniciación ao ambiente acuático e de iniciación deportiva en salvamento e socorrismo, solucionando as continxencias existentes, para conseguir a participación e o rendemento conforme os obxectivos propostos desta, e dentro das normas ambientais e as marxes de seguridade requiridas.

j) Aplicáronse estratexias de comunicación e control de continxencias servíndose das dinámicas de grupo máis axeitadas en cada caso.

k) Valorouse o desenvolvemento da sesión, aplicando procedementos de recollida e procesamento da información necesaria para a elaboración de xuízos que permitan o axuste e a mellora permanentes do proceso de ensino e aprendizaxe e das actividades propias da iniciación ao ambiente acuático ou ao salvamento e socorrismo.

l) Demostrouse interese pola transmisión de valores éticos, persoais e sociais a través da práctica deportiva (xogo limpo e respecto pola saúde persoal, polas demais persoas e polo contorno).

5. Acompaña o/a deportista en competicións de iniciación ao salvamento e socorrismo, interpretando as normas e os regulamentos, executando os procedementos e as técnicas de transmisión de valores.

a) Comprobouse o estado da inscrición do grupo ou deportista na competición de iniciación en salvamento e socorrismo, seguindo as instrucións e as normas establecidas.

b) Informouse o/a socorrista acerca das características da competición, interpretando a documentación sobre esta.

c) Aplicáronse procedementos de reclamación nunha competición de iniciación en salvamento e socorrismo, aplicando as normas e os protocolos establecidos.

d) Aplicáronse criterios de valoración da execución técnico-táctica de salvamento e socorrismo, utilizando técnicas e procedementos de observación adecuadas ao nivel de iniciación deportiva.

e) Trasladáronselle ao/á socorrista as instrucións técnicas e tácticas para a competición de iniciación, tendo en conta as características da competición e do/da deportista.

f) Acompañáronse os/as socorristas nas competicións, aplicando os procedementos e seguindo as instrucións e as normas establecidas.

g) Velouse polo respecto polos valores do xogo limpo, pola saúde persoal e polas demais persoas durante a participación na competición de iniciación en salvamento e socorrismo, aplicando os procedementos axeitados e respectando as normas desta.

6. Recoñece os posibles riscos e perigos dunha instalación acuática, identifica o funcionamento desta, e aplica os protocolos específicos de vixilancia e control.

a) Identificáronse as características xerais da instalación acuática.

b) Identificouse a estrutura organizativa e o funcionamento das áreas da instalación acuática.

c) Recoñecéronse os riscos e os perigos existentes na instalación acuática, tanto para as persoas usuarias coma para o/a socorrista.

d) Transmitíronselles e aplicáronselles ás persoas usuarias asistentes as normas de utilización da instalación, tendo en conta a normativa interna correspondente.

e) Realizáronse operacións de preparación das zonas destinadas ao baño público e á realización de actividades acuáticas e de salvamento e socorrismo que apoien a seguridade das persoas usuarias que acoden á instalación acuática e das participantes de iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo.

f) Controlouse e vixiouse a instalación acuática a través de protocolos específicos en relación coas áreas de vixilancia, coa situación dos postos de vixilancia, coa dotación dos postos, coa rotación dos/das socorristas, cos percorridos (duración e periodicidade) dos/das socorristas e co material de salvamento utilizado.

g) Identificáronse e seleccionáronse os materiais de salvamento e socorrismo, e de primeiros auxilios.

h) Recoñeceuse a actitude responsable que debe ter o/a socorrista ante os medios e recursos postos ao seu alcance, e de autocontrol ante situacións de emerxencia ou conflitivas, a prol de garantir a seguridade das persoas usuarias na instalación acuática.

7. Realiza operacións de preparación e mantemento do material e das instalacións necesarias para o desenvolvemento das actividades de iniciación ao ambiente acuático e ao salvamento e socorrismo, para o que interpreta as instrucións ou as normas establecidas, e executa procedementos e técnicas propias das operacións.

a) Interpretáronse as instrucións recibidas e identificouse a documentación asociada aos procesos de verificación e control do estado e do funcionamento do material necesario.

b) Recoñecéronse e determináronse as necesidades e os lugares idóneos para o almacenamento e a conservación dos materiais necesarios, tendo en conta os protocolos establecidos.

c) Realizáronse operacións de mantemento do material, tendo en conta as normas, as instrucións e os procedementos establecidos, e respectando a normativa ambiental.

d) Realizáronse operacións de reparación básica do material, tendo en conta as normas, as instrucións e os procedementos establecidos, e respectando a normativa ambiental.

e) Aplicáronse criterios de verificación do estado do material, para a súa baixa ou o seu mantemento, tendo en conta as normas, as instrucións e os procedementos establecidos.

f) Aplicáronse criterios de selección do material e equipamento dunha instalación de actividades de iniciación ao ambiente acuático e acompañamento en salvamento e socorrismo, tendo en conta as características da actividade e as normas e instrucións establecidas.

g) Efectuáronse operacións de revisión dos equipamentos individuais e de seguridade, seguindo as instrucións ou as normas establecidas.

h) Efectuáronse operacións de equipamento e desequipamento dunha instalación de actividades de iniciación ao ambiente acuático e acompañamento en salvamento e socorrismo, aplicando as técnicas e os procedementos axeitados, e seguindo as instrucións e as normas establecidas.

8. Intervén na xestión do risco en instalacións acuáticas e durante a práctica deportiva no nivel de iniciación ao ambiente acuático ou ao salvamento e socorrismo, identificando e aplicando procedementos específicos de acordo coas instrucións ou as normas de aplicación.

a) Establecéronse as condicións de seguridade necesarias na iniciación ao ambiente acuático e iniciación deportiva en salvamento e socorrismo, interpretando as instrucións ou as normas e aplicando os procedementos establecidos.

b) Establecéronse as condicións de seguridade necesarias para as persoas usuarias que acoden á instalación acuática, interpretando as instrucións ou as normas e aplicando os procedementos establecidos.

c) Realizáronse operacións de rescate a persoas usuarias que acoden á instalación acuática e se achan en situación de emerxencia, actuando sobre a base dos protocolos establecidos.

d) Realizáronse operacións de rescate a socorristas que acoden á instalación acuática en situacións de iniciación ou acompañamento en salvamento e socorrismo, aplicando as técnicas e os procedementos específicos.

e) Controláronse as persoas usuarias da instalación acuática e/ou o grupo durante as situacións de risco ou perigo, aplicando os protocolos de acordo coas instrucións e as normas recibidas.

f) Efectuáronse os protocolos de comunicación e autocontrol da situación de risco ou perigo, de acordo coas normas e os procedementos establecidos.

g) Mantívose unha actitude de tranquilidade e responsabilidade durante a intervención nas operacións de rescate.

h) Amosouse un interese cara á formación continua en técnicas e procedementos de rescate en situacións de risco ou perigo, así como ao mantemento físico necesario.

9. Realiza operacións de prestación dos primeiros auxilios, para o que interpreta as normas e os protocolos establecidos, aplicando técnicas e procedementos de acordo coas instrucións ou as normas establecidas.

a) Desenvolvéronse operacións de valoración inicial á persoa accidentada, de acordo coas instrucións recibidas e os protocolos.

b) Estableceuse a secuencia de actuación de acordo co protocolo establecido polo Comité de Coordinación Internacional sobre a Resucitación (ILCOR).

c) Establecéronse medidas de seguridade e autoprotección persoal nas situacións de prestación dos primeiros auxilios, de acordo cos protocolos e coas instrucións recibidas.

d) Aplicáronse técnicas e procedementos de prestación de primeiros auxilios en lesións, segundo a normativa e os protocolos establecidos.

e) Aplicáronse técnicas de soporte vital, seguindo as instrucións e os protocolos establecidos.

f) Efectuáronse operacións de desfibrilación externa semiautomática, seguindo as instrucións e os protocolos establecidos.

g) Mantívose o autocontrol en situacións de prestación dos primeiros auxilios á persoa accidentada tendo en conta as instrucións e os protocolos establecidos.

h) Aplicáronse técnicas de apoio psicolóxico á persoa accidentada e ás acompañantes, tendo en conta as instrucións e os protocolos establecidos.

i) Utilizouse a terminoloxía médico-sanitaria elemental relacionada cos primeiros auxilios.

j) Demostrouse unha actitude positiva cara á reciclaxe e a actualización persoal en novos protocolos e instrumentos relacionados cos primeiros auxilios.

ANEXO III
Obxectivos xerais e módulos de ensino deportivo do ciclo final de grao medio
en Salvamento e Socorrismo

Obxectivos xerais:

a) Executar técnicas específicas en salvamento e socorrismo propias deste nivel, coa seguridade suficiente e tomando conciencia do realizado, para servir como modelo no proceso de ensino e aprendizaxe da tecnificación deportiva.

b) Identificar e detectar as características técnicas, físicas, psicolóxicas e da competición en salvamento e socorrismo, aplicando procedementos establecidos, para valorar e seleccionar o/a socorrista na etapa de tecnificación deportiva.

c) Analizar e interpretar a programación de referencia do adestramento básico en salvamento e socorrismo, elixindo e deseñando tarefas, e aplicando métodos establecidos, para adaptar e concretar a sesión de adestramento básico.

d) Analizar e interpretar a programación de referencia do perfeccionamento técnico en salvamento e socorrismo, elixindo e deseñando tarefas, e aplicando métodos establecidos, para adaptar e concretar os programas específicos de tecnificación deportiva.

e) Estruturar, elaborar e describir os obxectivos e os contidos da iniciación ao ambiente acuático, e o ensino de salvamento e socorrismo, aplicando metodoloxías específicas, tendo en conta os principios da aprendizaxe motora e da práctica saudable, para deseñar programas de iniciación.

f) Describir, elixir e demostrar as técnicas e as estratexias de dirección de sesións, de control da continxencia propias de salvamento e socorrismo, aplicando procedementos de observación, control e dinamización, resolvendo supostos, para dirixir a sesión de adestramento e perfeccionamento na etapa de tecnificación deportiva.

g) Analizar as condicións de seguridade das instalacións e/ou espazos acuáticos naturais, así como dos medios propios da tecnificación deportiva, aplicando os procedementos establecidos e a normativa vixente, para controlar a seguridade dos/das socorristas durante a práctica neste nivel e das persoas usuarias de actividades acuáticas.

h) Elixir as medidas de prevención necesarias en instalacións e/ou espazos acuáticos naturais para garantir a seguridade das persoas usuarias de actividades acuáticas e dos/das socorristas durante a práctica deportiva de salvamento e socorrismo neste nivel.

i) Elixir e demostrar as técnicas de autosalvamento, salvamento e socorrismo propios dos espazos acuáticos naturais e da tecnificación deportiva en salvamento e socorrismo, e aplicar os procedementos establecidos en situacións simuladas, para intervir e rescatar en situacións de accidente ou doenza.

j) Seleccionar, comprobar e axustar os medios materiais e as instalacións propias da tecnificación deportiva, aplicando procedementos establecidos e a normativa, operando cos instrumentos de reparación e mantemento, para facilitar a dispoñibilidade e a adecuada utilización dos medios necesarios.

k) Analizar os aspectos técnicos e tácticos propios da competición de tecnificación deportiva en salvamento e socorrismo, aplicando procedementos establecidos e tendo en conta as características das persoas participantes e o regulamento para dirixir os/as socorristas en competicións deste nivel.

l) Analizar e elaborar a estrutura organizativa das competicións e dos eventos propios do nivel de iniciación deportiva en salvamento e socorrismo, e identificar as características organizativas das competicións de tecnificación deportiva, enumerando os requisitos administrativos e os medios materiais e humanos necesarios, aplicando o marco legal que as regula, para organizar e colaborar na xestión de competicións e eventos.

m) Identificar e analizar as características organizativas e os medios materiais e humanos da iniciación en salvamento e socorrismo, aplicando procedementos establecidos de xestión e comunicación, para coordinar outro persoal técnico encargado deste nivel.

n) Identificar e analizar as variables que interveñen no proceso de tecnificación deportiva en salvamento e socorrismo, aplicando procedementos de recollida e valoración da información e de axuste de programas, para avaliar este proceso.

ñ) Identificar e describir as características do proceso de adquisición de valores e actitudes, argumentando os efectos que provocan nos/as socorristas, para transmitir valores propios da actividade deportiva a través do comportamento ético persoal.

o) Recoñecer, promover e xustificar os valores de compromiso, traballo ben feito e aprendizaxe constante, e describir os aspectos observables da conduta que reflicten estes valores, para manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no desempeño do seu labor como persoal técnico.

p) Describir e aplicar os programas de iniciación deportiva e procedementos de adaptación de actividades de condución para persoas con discapacidade, clasificando as características das discapacidades, para fomentar a igualdade de oportunidades.

Módulo común de ensino deportivo: Bases da aprendizaxe deportiva

Código: MED-C201

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica as características do/da deportista de tecnificación deportiva en relación coa etapa da adolescencia, e analiza as variables psicolóxicas implicadas no rendemento deportivo.

a) Describíronse as características psicolóxicas propias da adolescencia.

b) Aplicáronse métodos de valoración das características psicolóxicas da etapa de tecnificación deportiva.

c) Enumeráronse os trazos sociais máis frecuentes dos/as adolescentes.

d) Determináronse os elementos que forman parte do contorno familiar, social e deportivo do/da deportista da etapa de tecnificación deportiva.

e) Aplicáronse procedementos de avaliación dos trazos sociais máis frecuentes no/a adolescente.

f) Describíronse os factores psicolóxicos que facilitan a aprendizaxe na etapa de tecnificación deportiva: motivación, concentración, control de pensamentos e control das emocións.

g) Describíronse as características e os tipos de motivación no deporte.

h) Argumentouse a contribución da motivación no fomento da tecnificación deportiva.

i) Analizáronse os procedementos do mantemento da motivación durante a etapa de tecnificación deportiva.

j) Aplicáronse estratexias psicolóxicas para o mantemento da concentración e o control de pensamentos e emocións en adestramentos e competicións propios da etapa de tecnificación deportiva.

k) Valorouse a necesidade de integrar os aspectos psicosociais na preparación deportiva na etapa de tecnificación deportiva.

2. Valora o proceso de perfeccionamento técnico-táctico do/da deportista, analizando as características da aprendizaxe motora e os factores que interveñen.

a) Describíronse as teorías da aprendizaxe motora.

b) Analizáronse o proceso da aprendizaxe con base nos mecanismos de percepción, decisión e execución de accións motoras, e os seus mecanismos de regulación.

c) Valorouse a importancia de estimular os mecanismos de percepción e decisión (aspectos tácticos e estratéxicos) como construtor previo aos mecanismos de execución (aspectos técnicos).

d) Comparáronse as fases do proceso da aprendizaxe na adquisición de habilidades motoras.

e) Analizouse a tarefa, identificando os factores que determinan a súa complexidade a partir dos mecanismos de percepción, decisión e execución.

f) Analizáronse os factores que inflúen na aprendizaxe dependente do alumnado, da habilidade e/ou do proceso de ensino e aprendizaxe.

g) Identificouse a importancia da memoria nos procesos da aprendizaxe.

h) Identificouse a transferencia como elemento importante a ter en conta na aprendizaxe.

i) Aplicáronse os principios da aprendizaxe motora: exercicio, reforzo, retención e transferencia.

j) Definiuse o concepto, as características e os tipos de avaliación.

k) Elaboráronse procedementos e instrumentos de avaliación axeitados para a valoración do proceso de perfeccionamento técnico-táctico do/da deportista.

l) Valorouse a necesidade de adecuar as tarefas ao nivel de desenvolvemento técnico-táctico do/da deportista, garantindo a súa significatividade e a motivación do alumnado.

3. Aplica as técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades de adestramento básico e perfeccionamento técnico analizando a metodoloxía e os procedementos de control e dinamización axeitados.

a) Definíronse as diferentes técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades de adestramento básico e perfeccionamento técnico.

b) Describíronse as estratexias metodolóxicas que se poden aplicar atendendo ás características do grupo.

c) Describíronse e aplicáronse os estilos de ensino en función das características do grupo e dos contidos que se vaian impartir.

d) Valorouse o tempo de práctica individual como criterio de calidade nas sesións de adestramento básico (AB) e perfeccionamento técnico (PT).

e) Valorouse a importancia da organización do espazo e do material como factor de mellora da participación do alumnado e de redución de condutas non desexadas en tarefas e sesións de AB e PT.

f) Detectáronse os efectos da posición e o desprazamento do persoal técnico como factor de control e dinamización das tarefas.

g) Valorouse a importancia da actitude do persoal técnico como factor de motivación e activación nas tarefas e sesións de AB e PT.

h) Aplicáronse diferentes tipos de retroalimentación desde o punto de vista da súa eficacia (coñecemento de resultados e coñecemento do rendemento).

i) Identificáronse as variables para ter en conta na administración da retroalimentación: momento de aplicación, frecuencia na administración e cantidade.

j) Identificáronse e aplicáronse as formas de distribución da práctica como un dos factores que inflúen na aprendizaxe, ao longo do proceso de ensino e aprendizaxe.

k) Describíronse e argumentáronse as características e as posibles causas dos comportamentos non desexados nas tarefas e nas sesións de AB e PT.

l) Analizáronse e aplicáronse as medidas de intervención do persoal técnico ante posibles condutas non desexadas en tarefas e sesións de AB e PT.

4. Interpreta a programación do ensino deportivo, analizando os seus compoñentes, e deseña actividades en función da etapa da aprendizaxe do/da deportista.

a) Describíronse os tipos de programación de tecnificación deportiva, os seus principios e as súas fases.

b) Identificáronse os obxectivos, os contidos, os medios, os métodos e os instrumentos de avaliación dun programa de ensino deportivo.

c) Valorouse a importancia da programación como elemento de control da evolución das aprendizaxes deportivas.

d) Describíronse as consideracións básicas no deseño de programas de iniciación deportiva.

e) Analizáronse as características e a estrutura da sesión da aprendizaxe como unidade básica de programación deportiva.

f) Aplicáronse criterios de modificación de tarefas a partir da programación de referencia segundo a etapa da aprendizaxe deportiva.

g) Identificáronse os elementos de complexidade da tarefa e o seu axuste en relación aos mecanismos de regulación desta.

h) Describíronse os conceptos de progresión, interferencia contextual e significatividade das tarefas na aprendizaxe deportiva.

i) Valorouse a importancia da progresión e a interferencia contextual no deseño e na modificación de tarefas como factor de mellora na aprendizaxe deportiva.

j) Salientouse a importancia da motivación do/da deportista cara á tarefa como elemento clave na súa mellora e a súa adherencia á práctica.

5. Coordina a intervención do persoal técnico ao seu cargo, aplicando técnicas de xestión de recursos humanos.

a) Diferenciáronse as funcións do persoal técnico coordinado polo/pola adestrador/a.

b) Definíronse as técnicas de comunicación máis eficaces na coordinación do traballo do persoal técnico ao seu cargo.

c) Describíronse os estilos de condución do grupo, en función das situacións e das características do persoal técnico que se dirixa.

d) Elaboráronse dinámicas de grupo que potencian a capacidade de traballo en equipo e de escoita.

e) Valorouse a necesidade de cooperar para optimizar o rendemento do equipo de traballo.

6. Tutela os/as deportistas durante a súa participación en adestramentos e competicións, identificando e inculcando actitudes e valores persoais e sociais.

a) Identificáronse os principais problemas éticos propios da etapa de tecnificación deportiva.

b) Valorouse a importancia de aplicar principios éticos durante a participación en competicións deportivas.

c) Identificáronse as principais formas de actuación do persoal técnico deportivo para inculcar actitudes e valores de respecto, xogo limpo e traballo en equipo, nas competicións deportivas.

d) Valorouse a importancia de desenvolver unha actitude responsable e asertiva que favoreza a transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte.

e) Aplicáronse procedementos para a resolución de problemas e conflitos éticos que poden xurdir durante a competición deportiva.

f) Identificáronse os principais elementos do contexto que inflúen nas condutas éticas e inmorais durante a práctica deportiva.

g) Describíronse os principios deontolóxicos profesionais do persoal técnico deportivo.

h) Describíronse e aplicáronse mecanismos de adaptación da competición para favorecer unha práctica inclusiva na etapa de tecnificación deportiva.

i) Valorouse a importancia de fomentar o desenvolvemento integral do/da deportista e non só o aspecto técnico-deportivo.

j) Describíronse e aplicáronse técnicas e instrumentos de avaliación e medida de actitudes e valores no deporte.

Contidos básicos:

1. Identifica as características do/da deportista de tecnificación deportiva en relación coa etapa da adolescencia, e analiza as variables psicolóxicas implicadas no rendemento deportivo.

• Análise das características psicosociais dos/das deportistas na etapa de tecnificación deportiva:

– Características psicolóxicas da adolescencia.

– Trazos sociais dos/das adolescentes.

– Diferenzas entre rapaces e rapazas na adolescencia.

– Elementos do contorno familiar, social e deportivo na tecnificación deportiva.

– Aplicación de métodos para avaliar as características psicosociais dos/das deportistas na etapa de tecnificación deportiva e do seu contexto familiar, social e deportivo.

– Valoración da necesidade de integrar os aspectos psicosociais da adolescencia na preparación deportiva da etapa de tecnificación deportiva.

• Identificación e control dos factores psicolóxicos máis relevantes na etapa de tecnificación deportiva:

– Motivación:

– Características e tipos.

– Procedementos para o mantemento da motivación durante a etapa de tecnificación deportiva.

– Valoración do papel destacado da motivación no fomento da tecnificación deportiva.

– Concentración:

– Características psicolóxicas.

– Aplicación de recursos para facilitar o mantemento da concentración en adestramentos e competicións.

– Control de pensamentos e emocións:

– Características psicolóxicas.

– Medo ao fracaso e ansiedade precompetitiva.

– Síndrome da persoa queimada (Burnout) en rapaces e rapazas deportistas.

– Aplicación de recursos para facilitar o control de pensamentos e emocións en adestramentos e competicións.

2. Valora o proceso de perfeccionamento técnico-táctico do/da deportista, analizando as características da aprendizaxe motora e os factores que interveñen.

• Análise das características da aprendizaxe motora e os factores que interveñen:

– Teorías da aprendizaxe motora.

– Mecanismos da aprendizaxe: percepción, decisión, execución e os seus mecanismos de regulación.

– Fases da aprendizaxe deportiva: cognitiva (iniciación), asociativa (perfeccionamento) e automática (dominio).

– Importancia da aprendizaxe con base nos mecanismos de percepción e decisión, sobre os aspectos de execución.

– Factores dos que depende a aprendizaxe:

– Identificación dos factores dependentes do alumnado que inflúen na aprendizaxe (idade, sexo, coñecementos previos, coeficiente intelectual y motivación).

– Identificación dos factores dependentes da habilidade que inflúen na aprendizaxe, atendendo ao mecanismo implicado e á complexidade da tarefa.

– Identificación dos factores que inflúen na aprendizaxe, dependentes do proceso de ensino e aprendizaxe (transmisión de información, progresión e distribución da práctica).

– Valoración da importancia de adaptar as tarefas ás necesidades do alumnado.

– Principios da aprendizaxe motora:

– Aplicación dos principios da aprendizaxe motora: exercicio, reforzo, retención e transferencia.

– Transferencia: tipos e aplicacións á aprendizaxe.

– Memoria.

– Importancia da transferencia do aprendido a outros contextos.

• Proceso de perfeccionamento técnico-táctico do/da deportista: identificación das características técnico-tácticas propias da etapa de perfeccionamento.

• Avaliación: concepto, características e tipos.

– Deseño e aplicación de procedementos e instrumentos de avaliación do proceso de perfeccionamento técnico-táctico do/da deportista: obxectivos e subxectivos, cualitativos e cuantitativos.

– Valoración da importancia da avaliación para valorar a adquisición de novas aprendizaxes e a estabilidade das xa aprendidos.

3. Aplica as técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades de adestramento básico e perfeccionamento técnico analizando a metodoloxía e os procedementos de control e dinamización axeitados.

• Análise da metodoloxía e os procedementos de control e dinamización de actividades de adestramento básico e perfeccionamento técnico:

– Técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades.

– Estilos de adestrador/a na dirección de grupos.

– Estratexias metodolóxicas e estilos de ensino en función das características do grupo e a actividade.

– Valoración do tempo de práctica do alumnado.

– Técnicas de xestión das actividades para mellorar o aproveitamento dos tempos de práctica e o control do grupo.

– Importancia da posición estratéxica do persoal técnico na actividade.

– Implicación activa do persoal técnico nas tarefas para involucrar e motivar o alumnado.

– Tipos de retroalimentación, desde o punto de vista da súa eficacia (coñecemento de resultados e coñecemento do rendemento).

– Identificación da práctica concentrada ou distribuída en función do tipo de actividade e características do grupo.

– As condutas disruptivas e situacións de conflito nas actividades.

– Xestión de recursos fronte ás condutas non desexadas.

4. Interpreta a programación do ensino deportivo, analizando os seus compoñentes, e deseña actividades en función da etapa da aprendizaxe do/da deportista.

• Interpretación e deseño de programacións:

– Tipos, principios e fases da programación deportiva.

– Elementos da programación das aprendizaxes deportivas: obxectivos, contidos, medios, métodos e instrumentos de avaliación.

– Interpretación da programación do ensino deportivo.

– Elaboración e aplicación de programas de iniciación deportiva.

– Deseño de sesións da aprendizaxe na iniciación deportiva.

– Elaboración de secuencias da aprendizaxe, aplicación de criterios para a modificación de tarefas da aprendizaxe deportiva.

– Programación como elemento de avaliación das aprendizaxes deportivas.

• Elección e deseño de tarefas motoras:

– Tarefa motora: complexidade e dificultade; factores dos que depende.

– Progresión, significatividade e interferencia contextual nas tarefas durante as secuencias da aprendizaxe.

– Valoración da progresión das aprendizaxes como elemento fundamental no deseño e na modificación ou manipulación de tarefas.

– Valoración da importancia de adecuar as tarefas ás características e aos intereses dos/das deportistas.

5. Coordina a intervención do persoal técnico ao seu cargo, aplicando técnicas de xestión de recursos humanos.

• Dirección e coordinación de grupos de traballo:

– Dinámica e características de grupos de traballo non xerarquizados.

– Asignación de papeis (claridade, aceptación e cumprimento das funcións do persoal técnico).

– Valoración da necesidade de cooperar.

• Aplicacións técnicas de comunicación e condución de grupos:

– Técnicas de comunicación para a coordinación de grupos non xerarquizados.

– Adecuación dos estilos de condución ás necesidades da situación e das persoas.

– Dinámicas de grupo que potencian o traballo en equipo e a capacidade de escoita.

6. Tutela os/as deportistas durante a súa participación en adestramentos e competicións, identificando e inculcando actitudes e valores persoais e sociais.

• Identificación de actitudes e valores persoais e sociais en relación coa práctica deportiva e a competición:

– Principais problemas éticos na etapa de tecnificación deportiva (abandono, exclusión da práctica e procura de resultados).

– Contexto da práctica deportiva (clubs, asociacións, organizadores deportivos, árbitros/as, medios de comunicación, etc.) na promoción e no desenvolvemento de valores no deporte.

– Avaliación e medida de actitudes e valores no deporte: técnicas e instrumentos de medida dos valores no deporte (diario de sesións, test sociométrico, cuestionarios, perfil de polaridade, etc.).

• Transmisión de actitudes e valores persoais e sociais en relación coa práctica deportiva e a competición:

– Características do persoal técnico deportivo para favorecer a transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte (empatía, asertividade, sensibilidade moral, capacidade de liderado, fomento do traballo en equipo, etc.).

– Necesidade de desenvolvemento da responsabilidade persoal e a asertividade na transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte.

– Estratexias para resolución de conflitos que poidan xurdir durante a participación en eventos deportivos e competicións (role-playing, banco de reflexión, dilemas morais, etc.).

– Principios deontolóxicos do persoal técnico deportivo.

– Adaptación das estruturas competitivas ao desenvolvemento de valores persoais e sociais (mantemento do carácter lúdico e de participación de todas as persoas, e cambios regulamentarios).

Módulo común de ensino deportivo: Bases do adestramento deportivo

Código: MED-C202

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica as características físicas de homes e mulleres, analizando as funcións anatómico-fisiolóxicas do organismo en relación co exercicio físico.

a) Describiuse a estrutura e organización do organismo en función das súas unidades estruturais (células, tecidos e sistemas).

b) Diferenciáronse as posibilidades de movemento do corpo humano, usando a terminoloxía correcta para a descrición de posicións e direccións, en función dos eixes e dos planos anatómicos.

c) Analizouse e describiuse a estrutura e funcionamento do aparello locomotor (ósos, articulacións e músculos).

d) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do sistema nervioso en relación ao exercicio, atendendo á estrutura e á función da neurona, e ao proceso de sinapse nerviosa.

e) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do aparello cardiocirculatorio en relación co exercicio, atendendo á estrutura e á dinámica do sangue, o corazón e os vasos sanguíneos.

f) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do aparello respiratorio en relación co exercicio físico.

g) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do sistema endócrino, en relación ás hormonas e as glándulas endócrinas determinantes no desenvolvemento e ao exercicio físico.

h) Analizouse e describiuse o ciclo menstrual feminino en relación co adestramento deportivo.

i) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do sistema dixestivo.

j) Describíronse as diferentes fontes enerxéticas no organismo, tendo en conta a súa implicación co exercicio físico.

k) Describíronse as principais adaptacións do organismo ao exercicio físico.

l) Valorouse a importancia das funcións anatómico-fisiolóxicas como base do adestramento deportivo.

2. Promove prácticas deportivas saudables e identifica as pautas hixiénicas máis axeitadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva.

a) Analizáronse as repercusións positivas máis salientables da práctica deportiva sobre o organismo humano.

b) Analizáronse as consecuencias negativas que pode levar consigo unha práctica deportiva inadecuada.

c) Identificáronse as contraindicacións (patolóxicas) xerais máis importantes á práctica de exercicio físico.

d) Analizáronse os beneficios dunha axeitada hixiene deportiva.

e) Respectáronse unhas pautas básicas canto ao equipamento e os coidados hixiénico-corporais básicos na práctica deportiva.

f) Desenvolvéronse actividades de quecemento xeral e arrefriamento do/da deportista.

g) Aplicáronse os principios da hixiene postural na práctica de exercicios de acondicionamento físico xeral.

h) Identificáronse hábitos posturais axeitados na práctica de actividades cotiás.

i) Describíronse as bases para unha alimentación e unha hidratación axeitadas antes, durante e despois do exercicio.

j) Analizáronse hábitos insalubres contraproducentes para o desenvolvemento físico das persoas e, especialmente en relación a deportistas novos/as.

k) Describíronse as consecuencias do adestramento deportivo sobre a saúde das deportistas.

l) Valorouse a importancia de prever as consecuencias negativas dunha mala práctica deportiva.

3. Valora a condición motriz xeral de homes e mulleres aplicando as técnicas e a metodoloxía de avaliación axeitada, distinguindo as capacidades físicas básicas.

a) Describiuse o concepto de capacidade motriz da persoa.

b) Identificáronse as capacidades coordinativas e condicionais como constitutivas da capacidade motriz da persoa.

c) Describíronse as características das capacidades condicionais da persoa.

d) Describíronse as características das capacidades coordinativas da persoa.

e) Clasificáronse os instrumentos e os medios máis importantes para a valoración das capacidades condicionais.

f) Clasificáronse os instrumentos e os medios máis importantes para a valoración das capacidades coordinativas.

g) Describiuse a evolución da capacidade motriz da persoa durante a adolescencia.

h) Valorouse a importancia da obxectividade, a fiabilidade e a validez dos métodos de medición das capacidades condicionais.

i) Valorouse a importancia da obxectividade, a fiabilidade e a validez dos métodos de medición das capacidades coordinativas.

4. Interpreta a programación e describe os principios e os elementos básicos do adestramento deportivo.

a) Describíronse e analizáronse os principais compoñentes das cargas de adestramento en relación a unha programación establecida.

b) Describíronse os principais conceptos de programación en adestramento deportivo.

c) Analizáronse, interpretáronse e comparáronse os elementos básicos da programación deportiva.

d) Analizáronse os diferentes mesociclos de todas as programacións deportivas.

e) Analizáronse os diferentes microciclos de todas as programacións deportivas.

f) Analizáronse os tipos e as características da sesión de adestramento.

g) Analizáronse e interpretáronse programacións deportivas na etapa de tecnificación deportiva.

h) Identificáronse e analizáronse os procedementos de rexistro de todas as programacións deportivas.

i) Analizáronse os principios do adestramento deportivo e a súa relación coa programación deportiva.

j) Analizáronse e interpretáronse as principais leis que rexen o adestramento deportivo.

k) Valorouse a importancia da programación no proceso de adestramento.

5. Desenvolve a condición motriz xeral de homes e mulleres, analizando os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades e os medios utilizados.

a) Analizáronse e aplicáronse os principios de incremento da carga de adestramento.

b) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da forza.

c) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da resistencia.

d) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da velocidade.

e) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da flexibilidade.

f) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades coordinativas.

g) Analizáronse os principais medios do adestramento da forza.

h) Analizáronse os principais medios do adestramento da resistencia.

i) Analizáronse os principais medios do adestramento da velocidade.

j) Analizáronse os principais medios do adestramento da flexibilidade.

k) Analizáronse os principais medios do adestramento das capacidades coordinativas.

l) Valorouse a importancia dos principios metodolóxicos e medios de adestramento das capacidades para o correcto desenvolvemento da condición motriz xeral das persoas.

Contidos básicos:

1. Identifica as características físicas de homes e mulleres, analizando as funcións anatómico-fisiolóxicas do organismo en relación co exercicio físico.

• Células, tecidos e sistemas no organismo: estrutura e organización xeral.

• Descrición espacial do movemento: posición anatómica, eixes e planos anatómicos. Terminoloxía de posición e dirección.

• Aparello locomotor: principais ósos, articulacións e músculos. Estrutura e mobilidade das principais rexións anatómicas.

• Sistema nervioso: neurona, sinapse e transmisión do impulso nervioso.

• Aparello cardiocirculatorio. O corazón: resposta circulatoria ao exercicio; conceptos relacionados; frecuencia cardíaca e volume sistólico.

• Aparello respiratorio: estrutura anatómica, capacidades e volumes pulmonares. Resposta ventilatoria ao exercicio.

• Sistema endócrino: principais hormonas e glándulas endócrinas. Resposta hormonal ao exercicio.

• Ciclo menstrual: características, influencia na práctica da actividade físico-deportiva; menarquia e amenorrea primaria e secundaria.

• Sistema dixestivo: anatomía e fisioloxía básica.

• Metabolismo enerxético: ATP e principais vías metabólicas.

• Adaptacións dos diferentes sistemas implicados no exercicio físico.

2. Promove prácticas deportivas saudables e identifica as pautas hixiénicas máis axeitadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva.

• Deporte e saúde: concepto e relación con outros ámbitos deportivos.

• Beneficios da práctica físico-deportiva sobre o organismo: repercusións físicas, psicoemocionais e psicosociais.

• Riscos propios dunha práctica deportiva inadecuada: repercusións físicas, psicoemocionais e psicosociais.

• Contraindicacións xerais máis importantes á práctica de exercicio físico: contraindicacións absolutas e relativas; precaucións.

• Hixiene deportiva: pautas xerais, hábitos e coidados hixiénico-corporais; equipamento deportivo.

• Efectos do adestramento deportivo na saúde específica das deportistas: beneficios (incremento do capital óseo, etc.) e riscos dunha práctica inadecuada (triada, etc.).

• Hixiene postural na práctica de exercicios de acondicionamento físico: pautas básicas de corrección postural; exercicios desaconsellados.

• Hixiene postural na práctica de actividades cotiás.

• Quecemento e volta á calma na sesión deportiva.

• Alimentación e hidratación vinculadas ao exercicio (antes, durante e despois do exercicio físico).

• Hábitos insalubres contraproducentes para a práctica deportiva: alcohol, tabaco e outras drogas. Comida lixo. Trastornos alimentarios.

3. Valora a condición motriz xeral de homes e mulleres aplicando as técnicas e a metodoloxía de avaliación axeitada, distinguindo as capacidades físicas básicas.

• Capacidades motrices: xeneralidades.

• Capacidades coordinativas: xeneralidades.

• Capacidades condicionais: xeneralidades.

• Resistencia.

• Velocidade.

• Forza.

• ADM.

• Axilidade.

• Coordinación.

• Equilibrio.

• Control do adestramento: instrumentos e valoración das capacidades condicionais e as capacidades coordinativas.

4. Interpreta a programación e describe os principios e os elementos básicos do adestramento deportivo.

• Adestramento deportivo: concepto, obxectivos e características. Elementos configurativos.

• Carga de adestramento: conceptos, características, elementos básicos, medios e métodos de aplicación. Control e incremento da carga: volume, intensidade, recuperación e densidade.

• Principios básicos do adestramento deportivo.

• Leis básicas do adestramento deportivo: síndrome xeral de adaptación, sobrecompensación e recuperación.

• Factores de rendemento.

• Períodos e ciclos de adestramento.

• Programación do adestramento e a competición: obxectivos, contidos e periodización.

5. Desenvolve a condición motriz xeral de homes e mulleres, analizando os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades e os medios utilizados.

• Adestramento xeral e específico.

• Resistencia: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

• Velocidade: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

• Forza: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

• ADM: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

• Capacidades coordinativas: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

Módulo común de ensino deportivo: Deporte adaptado e discapacidade

Código: MED-C203

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Organiza sesións de iniciación deportiva, para o que analiza as necesidades das persoas con discapacidade.

a) Describíronse os principais tipos de discapacidade atendendo ao mecanismo funcional afectado e as súas consecuencias a nivel perceptivo-motor.

b) Recoñecéronse pautas de traballo específicas na iniciación deportiva segundo os tipos de discapacidade.

c) Aplicáronse procedementos básicos de recollida de información do comportamento motor da persoa con discapacidade (nomeadamente en relación ao transporte, o control de obxectos e as súas habilidades motrices básicas).

d) Determináronse medidas de seguridade específicas na iniciación deportiva segundo os tipos de discapacidade.

e) Determináronse as principais orientacións metodolóxicas para empregar segundo o tipo de discapacidade, nomeadamente en relación á comunicación e á participación na tarefa.

f) Argumentouse a importancia de identificar, previamente á práctica, as características propias e individuais dos/das practicantes con algunha discapacidade.

2. Aplica recursos que fomentan a participación de persoas con discapacidade en actividades físico-deportivas, para o que analiza as características da tarefa e identifica as limitacións para a práctica deportiva orixinadas polo contexto.

a) Valorouse a importancia de ampliar as oportunidades de participación das persoas con discapacidade nas tarefas, nos xogos e nos deportes.

b) Analizáronse as principais vías de incorporación á práctica deportiva de persoas con discapacidade.

c) Describíronse os mecanismos de adaptación de tarefas para as persoas con discapacidade que compensen os déficits que se presentan.

d) Aplicáronse procedementos de modificación das tarefas, xogos e deportes para favorecer a participación, a satisfacción e as posibilidades de éxito de persoas con discapacidade na práctica.

e) Valorouse a importancia do fomento da participación activa de persoas con discapacidade en situacións inclusivas de práctica.

f) Identificáronse as principais limitacións cara á práctica provocadas pola falta de accesibilidade nas instalacións e nos espazos deportivos.

g) Examináronse as limitacións orixinadas pola falta de acceso á información da oferta deportiva e a difusión da práctica.

h) Valorouse a importancia dunha actitude positiva cara á inclusión por parte de compañeiros/as, persoal técnico, as propias familias e as institucións cara á práctica deportiva de persoas con discapacidade.

i) Describíronse as posibilidades do material deportivo adaptado específico dos xogos e dos deportes adaptados.

j) Enunciáronse as posibilidades das axudas técnicas atendendo ao tipo de discapacidade e a práctica deportiva que realicen as persoas.

3. Organiza os/as deportistas con discapacidade interpretando as principais clasificacións funcionais do deporte adaptado e as características dos deportes adaptados.

a) Describíronse os conceptos de clasificación funcional deportiva e de discapacidade mínima.

b) Enunciáronse as clasificacións funcionais deportivas segundo o tipo de discapacidade.

c) Xustificouse a importancia das clasificacións funcionais para a homoxeneización dos procesos competitivos no deporte adaptado, e argumentáronse as diferenzas entre estas.

d) Aplicáronse criterios de adaptación da clasificación para fomentar a participación de mulleres con discapacidade, grandes discapacitados e, mesmo, persoas sen discapacidade.

e) Identificáronse os xogos e os deportes adaptados específicos para persoas con discapacidade, incluíndo as características dos que son específicos.

f) Recoñeceuse a importancia de experimentar algúns deportes adaptados practicados por persoas con discapacidade a través de situacións simuladas.

g) Seleccionouse o deporte adaptado máis axeitado atendendo ao tipo de mecanismo funcional afectado e a clasificación funcional deportiva.

h) Valorouse a importancia da participación de persoas con discapacidade no deporte como peza clave da súa integración social.

4. Orienta as persoas con discapacidade cara á práctica deportiva, recoñecendo a estrutura do deporte adaptado e as fontes de información dispoñibles.

a) Relacionouse a orixe do deporte para persoas con discapacidade coa estrutura actual do deporte adaptado.

b) Identificáronse os organismos reguladores do deporte adaptado a nivel internacional, estatal e autonómico.

c) Diferenciáronse as estruturas deportivas paralímpicas das que non o son.

d) Valorouse o papel das institucións (federacións deportivas, asociacións, clubs, etc.) na organización e no fomento da competición, a recreación e a práctica saudable.

e) Diferenciáronse as orixes da práctica deportiva dunha persoa con discapacidade (hospitalaria, asociativa, etc.) e as finalidades da práctica (rehabilitadora, terapéutica, recreativa, deportiva, etc.).

f) Describíronse os programas de deporte adaptado.

g) Describíronse os principais programas de difusión da práctica e desenvolvemento do deporte adaptado como exemplos de boa práctica.

h) Utilizáronse as fontes de información dispoñibles en deporte adaptado como recurso básico para orientar os/as deportistas con discapacidade.

i) Valorouse a importancia da promoción do deporte adaptado como xerador de valores persoais e sociais e vehículo de integración social.

Contidos básicos:

1. Organiza sesións de iniciación deportiva, para o que analiza as necesidades das persoas con discapacidade.

• Descrición das discapacidades: sensorial (visual e auditiva), intelectual (atraso mental e síndrome de Down), e discapacidade física (lesión medular, parálise cerebral e amputacións).

• Tipo de discapacidade e a súa relación co mecanismo perceptivo motor.

• Valoración inicial das características específicas das persoas con discapacidade.

• Utilización de ferramentas básicas para a recollida de información da competencia motriz en persoas con discapacidade.

• Aplicación das orientacións metodolóxicas oportunas en función do tipo de discapacidade.

• Aplicación de restricións e condicións básicas de seguridade na práctica deportiva segundo a discapacidade.

• Importancia das adaptacións metodolóxicas e seguridade na iniciación deportiva de persoas con discapacidade.

2. Aplica recursos que fomentan a participación de persoas con discapacidade en actividades físico-deportivas, para o que analiza as características da tarefa e identifica as limitacións para a práctica deportiva orixinadas polo contexto.

• Xustificación da práctica deportiva das persoas con discapacidade como factor clave do seu benestar e da súa calidade de vida.

• Vías de incorporación á práctica de persoas con discapacidade.

• Identificación das principais restricións na participación cara á práctica deportiva provocadas polo contexto.

• Identificación das actitudes no contorno das persoas con discapacidade.

• Barreiras arquitectónicas nas instalacións deportivas.

• Integración e inclusión a través dos xogos e os deportes.

• Identificación e utilización dos mecanismos de adaptación das tarefas, xogos e deportes.

• Aplicación do xogo e as súas diferentes orientacións como elemento de atención á diversidade.

• Características do material deportivo adaptado.

• Axudas técnicas para a práctica deportiva.

• Valoración do papel da integración e a inclusión das persoas con discapacidade en xogos e deportes.

• Experimentación de situacións de práctica inclusiva para o fomento da participación de persoas con discapacidade.

3. Organiza os/as deportistas con discapacidade interpretando as principais clasificacións funcionais do deporte adaptado e as características dos deportes adaptados.

• Tipo de deporte adaptado en función do mecanismo funcional afectado.

• Principais clasificacións funcionais deportivas segundo o tipo de discapacidade. Concepto de «mínima discapacidade».

• Clasificacións funcionais como proceso de homoxeneización para a participación.

• Análise da participación das persoas con discapacidade en función da afectación e do sexo, para unha participación igualitaria.

• Práctica deportiva con persoas con discapacidade en condicións de igualdade como factor de integración e participación.

• Características do deporte adaptado.

• Deportes adaptados específicos.

• Participación de persoas sen discapacidade na práctica de deportes adaptados («integración á inversa»).

• Participación e experimentación dos principais deportes adaptados.

4. Orienta as persoas con discapacidade cara á práctica deportiva, recoñecendo a estrutura do deporte adaptado e as fontes de información dispoñibles.

• Orixe e historia do deporte adaptado.

• Estrutura do deporte adaptado.

• O Comité Paralímpico Internacional e o Comité Paralímpico Español.

• Orixes e finalidades da práctica deportiva dunha persoa con discapacidade.

• Programas de difusión e desenvolvemento do deporte adaptado.

• Papel do tecido asociativo de persoas con discapacidade na difusión da práctica deportiva.

• Principais fontes de información sobre o deporte adaptado.

• Deporte adaptado como promotor de valores e vehículo de integración social.

Módulo común de ensino deportivo: Organización e lexislación deportiva

Código: MED-C204

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Interpreta a normativa de competición en relación coa organización deportiva nacional e a súa estrutura administrativa e o réxime disciplinario deportivo.

a) Describíronse os organismos deportivos de ámbito nacional máis importantes e as súas funcións.

b) Relacionouse a lexislación deportiva de ámbito nacional, coa súa estrutura administrativa.

c) Identificáronse as características do réxime disciplinario deportivo e as súas funcións.

d) Describiuse o réxime disciplinario deportivo aplicado á competición.

e) Expuxéronse as infraccións e sancións máis importantes relacionadas coa dopaxe, a violencia e a disciplina deportiva xeral.

f) Explicáronse os procedementos de comunicación das sancións deportivas.

g) Identificáronse as funcións dos órganos disciplinarios (clubs, federacións, Comité Español de Disciplina Deportiva, etc.).

h) Identificáronse os órganos responsables da aplicación da normativa sobre a dopaxe.

2. Selecciona e prepara recursos materiais e instalacións necesarias, analizando as súas condicións de seguridade, en relación coa normativa vixente.

a) Describíronse as características das instalacións deportivas, a súa funcionalidade e a súa relación cos aspectos de seguridade e de protección do ambiente.

b) Describíronse os criterios de seguridade que deben cumprir os equipamentos necesarios para a práctica deportiva.

c) Identificouse a normativa de aplicación en relación coa seguridade nas instalacións deportivas.

d) Analizouse o significado e o alcance dos tipos de sinalización de seguridade nunha instalación deportiva.

e) Analizáronse os requisitos básicos de seguridade que deben cumprir as instalacións e o equipamento deportivo para las persoas usuarias e para o persoal laboral, segundo a normativa vixente.

f) Analizáronse, nun suposto práctico, as características dos plans de emerxencia e evacuación dunha instalación deportiva.

g) Describíronse as medidas de protección contra actos antisociais e de violencia no deporte nunha instalación deportiva.

h) Valorouse a importancia de establecer os plans de emerxencia e evacuación nunha instalación deportiva.

3. Prepara o desprazamento da persoa ou do grupo de iniciación e tecnificación deportiva, aplicando os procedementos establecidos e a normativa vixente.

a) Interpretáronse e cubríronse a documentación e os permisos necesarios para a xestión da viaxe.

b) Identificouse a normativa referente aos seguros de accidente e actividade.

c) Comparáronse os tipos de seguros de accidente coas necesidades dun suposto de desprazamento.

d) Valorouse a responsabilidade do persoal técnico sobre o control do grupo nos desprazamentos.

e) Interpretouse a normativa referente á responsabilidade do persoal técnico no desprazamento dos grupos.

f) Deseñouse o plan de viaxe nun suposto práctico de desprazamento dun grupo de deportistas.

4. Dirixe e acompaña deportistas en competicións de nivel de iniciación e tecnificación deportiva, analizando as características de organización das competicións.

a) Cubriuse a documentación relativa á inscrición en competicións.

b) Valorouse a importancia da responsabilidade do persoal técnico durante a competición.

c) Identificáronse as fases na organización dunha competición de iniciación ou tecnificación deportiva.

d) Describíronse as funcións máis salientables na organización dunha competición deportiva.

e) Xustificouse a importancia da cobertura legal (licenza federativa e seguro deportivo do/da deportista durante a competición).

5. Realiza actividades de xestión dun club deportivo aplicando os procedementos axeitados para a súa constitución e posta en marcha.

a) Identificouse a normativa que regula a constitución e o funcionamento dun club deportivo en función do seu ámbito de actuación.

b) Identificáronse os trámites necesarios para a creación dun club deportivo en función do seu ámbito de actuación.

c) Analizáronse as posibles vías de financiamento económico existentes para a creación e a xestión dun club deportivo segundo as características deste.

d) Describíronse as características organizativas básicas dun club deportivo en relación co obxecto da súa actividade.

e) Valorouse a importancia do club deportivo como elemento favorecedor da práctica deportiva.

f) Identificáronse os elementos necesarios no establecemento de convenios coas administracións públicas, así como outras asociacións de carácter privado.

Contidos básicos:

1. Interpreta a normativa de competición en relación coa organización deportiva nacional e a súa estrutura administrativa e o réxime disciplinario deportivo.

• Lexislación deportiva estatal e normativa relacionada: obxecto, rango e ámbito de aplicación.

• O Consello Superior de Deportes: estrutura básica e funcións.

• Entidades deportivas españolas: Comité Olímpico Español e Comité Paralímpico Español. Estrutura básica e funcionamento.

• Entidades deportivas españolas: federacións españolas deportivas. Estrutura básica e funcionamento.

• Réxime disciplinario deportivo e procedementos sancionadores. Natureza e competencias dos órganos disciplinarios: Axencia Estatal Antidopaxe, Comité Español de Disciplina Deportiva e Comisión Nacional contra a Violencia nos Espectáculos Deportivos.

2. Selecciona e prepara recursos materiais e instalacións necesarias, analizando as súas condicións de seguridade, en relación coa normativa vixente.

• Instalacións deportivas: concepto e características funcionais.

• Medidas de protección do ambiente nas instalacións deportivas:

– Aforro e uso eficiente da auga e a enerxía.

– Afeccións no contorno físico. Redución de residuos, apoio á reciclaxe e reutilización.

• Normativa sobre seguridade nas instalacións deportivas. Medidas de protección para persoas usuarias e traballadores/as.

• Protección contra actos antisociais e violencia no deporte.

• Análise e aplicación dos plans de emerxencia e evacuación.

• Información sobre seguridade nas instalacións deportivas. Interpretación da sinalización de seguridade.

• Procedementos de revisión dos equipamentos deportivos.

3. Prepara o desprazamento da persoa ou do grupo de iniciación e tecnificación deportiva, aplicando os procedementos establecidos e a normativa vixente.

• Organización do desprazamento dos grupos deportivos: características, formalización e tipo de documentación e permisos de desprazamento dos/das deportistas. Normativa de aplicación.

• Elección dos seguros de accidentes e de actividade: tipos e características. Normativa de aplicación.

• Responsabilidade civil do persoal técnico deportivo: características e normativa vixente. Acompañamento ou tutela de menores durante o desprazamento.

• Asunción de normas e responsabilidades do persoal técnico deportivo nas viaxes dos grupos deportivos.

4. Dirixe e acompaña deportistas en competicións de nivel de iniciación e tecnificación deportiva, analizando as características de organización das competicións.

• Análise dos requisitos básicos para a participación en competicións de tecnificación deportiva:

– Proceso de inscrición: documentación e prazos.

– Tramitación e características da licenza federativa: autonómica e estatal.

– Tramitación do seguro obrigatorio deportivo.

• Análise das funcións e das responsabilidades do persoal técnico deportivo durante a competición.

• Organización e estrutura básica das competicións deportivas, as fases máis salientables. Funcións da organización.

5. Realiza actividades de xestión dun club deportivo aplicando os procedementos axeitados para a súa constitución e posta en marcha.

• Club deportivo: tipos, características e estrutura básica.

• Normativa de constitución e funcionamento dun club deportivo.

• Procedemento de constitución e inscrición dos clubs deportivos.

• Vías de financiamento dos clubs deportivos: ingresos propios, ingresos indirectos e subvencións de institucións públicas:

– Tipos e modalidades das axudas e subvencións aos clubs: procedemento de tramitación.

– Convenios de colaboración coa Administración: protocolos, cláusulas e anexos.

– Patrocinio deportivo: tipos e normativa relacionada.

Módulo común de ensino deportivo: Xénero e deporte

Código: MED-C205

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica a realidade do deporte feminino e analiza os elementos sociais que o caracterizan.

a) Identificouse a terminoloxía específica na temática de xénero.

b) Valorouse a importancia da autoavaliación permanente sobre os prexuízos e os estereotipos persoais en relación ao xénero.

c) Describíronse os prexuízos e os estereotipos persoais e sociais específicos en relación ao xénero e á práctica da actividade físico-deportiva.

d) Identificouse a evolución do deporte feminino e os aspectos que resultaron determinantes na devandita evolución.

e) Identificáronse e categorizáronse as diferenzas entre o deporte feminino e o masculino.

f) Describíronse os índices de práctica deportiva feminina en diferentes ámbitos (deporte escolar, deporte federado, etc.).

g) Describiuse e analizouse o abandono feminino e as súas causas.

h) Analizouse a situación das mulleres como persoal técnico, corpo arbitral e adestradoras, así como en diversos ámbitos da xestión deportiva.

2. Promove a incorporación da muller ao ámbito deportivo, para o que analiza as súas peculiaridades específicas e as do seu contexto, aplicando diferentes estratexias de intervención.

a) Describíronse os intereses e as motivacións particulares das mulleres ante a práctica deportiva.

b) Describíronse as principais barreiras que atopan as mulleres no desenvolvemento da práctica deportiva.

c) Valorouse a importancia de potenciar unha imaxe corporal saudable para o benestar da muller deportista.

d) Valorouse a importancia de considerar as características biolóxicas específicas da muller deportista como parte da súa vivencia persoal.

e) Valorouse a importancia de maximizar as oportunidades de participación das mulleres na actividade físico-deportiva.

f) Analizáronse as principais vías de incorporación das mulleres á práctica deportiva.

g) Valorouse a importancia de desenvolver prácticas inclusivas no fomento da participación activa das mulleres no deporte.

h) Aplicáronse estratexias metodolóxicas para favorecer a participación e as posibilidades de éxito das deportistas.

i) Valorouse a importancia dunha actitude positiva dos/das compañeiros/as, do persoal técnico, das familias e das institucións cara á práctica deportiva das mulleres.

j) Identificáronse os usos sexistas da linguaxe e as formas básicas para facer un uso deste que faga visible as mulleres deportistas.

3. Apoia a incorporación da muller ao deporte, e identifica o papel das institucións e as liñas de apoio ao deporte feminino.

a) Identificáronse as institucións e os organismos vinculados co deporte feminino a nivel estatal, autonómico e local.

b) Valorouse a importancia da coordinación e colaboración interinstitucional no fomento de hábitos de práctica físico-deportiva nas mulleres.

c) Valorouse o papel das institucións (federacións deportivas, asociacións, clubs, etc.) na organización e no fomento da competición, a recreación e a práctica da actividade física saudable das mulleres.

d) Describíronse as principais características dos programas de promoción da práctica físico-deportiva nas mulleres.

e) Valoráronse os principais programas de promoción e desenvolvemento da práctica deportiva feminina como exemplos de boas prácticas.

f) Valorouse a importancia da promoción do deporte feminino como xerador de valores persoais, sociais e como vehículo de integración social.

Contidos básicos:

1. Identifica a realidade do deporte feminino e analiza os elementos sociais que o caracterizan.

• Terminoloxía específica: sexo e xénero; prexuízo e estereotipo de xénero; igualdade de acceso e igualdade de oportunidades; modelos androcéntricos e expectativas sociais.

• Prexuízos e estereotipos persoais e sociais en relación ao xénero e á práctica de actividade físico-deportiva.

• Evolución da práctica de actividade físico-deportiva das mulleres e os seus factores determinantes.

• Modalidades deportivas con características diferenciais entre homes e mulleres.

• Índices de práctica físico-deportiva feminina en diferentes ámbitos (escolar, federado, universitario e recreativo).

• Índices de abandono en diferentes ámbitos (escolar, federado, universitario e recreativo).

• Causas do abandono da práctica físico-deportiva feminina.

• As mulleres como persoal técnico, adestradoras, corpo arbitral e xestoras deportivas.

2. Promove a incorporación da muller ao ámbito deportivo, para o que analiza as súas peculiaridades específicas e as do seu contexto, aplicando diferentes estratexias de intervención.

• Intereses e motivacións específicas da muller ante a práctica físico-deportiva.

• Barreiras para o desenvolvemento da práctica deportiva.

• Imaxe non sexista na muller deportista:

– Trazos característicos dunha imaxe corporal positiva non sexista e imaxe corporal negativa non sexista.

– Estratexias para fomentar unha imaxe corporal positiva non sexista na muller deportista.

• Influencia das características biolóxicas femininas no desenvolvemento psicosocial da deportista (menarquia, amenorrea, ciclo menstrual e temporalidade da madureza física).

• Estratexias de intervención para a plena incorporación das mulleres á práctica físico-deportiva: oportunidades e vías de participación; prácticas inclusivas; estratexias metodolóxicas; fomento de actitudes positivas en diferentes axentes sociais (compañeiros/as, persoal técnico, as propias familias, etc.).

• Linguaxe: uso non sexista da linguaxe e linguaxe inclusiva. Estratexias básicas.

3. Apoia a incorporación da muller ao deporte, e identifica o papel das institucións e as liñas de apoio ao deporte feminino.

• Órganos responsables do deporte feminino dentro das institucións e os organismos de ámbito estatal, autonómico e local.

• Coordinación e colaboración institucional no fomento de hábitos de práctica físico-deportiva nas mulleres.

• Programas de promoción e desenvolvemento do deporte feminino: características principais. Exemplos de boas prácticas.

• Actividade físico-deportiva como xeradora de valores persoais e sociais na poboación feminina.

Módulo específico de ensino deportivo: Escola de salvamento e socorrismo

Código: MED-SSSS201

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Elabora programas de iniciación á modalidade que concreten os contidos e as adaptacións nos grupos de idades, e coordina o seu desenvolvemento e a súa aplicación con outro persoal técnico.

a) Elaborouse un programa de ensino de salvamento e socorrismo e propuxéronse adaptacións dos obxectivos e dos contidos ás características dos grupos de iniciación.

b) Determináronse as adaptacións dos contidos, medios e métodos de ensino de salvamento e socorrismo.

c) Definíronse os recursos didácticos necesarios nun programa de iniciación ao salvamento e socorrismo.

d) Elaboráronse secuencias de aprendizaxe dos modelos técnicos do programa de iniciación ao salvamento e socorrismo.

e) Analizáronse secuencias de aprendizaxe das técnicas que constitúen o programa de iniciación ao salvamento e socorrismo.

f) Definíronse as diferenzas na execución dos modelos técnicos do programa de iniciación ao salvamento e socorrismo.

g) Definíronse os parámetros que se deben ter en conta na avaliación da posta en práctica e a calidade do programa de iniciación ao salvamento e socorrismo.

h) Asumiuse a importancia de realizar unha programación detallada como elemento de calidade na execución do programa.

i) Xustificouse a necesidade de secuenciar e temporizar adecuadamente a aprendizaxe da iniciación ao salvamento e socorrismo, con adaptación ás características dos grupos de iniciación.

2. Colabora no proceso de detección e selección de talentos deportivos en salvamento e socorrismo, analizando as características dos sistemas e dos programas de detección e selección, e aplicando técnicas específicas.

a) Identificáronse as características técnicas, tácticas, físicas e psicolóxicas que describen o talento deportivo en salvamento e socorrismo.

b) Describíronse os criterios utilizados na detección e na selección de talentos en salvamento e socorrismo.

c) Describíronse os principios dos programas de detección e selección de talentos deportivos en salvamento e socorrismo.

d) Describíronse as funcións e o protocolo de actuación do persoal técnico deportivo de salvamento e socorrismo nos programas de detección e selección de talentos de salvamento e socorrismo.

e) Analizáronse os recursos materiais e humanos, que se necesitan nun suposto práctico de programa de detección e selección de talentos en salvamento e socorrismo.

f) Valorouse a importancia dunha detección precoz do talento deportivo na consecución do alto rendemento.

g) Xustificouse a necesidade de respectar o desenvolvemento do individuo no proceso de detección e selección de talentos deportivos en salvamento e socorrismo.

3. Coordina a actividade doutro persoal técnico deportivo na iniciación ao salvamento e socorrismo, para o que analiza as funcións do persoal técnico nos cursos e nos eventos de iniciación, discriminando a estrutura dunha escola de salvamento e socorrismo.

a) Describíronse a estrutura, os compoñentes e os obxectivos dunha escola de salvamento e socorrismo.

b) Identificáronse as funcións de coordinación ou dirección de cursos, eventos e competicións de salvamento e socorrismo que realiza o persoal técnico deportivo.

c) Concretáronse os procedementos de coordinación e comunicación co persoal técnico responsable da iniciación e a tecnificación no salvamento e socorrismo.

d) Describíronse as tarefas que debe realizar o persoal técnico en cursos, eventos e competicións de salvamento e socorrismo.

e) Identificáronse os criterios de distribución de tarefas entre o equipo de persoal técnico en distintas modalidades de cursos, eventos e competicións de salvamento e socorrismo.

f) Describíronse procedementos de comunicación dos cambios, necesidades ou continxencias entre o equipo de persoal técnico.

g) Describíronse os criterios que sobre os recursos materiais, humanos e técnicos, determinan a calidade dunha escola de salvamento e socorrismo.

h) Interiorizouse a necesidade de coordinación dos equipos técnicos como medio eficaz e eficiente na posta en práctica das actividades e eventos de iniciación ao salvamento e socorrismo.

4. Organiza sesións de iniciación ao salvamento e socorrismo analizando as necesidades específicas das persoas con discapacidade.

a) Describíronse as necesidades propias de cada discapacidade atendendo ao mecanismo funcional afectado e as súas consecuencias a nivel perceptivo motor na práctica de salvamento e socorrismo adaptado.

b) Describíronse as pautas de traballo específicas na iniciación ao salvamento e socorrismo adaptado segundo diferentes tipos de discapacidade.

c) Aplicáronse procedementos específicos de recollida de información do comportamento motor da persoa con discapacidade, nomeadamente en relación a transporte, autonomía no ambiente, e técnicas específicas de salvamento e socorrismo e as súas habilidades motrices específicas na práctica de salvamento e socorrismo adaptado.

d) Determináronse medidas de seguridade específicas na iniciación ao salvamento e socorrismo, segundo diferentes tipos de discapacidade.

e) Aplicáronse as adaptacións metodolóxicas específicas para empregar segundo o tipo de discapacidade na sesión de salvamento e socorrismo adaptado.

f) Valorouse a importancia da adaptación da sesión como xeradora de valores persoais e sociais, e como vehículo de integración.

5. Aplica recursos que fomentan a participación de persoas con discapacidade en salvamento e socorrismo, para o que analiza as características da tarefa e os materiais, e identifica as limitacións para a práctica de salvamento e socorrismo orixinada polo contexto.

a) Analizáronse as principais vías de incorporación á práctica de salvamento e socorrismo de persoas con discapacidade.

b) Describíronse os mecanismos de adaptación de tarefas na práctica de salvamento e socorrismo dirixida a persoas con discapacidade que compensan os déficit que se presentan.

c) Aplicáronse procedementos de modificación das tarefas, xogos e actividades que favorecen a participación, a satisfacción e as posibilidades de éxito de persoas con discapacidade na práctica de salvamento e socorrismo.

d) Valorouse a importancia do fomento da participación activa de persoas con discapacidade en situacións inclusivas de práctica de salvamento e socorrismo.

e) Identificáronse as principais limitacións cara á práctica de salvamento e socorrismo provocada pola falta de accesibilidade nos espazos acuáticos naturais.

f) Valorouse a importancia dunha actitude positiva cara á inclusión por parte de compañeiros/as, persoal técnico, as propias familias e as institucións na práctica de salvamento e socorrismo das persoas con discapacidade.

g) Enunciáronse as posibilidades das axudas técnicas específicas atendendo ao tipo de discapacidade e ás características da actividade que realicen os suxeitos.

h) Realizouse, nun suposto práctico, a adaptación do material tendo en conta as características específicas.

i) Valorouse a importancia de fomentar a participación de persoas con discapacidade en salvamento e socorrismo como elemento da súa integración social.

Contidos básicos:

1. Elabora programas de iniciación á modalidade que concreten os contidos e as adaptacións nos grupos de idades, e coordina o seu desenvolvemento e a súa aplicación con outro persoal técnico.

• Metodoloxía das actividades de iniciación ao salvamento e socorrismo.

• Progresións técnicas de iniciación ao salvamento e socorrismo.

• Secuencia das actividades: criterios para a secuencia e a adaptación.

• Temporización de actividades de iniciación ao salvamento e socorrismo.

• Recursos didácticos para a iniciación ao salvamento e socorrismo.

• Valoración de programas de iniciación ao salvamento e socorrismo.

2. Colabora no proceso de detección e selección de talentos deportivos en salvamento e socorrismo, analizando as características dos sistemas e dos programas de detección e selección, e aplicando técnicas específicas.

• Talento deportivo en salvamento e socorrismo: características.

• Criterios para a selección e detección de talentos.

• Programas de detección de talentos: principios, recursos humanos e materiais.

• Persoal técnico deportivo na detección de talentos: funcións.

• Detección precoz do talento deportivo: importancia no alto rendemento.

3. Coordina a actividade doutro persoal técnico deportivo na iniciación ao salvamento e socorrismo, para o que analiza as funcións do persoal técnico nos cursos e nos eventos de iniciación, discriminando a estrutura dunha escola de salvamento e socorrismo.

• Escola de salvamento e socorrismo: estrutura, compoñentes e obxectivos.

• Coordinador/a: funcións.

• Equipo técnico: funcións, comunicación e coordinación.

• Distribución de tarefas: cursos, eventos e competicións.

• Interlocución entre a escola e a federación.

• Recursos humanos, materiais e técnicos dunha escola de salvamento e socorrismo.

• Importancia da coordinación dos recursos nunha escola de salvamento e socorrismo.

4. Organiza sesións de iniciación ao salvamento e socorrismo analizando as necesidades específicas das persoas con discapacidade.

• Descrición das necesidades propias de cada discapacidade para a práctica de salvamento e socorrismo.

• Características específicas.

• Contraindicacións e precaucións a ter en conta:

– Tipo de discapacidade e a súa relación co mecanismo perceptivo motor: dificultades para a práctica do salvamento e socorrismo.

– Valoración inicial das características específicas das persoas con discapacidade para a práctica de salvamento e socorrismo.

– Uso de ferramentas básicas para a recollida de información da competencia motriz en persoas con discapacidade aplicables á práctica de salvamento e socorrismo.

– Adaptacións metodolóxicas na sesión de salvamento e socorrismo en función do tipo de discapacidade.

– Aplicación de restricións e condicións básicas de seguridade na práctica de salvamento e socorrismo segundo a discapacidade.

– Importancia das adaptacións metodolóxicas e a seguridade na iniciación ao salvamento e socorrismo.

5. Aplica recursos que fomentan a participación de persoas con discapacidade en salvamento e socorrismo, para o que analiza as características da tarefa e os materiais, e identifica as limitacións para a práctica de salvamento e socorrismo orixinada polo contexto.

• Xustificación da práctica de salvamento e socorrismo por persoas con discapacidade como factor clave do seu benestar e da súa calidade de vida.

• Vías específicas de incorporación á práctica de salvamento e socorrismo de persoas con discapacidade.

• Integración e inclusión a través de xogos, tarefas e actividades de salvamento e socorrismo.

• Identificación e uso dos mecanismos de adaptación das tarefas, xogos e actividades de salvamento e socorrismo ao tipo de discapacidade.

• Limitacións provocadas pola accesibilidade das instalacións e dos espazos acuáticos naturais.

• Experimentación de situacións de práctica inclusiva para o fomento da participación de persoas con discapacidade nas actividades espeleolóxicas.

• Axudas técnicas para a práctica de salvamento e socorrismo.

• Valoración do papel da integración e a inclusión das persoas con discapacidade en xogos e actividades espeleolóxicas.

Módulo específico de ensino deportivo: Preparación física do/da socorrista

Código: MED-SSSS202

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Valora a condición física do/da socorrista, identificando as capacidades das que depende o seu rendemento, tanto en adestramento como en competición, aplicando probas e test de campo e analizando os seus resultados.

a) Identificáronse as capacidades condicionais das que depende a condición física específica do/da socorrista.

b) Describíronse as características das capacidades condicionais das que depende a condición física específica do/da socorrista.

c) Describíronse as características dos test e das probas específicas de valoración das capacidades condicionais das que depende a condición física específica do/da socorrista.

d) Aplicáronse test ou probas específicas de valoración das capacidades condicionais das que depende a condición física específica do/da socorrista.

e) Describíronse as normas de seguridade que se deben cumprir durante a realización de tests ou probas específicas de valoración das capacidades condicionais das que depende a condición física específica do/da socorrista.

f) Recoñecéronse signos indicadores de risco antes e durante a execución das probas ou os test específicos de valoración das capacidades condicionais das que depende a condición física específica do/da socorrista.

g) Valoráronse os cambios observados nas medicións, nun suposto práctico de secuencia de medición da condición física específica dun/dunha socorrista, e xustificáronse as posibles relacións causa-efecto.

h) Elaboráronse instrumentos de recollida da información sobre a condición física específica do/da socorrista durante o adestramento e a competición.

i) Describíronse os conceptos estatísticos básicos necesarios no tratamento da información obtida na valoración da condición física.

j) Aplicáronse as técnicas de tratamento e procesamento estatístico básico da información obtida.

k) Seleccionáronse as técnicas de tratamento estatístico adecuadas para o tipo de información obtida e para a finalidade da valoración.

l) Interiorizouse a necesidade de transmitir a información sobre a valoración dos/das socorristas de xeito eficaz e discreto, e reforzando a súa autoestima.

2. Adapta e concreta ciclos e sesións de adestramento da condición física do/da socorrista, analizando a programación de referencia, a metodoloxía e os medios específicos de preparación, e aplicando procedementos.

a) Describíronse os obxectivos de desenvolvemento da condición física do/da socorrista nas programacións de referencia da etapa de tecnificación deportiva.

b) Identificáronse as funcións dos instrumentos e dos medios de control da condición física dentro da programación de referencia.

c) Relacionáronse os medios específicos de mellora da condición física do/da socorrista cos obxectivos da programación de referencia.

d) Explicáronse as características dos métodos específicos de desenvolvemento das capacidades condicionais das que depende a condición física específica do/da socorrista.

e) Seleccionáronse os sistemas de cuantificación da carga de traballo nos métodos específicos.

f) Definíronse os factores que modifican a carga nos métodos específicos de desenvolvemento da condición física do/da socorrista.

g) Seleccionáronse as características específicas dunha sesión de desenvolvemento da condición física do/da socorrista.

h) Identificáronse os tipos de actividades de salvamento e socorrismo e a súa relación coas capacidades condicionais do/da socorrista.

i) Definíronse os exercicios cos parámetros de carga adaptados ás necesidades dun/dunha socorrista.

j) Analizáronse as características específicas dos ciclos de preparación física dun/dunha socorrista, en función da súa situación dentro da programación de referencia e os obxectivos desta.

k) Elaborouse un ciclo de preparación física completa, a partir dunha programación de referencia, que concrete obxectivos, medios, métodos, instrumentos de control e dinámica da carga.

l) Relacionouse a evolución dun/dunha socorrista cos obxectivos previamente establecidos, e verificouse que o programa de adestramento se axusta a estes.

m) Asumiuse a programación como factor de eficacia e calidade na planificación do adestramento básico do/da socorrista.

3. Dirixe sesións de desenvolvemento da condición física do/da socorrista aplicando técnicas de dirección, seguindo unha programación de referencia e aplicando técnicas de autoavaliación.

a) Analizáronse as técnicas específicas de organización das sesións de desenvolvemento da condición física do/da socorrista, con especial atención á disposición en función do material, a optimización do espazo e do material e o mantemento do nivel de práctica programado.

b) Describíronse as características que debe cumprir a información ao/á socorrista, cando se utilizan métodos de desenvolvemento da condición física.

c) Dirixiuse unha sesión simulada de desenvolvemento da condición física do/da socorrista, de acordo co previsto na programación.

d) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións de desenvolvemento da condición física do/da socorrista, en relación coas causas e as posibles medidas para a súa solución.

e) Analizáronse as actitudes e as accións de motivación máis axeitadas nas sesións de desenvolvemento da condición física do/da socorrista.

f) Identificáronse os criterios de calidade na organización e na dirección de sesións de desenvolvemento da condición física do/da socorrista.

g) Adaptáronse instrumentos de recollida de información sobre o desempeño persoal do persoal técnico deportivo durante a dirección de sesións de desenvolvemento da condición física do/da socorrista.

h) Analizouse o comportamento do persoal técnico deportivo na dirección de sesións de preparación física do/da socorrista, utilizando medios de rexistro da información e identificando os erros, e propuxéronse alternativas.

i) Valorouse a importancia de crear un clima motivador e de participación durante a dirección das sesións.

4. Promove prácticas deportivas saudables, para o que analiza os xestos deportivos predominantes e identifica as pautas hixiénicas máis axeitadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva, para a prevención de lesións e patoloxías propias de salvamento e socorrismo.

a) Interpretáronse as bases biomecánicas da análise dos xestos predominantes na práctica deportiva de salvamento e socorrismo.

b) Analizáronse as consecuencias negativas (lesións e doenzas) que pode levar consigo unha práctica inadecuada de salvamento e socorrismo durante a etapa de iniciación e tecnificación.

c) Identificáronse as contraindicacións (patolóxicas) xerais máis importantes propias do adestramento en salvamento e socorrismo, durante a etapa de iniciación e tecnificación.

d) Aplicáronse actividades de quecemento e arrefriamento específicos de salvamento e socorrismo.

e) Describíronse os hábitos posturais axeitados durante a práctica do deporte de salvamento e socorrismo.

f) Valorouse a importancia de prever as consecuencias negativas dunha mala práctica deportiva de salvamento e socorrismo.

g) Analizáronse as características das rutinas e dos programas de preparación física, para a prevención das lesións máis comúns durante a etapa de iniciación e tecnificación en salvamento e socorrismo.

Contidos básicos:

1. Valora a condición física do/da socorrista, identificando as capacidades das que depende o seu rendemento, tanto en adestramento como en competición, aplicando probas e test de campo e analizando os seus resultados.

• Factores condicionais que inciden na forma física e deportiva do/da socorrista: características.

• Instrumentos de recollida de información (probas de nivel, test, cuestionarios e observación): características e aplicación.

• Normas de seguridade e prevención de riscos na elaboración e na aplicación de tests.

• Interpretación de resultados.

• Estatística básica: conceptos estatísticos; análise e interpretación de datos.

• Evolución da forma deportiva.

• Información ao/á deportista.

2. Adapta e concreta ciclos e sesións de adestramento da condición física do/da socorrista, analizando a programación de referencia, a metodoloxía e os medios específicos de preparación, e aplicando procedementos.

• Obxectivos do desenvolvemento da condición física do/da socorrista.

• Medios específicos de adestramento da condición física en salvamento e socorrismo.

• Métodos específicos do adestramento da condición física en salvamento e socorrismo.

• Periodización da preparación física do/da socorrista. Ciclos de preparación física en salvamento e socorrismo: características; elaboración a partir dunha programación de referencia.

• Sesión de adestramento.

• Carga de traballo no adestramento en salvamento e socorrismo:

– Cuantificación.

– Factores que a modifican.

– Adaptacións ao salvamento e socorrismo.

– Parámetros de carga dos diferentes exercicios.

– Adaptacións ao/á socorrista.

3. Dirixe sesións de desenvolvemento da condición física do/da socorrista aplicando técnicas de dirección, seguindo unha programación de referencia e aplicando técnicas de autoavaliación.

• Técnicas de organización de sesións de preparación física.

• Información ao/á socorrista no desenvolvemento da sesión.

• Actitudes e accións motivadoras na sesión de adestramento en salvamento e socorrismo.

• Criterios de calidade na organización e na dirección de sesións de preparación física en salvamento e socorrismo.

• Papel do persoal técnico no desenvolvemento da sesión de condición física: autoavaliación.

4. Promove prácticas deportivas saudables, para o que analiza os xestos deportivos predominantes e identifica as pautas hixiénicas máis axeitadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva, para a prevención de lesións e patoloxías propias de salvamento e socorrismo.

• Xesto técnico deportivo: bases biomecánicas.

• Lesións debidas á mala práctica de salvamento e socorrismo nestes niveis.

• Adestramento na etapa de tecnificación en salvamento e socorrismo: contraindicacións e beneficios.

• Medidas preventivas do/da socorrista durante a práctica deportiva de salvamento e socorrismo.

• Actividades de quecemento e arrefriamento específicos de salvamento e socorrismo.

• Hábitos posturais axeitados durante a práctica de salvamento e socorrismo.

• Análise e valoración das rutinas e dos programas de preparación física para a prevención de lesións.

Módulo específico de ensino deportivo: Perfeccionamento técnico en salvamento e socorrismo

Código: MED-SSSS203

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Valora o rendemento do/da socorrista no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, para o que analiza os modelos técnicos e as situacións tácticas, elabora secuencias de aprendizaxe e relaciona os erros de execución coas súas causas.

a) Explicáronse os factores técnicos e tácticos dos que depende o rendemento deportivo do/da socorrista na modalidade de salvamento e socorrismo durante a etapa de tecnificación deportiva.

b) Analizáronse os modelos técnicos do/da socorrista, propios da modalidade de salvamento e socorrismo durante esta etapa.

c) Identificáronse os elementos que definen a complexidade dos modelos técnicos propios desta etapa na modalidade de salvamento e socorrismo.

d) Identificáronse os elementos que definen a complexidade dos esquemas tácticos utilizados nas competicións desta etapa.

e) Elaboráronse secuencias de tarefas de perfeccionamento técnico, de acordo cos modelos técnicos e as situacións tácticas en salvamento e socorrismo.

f) Empregáronse instrumentos de representación gráfica das secuencias de aprendizaxe.

g) Describíronse os criterios de análise do comportamento técnico-táctico do/da socorrista no adestramento e na competición da modalidade de salvamento e socorrismo.

h) Elaboráronse instrumentos de recollida de información sobre o comportamento técnico-táctico do/da socorrista durante o adestramento e a competición na modalidade de salvamento e socorrismo.

i) Preparáronse e aplicáronse medios audiovisuais básicos para a recollida de datos e a análise do comportamento técnico-táctico do/da socorrista durante o adestramento e a competición na modalidade de salvamento e socorrismo.

j) Describíronse os erros tipo no comportamento técnico-táctico e durante o adestramento e a competición na modalidade de salvamento e socorrismo.

k) Relacionáronse os erros no comportamento técnico-táctico do/da socorrista durante o adestramento e a competición na modalidade de salvamento e socorrismo, coas posibles causas e as tarefas para as solucionar.

l) Analizouse a execución do/da socorrista durante o adestramento e a competición, e identificáronse as características técnicas/tácticas desta.

m) Xustificouse a importancia da valoración e a análise do comportamento técnico-táctico do/da socorrista, dentro das funcións do persoal técnico deportivo.

2. Adapta e concreta os ciclos e as sesións de adestramento do/da socorrista, analizando as programacións de referencia, a metodoloxía e os medios específicos de preparación, aplicando procedementos.

a) Describíronse os obxectivos técnicos e tácticos do/da socorrista nas programacións de referencia da etapa de tecnificación deportiva.

b) Identificáronse os tipos de competicións, as súas funcións e as súas características.

c) Analizouse un suposto de calendario de competicións e clasificáronse estas de acordo coa súa función dentro do programa de adestramento de referencia.

d) Analizáronse os criterios de selección das competicións en función dos obxectivos, o momento da tempada e as características da competición.

e) Identificáronse as funcións dos instrumentos e dos medios de control do rendemento dentro da programación de referencia.

f) Seleccionáronse as características específicas de cada fase ou ciclo de preparación dun/dunha socorrista, en función da súa situación dentro da programación de referencia e os obxectivos desta.

g) Explicáronse as características dos métodos específicos de perfeccionamento técnico-táctico do/da socorrista.

h) Seleccionáronse os sistemas de cuantificación da carga de traballo nos métodos específicos.

i) Relacionáronse os medios específicos de adestramento técnico-táctico do/da socorrista cos obxectivos da programación de referencia.

j) Seleccionáronse as características específicas dunha sesión de adestramento do/da socorrista.

k) Analizáronse os criterios de combinación do traballo técnico-táctico e físico do/da socorrista, concretando unha sesión da modalidade de salvamento e socorrismo.

l) Elaborouse un ciclo ou unha etapa de preparación completa a partir dunha programación de referencia, que concrete obxectivos, medios, métodos, instrumentos de control e dinámica da carga.

m) Valorouse a importancia da programación anticipada e a revisión continua do traballo realizado como factores de mellora da calidade dos programas de adestramento do/da socorrista.

3. Dirixe sesións de adestramento do/da socorrista, demostrando as técnicas propias deste nivel, para o que analiza e aplica as técnicas de dirección, de organización e de autoavaliación.

a) Identificáronse as situacións de aprendizaxe na modalidade de salvamento e socorrismo que fan necesaria a demostración da tarefa por parte do persoal técnico deportivo.

b) Demostráronse as técnicas da modalidade de salvamento e socorrismo propias do nivel de tecnificación, sinalando os aspectos máis importantes para a súa aprendizaxe.

c) Analizáronse as técnicas específicas de organización das sesións de preparación técnica do/da socorrista, con especial atención á disposición en función do material, ao óptimo aproveitamento do espazo e do material, e ao mantemento do nivel de práctica programado.

d) Dirixiuse unha sesión simulada de preparación técnica do/da socorrista, de acordo co previsto na programación.

e) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións de preparación técnica, en relación coas causas e as medidas posibles para a súa solución.

f) Analizáronse as adaptacións específicas dos recursos didácticos facilitadores da aprendizaxe a través da motivación, a concentración e o control de pensamento e de emocións, en salvamento e socorrismo.

g) Identificáronse os criterios de calidade na organización e na dirección de sesións de preparación técnica do/da socorrista.

h) Adaptáronse instrumentos de recollida de información sobre o desempeño persoal do persoal técnico deportivo durante a dirección de sesións de preparación técnica do/da socorrista.

i) Analizouse o comportamento do persoal técnico deportivo na dirección de sesións de preparación técnica do/da socorrista, utilizando diferentes medios de rexistro da información, identificáronse os erros e propuxéronse alternativas.

j) Analizáronse as actitudes e as accións de motivación máis axeitadas nas sesións de preparación técnica do/da socorrista.

4. Dirixe o/a socorrista en competicións de tecnificación, para o que analiza os factores que condicionan o rendemento e selecciona as estratexias de intervención durante a competición.

a) Describíronse as funcións do persoal técnico deportivo nas competicións de tecnificación deportiva da modalidade de salvamento e socorrismo.

b) Analizouse o regulamento de competición da modalidade de salvamento e socorrismo identificando as limitacións técnico-tácticas deste.

c) Describíronse as características e as exixencias básicas das competicións da modalidade de salvamento e socorrismo neste nivel.

d) Analizáronse os criterios de análise das competicións de salvamento e socorrismo no nivel de tecnificación deportiva.

e) Analizouse un suposto de competición, identificando as demandas técnicas, tácticas, físicas e psicolóxicas para o/a socorrista.

f) Describíronse os criterios de selección e formación de socorristas e equipos, e a realización de substitucións e cambios nas competicións da modalidade de salvamento e socorrismo.

g) Definíronse os modelos tácticos posibles en función das características da competición e das condicións do espazo acuático natural na modalidade de salvamento e socorrismo.

h) Relacionáronse as recomendacións técnicas ao/á socorrista coas características da competición de salvamento e socorrismo e condicións do espazo acuático natural.

i) Examináronse as características dos materiais específicos que utiliza o/a socorrista nas competicións da modalidade de salvamento e socorrismo.

j) Seleccionáronse e concretáronse as adaptacións dos materiais persoais e colectivos ás condicións dun suposto de competición.

k) Valorouse a importancia das recomendacións técnico-tácticas ao/á socorrista e as adaptacións do material na competición de salvamento e socorrismo.

Contidos básicos:

1. Valora o rendemento do/da socorrista no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, para o que analiza os modelos técnicos e as situacións tácticas, elabora secuencias de aprendizaxe e relaciona os erros de execución coas súas causas.

• Técnica e táctica: influencia no rendemento deportivo do/da socorrista.

• Estándares técnicos no salvamento e socorrismo: técnica de nado, de nado adaptada, de mergullo, de paso de obstáculos, de remolque, de carreira, de táboa, de ski e de control do material.

• Análise e secuenciación dos estándares técnicos.

• Instrumentos de representación gráfica.

• Elaboración de instrumentos de recollida de información sobre o comportamento técnico-táctico do/da socorrista.

• Análise da execución técnica: características; criterios.

• Erros tipo na execución técnico-táctica: identificación, causas e solucións.

• Importancia na valoración da análise técnico-táctico do/da socorrista.

2. Adapta e concreta os ciclos e as sesións de adestramento do/da socorrista, analizando as programacións de referencia, a metodoloxía e os medios específicos de preparación, aplicando procedementos.

• Programación do/da socorrista: definición e tipos.

• Obxectivos: xerais, motores, afectivos, deportivos e cognitivos.

• Temporización das actividades e competicións nun programa de adestramento de referencia.

• Competicións: tipos, características e funcións.

• Instrumentos e medios de control do rendemento deportivo: tipos e funcións.

• Carga: parámetros, dinámica e cuantificación das cargas.

• Periodización do adestramento: ciclos. Sesión de perfeccionamento técnico en salvamento e socorrismo: partes e obxectivos.

• Criterios de combinación do traballo técnico-táctico e preparación física:

– Métodos e medios de adestramento técnico-táctico de salvamento e socorrismo.

– Valoración da programación anticipada e revisión continua.

3. Dirixe sesións de adestramento do/da socorrista, demostrando as técnicas propias deste nivel, para o que analiza e aplica as técnicas de dirección, de organización e de autoavaliación.

• Demostración técnica: importancia para a aprendizaxe.

• Dirección de sesións de perfeccionamento técnico: organización e distribución do material e do espazo; desenvolvemento.

• Motivación, concentración, adaptacións específicas e recursos didácticos como medios facilitadores do perfeccionamento técnico.

• Desenvolvemento da sesión.

• Incidencias máis habituais: causas e solucións.

• Criterios de calidade na organización e na dirección de sesións.

• Autoavaliación do persoal técnico na posta en marcha da sesión de perfeccionamento.

• Criterios de autoavaliación do desempeño persoal do persoal técnico.

• Elaboración de instrumentos de recollida de información.

• Identificación de erros e medidas correctoras.

4. Dirixe o/a socorrista en competicións de tecnificación, para o que analiza os factores que condicionan o rendemento e selecciona as estratexias de intervención durante a competición.

• Funcións do persoal técnico nas competicións de tecnificación deportiva de salvamento e socorrismo.

• Regulamento de competición: limitacións técnico-tácticas.

• Competicións: características e exixencias básicas de cada categoría.

• Demandas técnico-tácticas, físicas e psicolóxicas das competicións de tecnificación de salvamento e socorrismo.

• Criterios de selección de socorristas, substitucións e cambios nas competicións de salvamento e socorrismo.

• Adaptación dos modelos técnicos e tácticos ás condicións do espazo acuático natural e da competición.

• Adaptación do equipo persoal ás condicións do espazo acuático natural e da competición.

• Coidados ao/á deportista antes, durante e despois da competición.

Módulo específico de ensino deportivo: Organización de eventos de tecnificación en salvamento e socorrismo

Código: MED-SSSS204

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Concreta a temporización dos eventos de salvamento e socorrismo para o que analiza as características das asociacións e dos clubs de salvamento e socorrismo, e a súa programación.

a) Identificáronse as características do programa de actividades dun club de salvamento e socorrismo.

b) Aplicáronse criterios técnicos e organizativos na análise do calendario de competicións das federacións autonómicas e da Federación Española de Salvamento e Socorrismo, así como na identificación e na distribución do momento máis axeitado para a organización dos eventos de promoción e iniciación de salvamento e socorrismo.

c) Describíronse os requisitos dos clubs de salvamento e socorrismo para a súa vinculación á federación autonómica e española correspondente.

d) Explicouse a organización básica que necesita un club para o desenvolvemento das actividades en salvamento e socorrismo.

e) Analizáronse os medios básicos dos que debe dispoñer un club de salvamento e socorrismo para o desenvolvemento dun evento de salvamento e socorrismo.

f) Analizáronse os instrumentos de promoción do salvamento e socorrismo que poden utilizar os clubs deportivos da modalidade.

g) Analizáronse os efectos da organización de eventos na promoción de salvamento e socorrismo.

h) Identificáronse os beneficios da organización de eventos en salvamento e socorrismo para os clubs deportivos.

i) Valorouse a importancia dos eventos de promoción dentro dos obxectivos dun club de salvamento e socorrismo.

2. Xestiona e organiza eventos de promoción e iniciación deportiva en salvamento e socorrismo, para o que analiza as características e os requisitos materiais e humanos dos eventos e as características técnicas dos programas.

a) Identificouse a información necesaria para a definición dunha oferta de organización de eventos de salvamento e socorrismo, así como os criterios e os procedementos de elaboración desta.

b) Realizouse un orzamento que valore os custos dun suposto evento deportivo de promoción e iniciación de salvamento e socorrismo.

c) Analizouse a viabilidade dun proxecto de evento deportivo de promoción e iniciación de salvamento e socorrismo en relación ao orzamento.

d) Identificáronse as fontes de financiamento dun evento de promoción ou iniciación ao salvamento e socorrismo.

e) Concretouse a xestión de publicidade que avale o evento deportivo de salvamento e socorrismo.

f) Determináronse as necesidades de persoal, material e loxística necesaria para o desenvolvemento do evento ou da actividade de salvamento e socorrismo.

g) Seleccionáronse os procedementos de xestión de espazos e medios materiais e humanos necesarios para a organización dunha competición de iniciación deportiva ou evento de promoción do salvamento e socorrismo.

h) Seleccionáronse os procedementos de xestión dos medios necesarios para recepción, control, seguridade e loxística en xeral do evento deportivo de promoción e iniciación ao salvamento e socorrismo.

i) Analizáronse as funcións de distribución, situación, aloxamento e circulación das persoas participantes e do público en xeral, nun suposto práctico de organización do evento deportivo de promoción e iniciación ao salvamento e socorrismo.

j) Analizáronse os criterios para a elaboración do calendario e a distribución das probas que, de ser o caso, integran o evento de promoción e iniciación ao salvamento e socorrismo.

k) Describíronse as necesidades de medios de comunicación (tipo e contía) necesarios para a organización e o desenvolvemento do evento deportivo de promoción e iniciación ao salvamento e socorrismo.

l) Valorouse a importancia dunha organización eficaz e eficiente para o desenvolvemento dos eventos deportivos de promoción e iniciación ao salvamento e socorrismo.

3. Colabora na xestión, na organización e no desenvolvemento de eventos de tecnificación, analizando as condicións de organización e de seguridade dos eventos e a normativa ambiental.

a) Describíronse os labores e o funcionamento da secretaría dunha competición de salvamento e socorrismo de tecnificación.

b) Identificáronse as colaboracións na xestión de aloxamento e loxística necesarias para os/as socorristas participantes e para o público en xeral que asistan a unha competición de tecnificación.

c) Describíronse as características e os procedementos para o desenvolvemento do plan de seguridade ante situacións de emerxencia no transcurso da celebración dunha competición de salvamento e socorrismo de tecnificación, identificando os medios necesarios.

d) Describíronse as características dos espazos acuáticos naturais, a súa funcionalidade e a súa relación cos aspectos de seguridade e de protección do ambiente.

e) Describíronse os criterios de seguridade que deben cumprir os equipamentos necesarios para a práctica deportiva en salvamento e socorrismo.

f) Identificouse a normativa de aplicación en relación coa seguridade en espazos acuáticos naturais de salvamento e socorrismo.

g) Analizáronse os requisitos básicos de seguridade que deben cumprir os espazos acuáticos naturais segundo a normativa vixente.

h) Describíronse as medidas de protección contra actos antisociais e de violencia no deporte, nunha instalación deportiva en salvamento e socorrismo.

i) Valorouse a importancia de establecer os plans de emerxencia e evacuación nos eventos de salvamento e socorrismo en espazos acuáticos naturais.

4. Recolle a información durante o evento deportivo de promoción e iniciación ao salvamento e socorrismo e ao seu remate, e analiza os sistemas de recollida de datos e a documentación utilizable, aplicando técnicas para o seu procesamento e o seu arquivamento.

a) Interpretáronse os instrumentos de recollida de información na análise e no control dos aspectos organizativos e loxísticos das competicións e dos eventos de salvamento e socorrismo.

b) Analizouse a información sobre o desenvolvemento técnico e loxístico das competicións e dos eventos de salvamento e socorrismo, aplicando as técnicas axeitadas.

c) Examináronse os criterios de análise da información sobre o desenvolvemento técnico e loxístico das competicións e dos eventos de salvamento e socorrismo.

d) Clasificáronse as incidencias que poden xurdir durante o desenvolvemento da competición ou do evento de salvamento e socorrismo, en relación coas decisións que cumpra tomar e coas súas consecuencias.

e) Describíronse os criterios de recollida de información que aseguren a súa representatividade e a súa veracidade.

f) Xustificouse a recollida e a análise da información como base da mellora continua na organización de competicións e eventos de salvamento e socorrismo.

Contidos básicos:

1. Concreta a temporización dos eventos de salvamento e socorrismo para o que analiza as características das asociacións e dos clubs de salvamento e socorrismo, e a súa programación.

• Temporización de eventos de salvamento e socorrismo: características; datas e promoción; calendario deportivo.

• Club de salvamento e socorrismo:

– Programa de actividades.

– Requisitos establecidos para a vinculación do club e das súas actividades á federación autonómica e española.

– Organización básica dun club deportivo para desenvolver actividades de salvamento e socorrismo.

– Recursos humanos e materiais para a organización de eventos de salvamento e socorrismo.

– Promoción de salvamento e socorrismo: importancia, instrumentos e beneficios.

• Valoración do traballo ben feito.

2. Xestiona e organiza eventos de promoción e iniciación deportiva en salvamento e socorrismo, para o que analiza as características e os requisitos materiais e humanos dos eventos e as características técnicas dos programas.

• Eventos de iniciación deportiva en salvamento e socorrismo:

– Tipos e características.

– Promoción, publicidade e información.

– Organización e procedementos de xestión: fontes de financiamento, recursos materiais e humanos, orzamentos, infraestrutura, e loxística e control do evento.

– Programas e características técnicas: elaboración e distribución de probas na competición.

– Valoración eficaz da organización no desenvolvemento de eventos de salvamento e socorrismo.

3. Colabora na xestión, na organización e no desenvolvemento de eventos de tecnificación, analizando as condicións de organización e de seguridade dos eventos e a normativa ambiental.

• Secretaría nunha competición de tecnificación: labores e funcionamento.

• Colaboracións na xestión de actividades de competición de tecnificación.

• Organización da competición de tecnificación: sorteo, organización arbitral, xuíces e xuízas, situación dos/as adestradores/as, etc. Loxística dos/as participantes e do público.

• Seguridade do espazo acuático natural e equipamentos deportivos de salvamento e socorrismo:

– Normativa de seguridade aplicable.

– Requisitos básicos de seguridade.

– Plan de seguridade e evacuación.

– Prevención de actos antisociais e violentos.

• Traballo en equipo.

• Colaboración e axuda mutua.

4. Recolle a información durante o evento deportivo de promoción e iniciación ao salvamento e socorrismo e ao seu remate, e analiza os sistemas de recollida de datos e a documentación utilizable, aplicando técnicas para o seu procesamento e o seu arquivamento.

• Instrumentos de recollida de información: observación, enquisa e cuestionario.

• Recollida de datos.

• Análise de datos e interpretación da información (criterios de selección e de valoración). Confidencialidade de datos.

• Análise e interpretación dos cuestionarios informativos.

• Incidencias en competicións e eventos de salvamento e socorrismo: clasificación e solución.

• Cuestionarios de avaliación de incidencias e decisións tomadas.

Módulo específico de ensino deportivo: Espazos acuáticos e materiais

Código: MED-SSSS205

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Supervisa a zona de baño dun espazo acuático natural e analiza os factores de risco, aplicando a normativa vixente e os protocolos de supervisión establecidos.

a) Analizáronse os factores de perigo na zona de baño como medida de redución do risco de accidentes.

b) Analizouse a fauna e a flora da zona de baño e identificouse o seu perigo, en relación coas medidas de prevención de accidentes.

c) Definiuse o protocolo de actuación e evacuación parcial ou total do espazo acuático natural ante situacións de catástrofe natural, contaminación ou invasión de fauna perigosa.

d) Aplicáronse os protocolos de análise das condicións ambientais (vento, climatoloxía, etc.) e das condicións do espazo acuático natural (correntes, ondada, visibilidade, profundidade, etc.).

e) Elaborouse un informe, nun suposto práctico, sobre os riscos potenciais detectados nunha zona de baño público e os posibles obstáculos naturais que dificulten a accesibilidade ou xeren situacións de risco, e propuxéronse alternativas de solución.

f) Describíronse as características e as condicións que deben cumprir as zonas de baño públicas nos espazos acuáticos naturais, segundo a lexislación vixente.

g) Analizáronse as normativas de ámbito estatal, autonómico e local en relación coas zonas de baño público en espazos acuáticos naturais.

h) Interpretáronse os datos sobre accidentes e vítimas de afogamento nas zonas de baño público, e establecéronse as súas causas.

i) Relacionouse o protocolo de supervisión da zona de baño cos riscos e as zonas de perigo da instalación acuática ou o espazo natural, e identificáronse os elementos de revisión, a orde de supervisión e a súa periodicidade.

j) Describíronse os protocolos de vixilancia, actuación preventiva, de rescate e evacuación, e adaptáronse a diferentes tipos de accidentes.

k) Demostrouse rigor e meticulosidade na aplicación das medidas de seguridade necesarias para os/as socorristas e as persoas usuarias.

l) Amosouse unha actitude responsable ante a aplicación da normativa en espazos acuáticos naturais e desenvolvemento das súas funcións.

2. Identifica, supervisa e acondiciona os recursos materiais de rescate e de tecnificación deportiva de salvamento e socorrismo, e describe as súas características, aplicando os procedementos de mantemento e transporte.

a) Analizáronse as características e as funcións dos materiais de salvamento e socorrismo utilizados nos espazos acuáticos naturais.

b) Describíronse e executáronse as actuacións necesarias de mantemento do material auxiliar de salvamento e socorrismo utilizados nos espazos acuáticos naturais.

c) Analizáronse as características dos materiais de tecnificación deportiva de salvamento e socorrismo utilizados nos espazos acuáticos naturais.

d) Describíronse e executáronse as actuacións necesarias de mantemento do material de tecnificación deportiva de salvamento e socorrismo utilizado nos espazos acuáticos naturais.

e) Executáronse as accións de aclarado e colocación dos materiais utilizados nos espazos acuáticos naturais.

f) Describíronse as adaptacións aos espazos naturais dos sistemas específicos de comunicación non verbal (medios alternativos, sinais, etc.) e de comunicación interna e externa (radiotransmisores, teléfonos, asubíos, etc.), e explicouse o seu mantemento no ambiente acuático natural.

g) Amosouse unha actitude responsable cara ao uso e o mantemento do material en espazos acuáticos naturais.

3. Selecciona a información que un espazo acuático natural lles debe dar ás persoas usuarias e aos/ás socorristas, e describe e analiza as condutas que estas persoas deben adoptar no relativo ao respecto polos espazos acuáticos naturais e o contorno, e a súa conservación.

a) Identificouse, sinalizouse e transmitiuse de forma clara e precisa a información no espazo acuático natural a través dos recursos audiovisuais e gráficos.

b) Transmitíronse as pautas de comportamento de obrigado cumprimento na zona de baño vixiada, utilizando as técnicas e as canles de comunicación adecuadas ás súas características.

c) Describíronse as características dos soportes informativos preventivos e explicáronse as súas funcións.

d) Relacionouse a cor da bandeira coas condicións ambientais, os factores de perigo e as medidas de seguridade que haxa que tomar.

e) Identificáronse as normas de actuación e transmitíronselles as indicacións ás persoas usuarias sobre as accións e o comportamento que se debe seguir en situacións de perigo evidente.

f) Describíronse as prácticas máis usuais e os comportamentos das persoas usuarias dun espazo acuático natural e a forma de comunicación axeitada ante unha situación de conflito.

g) Describíronse e valoráronse as accións individuais e/ou colectivas de sensibilización ás persoas usuarias e ao/á socorrista na conservación do ambiente e no respecto por el.

h) Analizouse o impacto ambiental que pode ocasionar a práctica de actividades por parte das persoas usuarias no espazo acuático natural e no seu contorno.

i) Interiorizouse unha actitude de respecto e conservación do ambiente e do espazo acuático natural e o seu contorno.

j) Valorouse a importancia da transmisión das normas como medio para previr e garantir a seguridade das persoas usuarias nun clima de respecto e convivencia axeitado.

Contidos básicos:

1. Supervisa a zona de baño dun espazo acuático natural e analiza os factores de risco, aplicando a normativa vixente e os protocolos de supervisión establecidos.

• Espazos acuáticos naturais: factores de risco.

• Tipos e características: praias marítimas e fluviais, encoros, lagos, ríos, riadas, etc.

• Fauna e flora perigosas.

• Factores atmosféricos: estado do ceo, vento, temperatura, etc.

• Factores do ambiente acuático: mareas, ondada, correntes, cambios de profundidade, temperatura, visibilidade, contaminación, etc.

• Obstáculos naturais: accesibilidade e situacións de risco.

• Protocolo de supervisión dos riscos do ambiente acuático natural: elementos de revisión; orde secuencial; acondicionamento e mantemento, e a súa periodicidade.

• Protocolo de vixilancia, actuación preventiva, rescate e evacuación.

• Protocolos de actuación e evacuación ante catástrofes, contaminación ou invasión de fauna perigosa.

• Accidentes en zonas de baño: fontes de información e causalidade.

• Normativa estatal, autonómica e local aplicable ás zonas de baño nos espazos acuáticos naturais.

• Rigor na aplicación das normas e medidas de seguridade no espazo acuático natural.

2. Identifica, supervisa e acondiciona os recursos materiais de rescate e de tecnificación deportiva de salvamento e socorrismo, e describe as súas características, aplicando os procedementos de mantemento e transporte.

• Material auxiliar de salvamento e socorrismo en espazos acuáticos naturais (tubo de rescate, boia torpedo, táboa de salvamento, carrete de salvamento, taboleiro espiñal e aletas): características, mantemento e almacenamento:

• Material de tecnificación deportiva de salvamento e socorrismo en espazos acuáticos naturais (ski de salvamento, pa, táboa de salvamento, tubo de rescate e aletas): características, mantemento e almacenamento.

• Equipamentos de comunicación específicos en espazos acuáticos naturais: preparación, medidas de protección durante o seu uso, utilización, almacenamento e transporte.

• Toma de conciencia da importancia do mantemento do material e dos equipamentos de comunicación nos espazos acuáticos naturais.

3. Selecciona a información que un espazo acuático natural lles debe dar ás persoas usuarias e aos/ás socorristas, e describe e analiza as condutas que estas persoas deben adoptar no relativo ao respecto polos espazos acuáticos naturais e o contorno, e a súa conservación.

• Importancia da información nas zonas de baño naturais.

• Recursos informativos (megafonía e soportes informativos preventivos, como carteis e bandeiras): características e funcións.

• Comportamento da persoa usuaria para conservar os espazos acuáticos naturais:

– Sensibilización da persoa usuaria.

– Impacto ambiental nas zonas de baño acuáticas naturais.

– Factores humanos: afluencia de persoas usuarias e presenza de actividades recreativas e deportivas.

• Normativa relacionada co comportamento das persoas usuarias para conservar os espazos acuáticos naturais.

• Protocolo informativo de actuación das persoas usuarias ante situacións de emerxencia.

• Sistemas de comunicación nos espazos acuáticos naturais.

• Importancia do respecto polas normas nos espazos acuáticos naturais e a súa transmisión.

Módulo específico de ensino deportivo: Seguridade e intervención en espazos acuáticos naturais

Código: MED-SSSS206

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Controla e vixía a zona de baño do espazo acuático natural, aplicando protocolos específicos, valora o plan de actuación ante emerxencias, e adapta as técnicas de rescate e os recursos humanos e materiais, para previr e anticiparse a situacións de emerxencia.

a) Describiuse e seleccionouse o protocolo de vixilancia, e concretáronse a planificación, os factores de perigo, as áreas vixiadas, a rotación entre socorristas, os postos, a súa situación e función, os percorridos das patrullas e periodicidade, os materiais, o número de horas de traballo ao día, e os comportamentos e as actitudes das persoas usuarias.

b) Analizáronse as características dos plans de actuación ante emerxencias no espazo acuático natural, en relación coa facilidade de consulta, a súa aplicabilidade a persoas con discapacidade, as posibilidades de difusión, a claridade e a precisión dos organigramas, a dispoñibilidade dos recursos necesarios e a seguridade da persoa accidentada.

c) Describiuse o lugar idóneo da vixilancia en función do espazo acuático natural, das características da zona de baño público e das persoas usuarias.

d) Describíronse e elixíronse convenientemente os materiais para utilizar, en relación co tipo de intervención e as vías de evacuación da persoa accidentada no ambiente acuático natural.

e) Analizáronse as características das vías e os recursos de evacuación dunha persoa accidentada no ambiente acuático natural.

f) Analizáronse os criterios que deben cumprir os percorridos ou as patrullas polo espazo acuático natural nos labores de vixilancia e prevención.

g) Relacionáronse as condutas, os comportamentos ou as situacións potencialmente perigosas no espazo acuático natural, establecéronse as súas consecuencias e adaptouse o procedemento de rescate.

h) Estableceuse a distribución horaria dunha xornada laboral do descanso semanal para conseguir un servizo de vixilancia na zona de baño público.

i) Valorouse a importancia da vixilancia e do coñecemento dos protocolos establecidos, analizáronse os erros e realizáronse propostas de mellora do servizo de vixilancia.

j) Fomentáronse actitudes de cooperación e colaboración do equipo de rescate en situacións de emerxencia.

2. Rescata unha persoa accidentada consciente e unha inconsciente no ambiente acuático natural e, executando técnicas específicas que adapta á situación, logo de establecer os procedementos para o rescate, con seguridade e eficacia nas intervencións.

a) Explicáronse e analizáronse os protocolos e as técnicas de intervención no relativo a entradas na auga, aproximación, control (zafaduras, de ser o caso), remolque e extracción (de ser o caso) dunha persoa accidentada consciente, con material, no ambiente acuático natural.

b) Explicáronse e analizáronse os protocolos e as técnicas de intervención no relativo a entradas na auga, aproximación, control, remolque e extracción dunha persoa accidentada inconsciente, con material, no ambiente acuático natural.

c) Analizáronse os factores que condicionan e os elementos que constitúen o procedemento de rescate dunha vítima no ambiente acuático natural.

d) Executouse, nun tempo máximo de dous minutos e corenta e cinco segundos, nunha piscina onde non se fai pé, o rescate dunha vítima situada a 50 metros e que simula un estado de pánico: saíuse de pé desde o bordo da piscina coas aletas e o tubo de rescate nas mans; colocáronse as aletas na auga; nadouse sen perder o contacto visual coa vítima un espazo de 50 metros e, despois de alcanzala, asegurouse, controlouse e remolcouse outros 50 metros co tubo de rescate, sen que a vítima puidese entorpecer o/a socorrista e sen que a auga pasase por riba da vías respiratorias daquela e, ao chegar á beira da piscina, axudóuselle a saír da auga.

e) Executouse, nun tempo máximo de cinco minutos, o rescate dunha suposta vítima inconsciente (home de peso e estatura medios): saíuse desde o extremo do vaso, fóra da auga, coas aletas postas e o material de salvamento requirido; nadouse unha distancia de 100 metros, sen perder o contacto visual coa vítima e, logo de recollela, asegurouse, controlouse e remolcouse outros 100 metros con técnica correcta, e realizouse a extracción.

f) Demostráronse e analizáronse as técnicas de rescate desde a beira coa utilización do material auxiliar, tendo en conta as condicións do contorno, o accidente, o estado da vítima e os recursos humanos e materiais dispoñibles.

g) Seleccionáronse os criterios de valoración de simulacros de accidentes no ambiente acuático natural.

h) Elaboráronse e valoráronse simulacros con persoas accidentadas conscientes e inconscientes no ambiente acuático natural, tendo en conta as técnicas que se prevé valorar ou perfeccionar.

i) Concienciouse da importancia do equipamento de salvamento e a súa actuación coordinada ante accidentes no espazo acuático natural.

3. Rescata no ambiente acuático natural unha persoa accidentada consciente e unha inconsciente, con lesión medular e sen ela, aplicando técnicas específicas desde embarcacións de motor.

a) Explicáronse as características xerais das embarcacións de motor e a súa importancia no rescate dunha vítima no espazo acuático natural.

b) Analizáronse as técnicas de intervención canto a entradas na auga, aproximación, control, remolque e extracción (de ser o caso) dunha persoa accidentada consciente con lesión medular, desde a embarcación de motor.

c) Analizáronse as técnicas de intervención canto a entradas na auga, aproximación, control, remolque e extracción (de ser o caso) dunha persoa accidentada inconsciente con lesión medular, desde a embarcación de motor.

d) Explicouse a situación do/da socorrista nas embarcacións de motor para a vixilancia e a intervención ante situacións de emerxencia no ambiente acuático natural.

e) Demostrouse o rescate dunha suposta persoa accidentada consciente e unha inconsciente desde unha embarcación de motor, cumprindo o protocolo establecido.

f) Demostráronse e executáronse as manobras de rescate desde unha embarcación de motor dunha persoa con lesión medular consciente e unha inconsciente, con autocontrol, eficacia e seguridade, seguindo os protocolos establecidos.

g) Executouse a extracción dun suxeito simulando lesión medular, organizando dous/dúas ou tres socorristas, tendo en conta os protocolos de intervención establecidos e o uso das técnicas específicas.

h) Analizáronse as técnicas de rescate dunha persoa accidentada próxima a unha zona acantilada, desde unha embarcación e desde unha moto acuática de rescate.

i) Amosouse unha actitude coidadosa e responsable ante persoas accidentadas con lesión medular.

Contidos básicos:

1. Controla e vixía a zona de baño público de forma permanente e sistemática, comproba e valora o plan de actuación ante emerxencias, os protocolos específicos e os recursos de evacuación, e adapta as técnicas de rescate e os recursos humanos e materiais, para previr e anticiparse a situacións de emerxencia.

• Protocolo de vixilancia no ambiente acuático natural: características e función; importancia, avaliación e mellora.

• Plan de actuación ante emerxencias no ambiente acuático natural: características.

• Vixilancia no ambiente acuático natural: situación dos postos; dotación do persoal e do material necesario; rotación de socorristas; percorridos e patrullas; técnicas de vixilancia estática e dinámica. Servizo de vixilancia: horarios do servizo de socorro.

• Evacuación no ambiente acuático natural: vías e recursos.

• Protocolos de actuación ante condutas inadecuadas. Traballo en equipo: coordinación, actitudes e comportamento ante situacións de emerxencia.

2. Rescata unha persoa accidentada consciente e unha inconsciente no ambiente acuático natural e, executando técnicas específicas que adapta á situación, logo de establecer os procedementos para o rescate, con seguridade e eficacia nas intervencións.

• Protocolos e técnicas de intervención no ambiente acuático natural: entradas na auga, aproximación, control, remolque e extracción.

• Técnicas de rescate da vítima consciente e inconsciente: características e análise.

• Técnicas de rescate desde a beira: material de rescate utilizado e recursos humanos.

3. Rescata no ambiente acuático natural unha persoa accidentada consciente e unha inconsciente, con lesión medular e sen ela, aplicando técnicas específicas desde embarcacións de motor.

• Persoas accidentadas con lesión medular no espazo acuático natural: características xerais; consecuencias ante unha incorrecta manipulación; material auxiliar no rescate da persoa accidentada con lesión medular.

• Adaptacións das técnicas de rescate dunha persoa accidentada con lesión medular no ambiente acuático natural. Erros frecuentes e consecuencias.

• Embarcacións de motor: embarcación pneumática e moto de auga.

• Protocolos de rescate coa embarcación de motor: características xerais.

– Situación e vixilancia do/da socorrista coa embarcación de motor.

– Achegamento e rescate da persoa accidentada.

– Localización da persoa accidentada.

– Extracción.

• Rescate dunha persoa accidentada con lesión medular, con embarcación de motor e sen ela. Actitude do/da socorrista ante esta situación.

Módulo específico de ensino deportivo: Formación práctica

Código: MED-SSSS207

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica a estrutura organizativa e o funcionamento do centro deportivo de prácticas (club, federación, escola, empresa, etc.), e establece a relación coa súa oferta de actividades de especialización e tecnificación deportiva en salvamento e socorrismo, coas actividades de xestión do centro, aplicando os procedementos e os protocolos de seguridade na práctica.

a) Identificáronse as relacións do centro deportivo de prácticas coas federacións españolas ou autonómicas de salvamento e socorrismo.

b) Identificouse a estrutura organizativa e o funcionamento das áreas do centro deportivo de prácticas.

c) Identificáronse as relacións xerárquicas dentro do centro deportivo de prácticas.

d) Identificouse a oferta de actividades vinculadas á tecnificación deportiva, ao perfeccionamento técnico e ao acompañamento de persoas usuarias.

e) Identificáronse as vías de financiamento económico utilizadas polo centro deportivo de prácticas.

f) Distinguiuse a oferta de actividades orientada á especialización, á tecnificación deportiva ou ao perfeccionamento técnico de salvamento e socorrismo nas mulleres.

g) Mantívose unha actitude clara de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas.

2. Actúa con autonomía, iniciativa e responsabilidade no posto de traballo, demostrando comportamento ético, habilidades persoais de comunicación, traballo en equipo, respecto polo ambiente, e aplicando os procedementos establecidos polo centro de prácticas.

a) Identificáronse os requirimentos actitudinais do posto de traballo.

b) Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas, e responsabilizouse do traballo asignado.

c) Demostrouse compromiso co traballo ben feito e a calidade do servizo, así como respecto aos procedementos e principios propios do club ou entidade deportiva.

d) Demostrouse capacidade de traballo en equipo e respecto á xerarquía establecida no club ou entidade deportiva.

e) Establecéronse unha comunicación e relación eficaz co persoal técnico responsable da actividade e as persoas membros do equipo, mantendo un trato fluído e correcto.

f) Coordinouse co resto do equipo, informando de calquera cambio, necesidade relevante ou imprevisto que se presente na actividade.

g) Mantívose unha actitude clara de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas no contorno natural e no desenvolvemento da tecnificación do salvamento e socorrismo.

3. Identifica os posibles riscos e perigos do espazo acuático natural e toma medidas contra eles, aplicando os protocolos de vixilancia e control establecidos.

a) Identificáronse os riscos e os perigos existentes no espazo acuático natural, tanto para as persoas usuarias como para os/as socorristas.

b) Establecéronse no desenvolvemento da actividade as normas de seguridade e de protección do espazo acuático natural, en función das características do centro de prácticas.

c) Aplicáronse os plans de emerxencia e evacuación do ambiente natural seguindo as instrucións e as normas establecidas.

d) Transmitíronselles ás persoas usuarias as normas de seguridade e respecto polo contorno, aplicando técnicas de comunicación e sinalización e tendo en conta a normativa correspondente.

e) Realizáronse operacións de supervisión das zonas destinadas ao baño público e á realización de actividades acuáticas e de tecnificación deportiva de salvamento e socorrismo que apoien a seguridade das persoas usuarias que utilizan o contorno natural e das participantes na competición ou no evento de tecnificación de salvamento e socorrismo.

f) Controlouse e vixiouse a zona de baño e o ambiente natural a través de protocolos específicos, en relación con áreas de vixilancia, situación e dotación dos postos de vixilancia, rotación de socorristas, percorridos dos/das socorristas (duración, periodicidade) e material de salvamento e socorrismo utilizado.

g) Seleccionáronse convenientemente os materiais para utilizar en relación coas funcións do persoal responsable, as características do contorno natural e as vías de evacuación da persoa accidentada.

h) Aplicáronse as especificacións técnicas do uso dos materiais necesarios para a seguridade durante o desenvolvemento da actividade de salvamento e socorrismo no contorno natural e/ou na instalación acuática.

i) Executáronse as accións de mantemento do material utilizado durante o servizo de salvamento e socorrismo.

j) Actuouse atendendo á seguridade persoal, á do equipo de traballo e á das persoas usuarias, cumprindo a normativa vixente e os protocolos establecidos no lugar de realización das prácticas.

k) Recoñeceuse a actitude responsable que debe ter o/a socorrista ante os medios e os recursos postos ao seu alcance, e de autocontrol ante situacións de emerxencia ou conflitivas, a prol de garantir a seguridade das persoas usuarias e/ou deportistas no espazo acuático natural.

4. Organiza, acompaña e dirixe socorristas na súa participación en actividades, competicións e outros eventos de tecnificación deportiva en salvamento e socorrismo, transmitindo actitudes e valores persoais e sociais propios da ética deportiva (respecto polas demais persoas, polo contorno e polo propio corpo, xogo limpo e traballo en equipo).

a) Realizouse a inscrición de socorristas nunha competición de tecnificación deportiva en salvamento e socorrismo, de acordo coas normas e cos protocolos establecidos.

b) Realizáronse as operacións de xestión do seguro de accidente e actividade dun grupo de socorristas que participan nunha competición, de acordo coas instrucións e as normas recibidas.

c) Recoñeceuse e xustificouse a responsabilidade do persoal técnico nos desprazamentos de socorristas para asistir a unha competición.

d) Elaborouse o plan de viaxe dun grupo de socorristas que participa nunha competición de tecnificación deportiva, aplicando as instrucións e os procedementos establecidos.

e) Comprobouse a cobertura legal do grupo de socorristas durante a súa participación na competición, de acordo coa normativa establecida.

f) Informouse o grupo de socorristas acerca das características da competición, interpretando a documentación sobre esta.

g) Aplicáronse procedementos de reclamación nunha competición de tecnificación deportiva en salvamento e socorrismo, aplicando as normas e os protocolos establecidos.

h) Aplicáronse criterios de valoración da execución técnico-táctica do/da socorrista, utilizando técnicas e procedementos de observación axeitados ao nivel de tecnificación deportiva.

i) Trasladáronselle ao/á socorrista as instrucións técnicas e tácticas durante a competición de tecnificación deportiva, tendo en conta as características da competición e do/da deportista.

j) Acompañouse os/as socorristas nas competicións, aplicando os procedementos e seguindo as instrucións e as normas establecidas.

k) Velouse polo respecto polos valores do xogo limpo e de respecto pola saúde persoal e ás demais persoas durante a participación na competición de tecnificación deportiva en salvamento e socorrismo, aplicando os procedementos axeitados e respectando as normas.

5. Adapta e concreta os programas, dirixe as sesións de adestramento básico e perfeccionamento técnico en salvamento e socorrismo, interpretando a información recibida, aplicando as técnicas e procedementos de acordo coas instrucións e as normas establecidas, e colaborando na aplicación de técnicas de detección de talentos.

a) Identificáronse e seleccionáronse os medios e os recursos necesarios para o desenvolvemento da sesión de adestramento básico e perfeccionamento técnico de salvamento e socorrismo.

b) Recibiuse o/a deportista seguindo o protocolo establecido, e identificáronse as súas demandas e as súas necesidades.

c) Aplicáronse técnicas e protocolos de valoración técnica e da condición motriz propios do/da socorrista do nivel de tecnificación deportiva en salvamento e socorrismo, valorando o seu estado inicial, o grao de consecución dos obxectivos propostos e os erros cometidos.

d) Identificáronse e seleccionáronse os obxectivos técnicos e de preparación da condición motriz do/da socorrista, a partir da programación de referencia do centro deportivo.

e) Aplicáronse protocolos de control e cuantificación da carga de adestramento dos/das socorristas nas sesións de adestramento básico e perfeccionamento técnico en salvamento e socorrismo.

f) Colaborouse na aplicación de técnicas de detección de talentos propias de salvamento e socorrismo.

g) Establecéronse as condicións de seguridade necesarias na tecnificación deportiva en salvamento e socorrismo, interpretando as instrucións e as normas, e aplicando os procedementos establecidos.

h) Elaborouse un ciclo ou unha etapa de preparación completa dun/dunha socorrista ou dun grupo de socorristas a partir da programación de referencia do centro deportivo, que concrete os obxectivos de preparación e/ou competición, os medios de adestramento, os instrumentos de control, a carga de traballo e a súa dinámica durante o ciclo, os métodos de adestramento e as sesións de adestramento, e que se adapte ás características dos/das socorristas e aos medios de adestramento existentes.

i) Explicáronse os contidos da sesión de adestramento básico e perfeccionamento técnico en salvamento e socorrismo, seguindo as técnicas e os protocolos establecidos dun xeito claro e motivador.

j) Dirixiuse a sesión de adestramento básico e perfeccionamento técnico, e solucionáronse as continxencias existentes, aplicando técnicas de dinámica de grupos e de motivación adecuadas aos/ás socorristas.

6. Organiza sesións de iniciación deportiva en salvamento e socorrismo para persoas con discapacidade, aplicando recursos que fomenten a súa participación en función das súas limitacións.

a) Valorouse a importancia de atender ás características únicas da persoa con discapacidade previamente á realización da práctica do salvamento e socorrismo.

b) Orientáronse as persoas con discapacidade cara ás prácticas deportivas máis axeitadas en cada caso.

c) Determináronse as axudas técnicas e as medidas de seguridade específicas segundo os tipos de discapacidade e as características da práctica deportiva do salvamento e socorrismo.

d) Establecéronse as principais orientacións metodolóxicas en relación á comunicación e a participación na tarefa das persoas con discapacidade.

e) Aplicáronse procedementos de adaptación ou modificación das tarefas e dos xogos favorecendo a participación, a satisfacción e as posibilidades de éxito de persoas con discapacidade na práctica do salvamento e socorrismo.

f) Identificáronse as limitacións cara á práctica provocadas pola falta de accesibilidade nas instalacións e nos espazos deportivos no centro deportivo de prácticas.

g) Examináronse as limitacións orixinadas pola falta de acceso á información da oferta deportiva de salvamento e socorrismo, e a difusión da práctica no centro deportivo de prácticas.

h) Propiciouse unha actitude positiva cara á inclusión por parte de compañeiros/as, persoal técnico, as propias familias e as institucións cara á práctica deportiva de salvamento e socorrismo de persoas con discapacidade.

7. Coordina o proceso de iniciación deportiva en salvamento e socorrismo, elaborando as programacións de referencia, analizando a estrutura da escola de iniciación deportiva, e aplicando as técnicas e os procedementos axeitados.

a) Identificáronse a estrutura e as funcións da escola de iniciación deportiva en salvamento e socorrismo no centro deportivo de prácticas.

b) Realizáronse funcións e aplicáronse protocolos de coordinación do persoal técnico de iniciación deportiva en salvamento e socorrismo no centro deportivo de prácticas.

c) Identificáronse as necesidades materiais e humanas da escola de iniciación deportiva en salvamento e socorrismo do centro deportivo de prácticas.

d) Identificáronse os estándares técnicos do programa de iniciación deportiva en salvamento e socorrismo do centro deportivo de prácticas.

e) Elaborouse un programa de iniciación deportiva en salvamento e socorrismo de acordo coas características do grupo e do contorno, e coa programación do centro deportivo de prácticas.

f) Valorouse a importancia da existencia dunha programación de referencia nunha escola de iniciación deportiva ao salvamento e socorrismo.

8. Colabora na organización de actividades e competicións de tecnificación deportiva en salvamento e socorrismo, interpretando instrucións e normas relacionadas, e identificando e preparando os medios necesarios, consonte os procedementos establecidos.

a) Identificouse o calendario de actividades, eventos e competicións de iniciación ou tecnificación deportiva en salvamento e socorrismo do centro deportivo de prácticas.

b) Seleccionouse a información necesaria na organización dun evento ou dunha competición de iniciación ou tecnificación deportiva en salvamento e socorrismo do centro deportivo de prácticas.

c) Realizáronse operacións de xestión e organización dos espazos, materiais e recursos humanos dun evento ou unha competición de iniciación ou tecnificación deportiva en salvamento e socorrismo do centro deportivo de prácticas.

d) Aplicáronse técnicas de recollida de información sobre os aspectos organizativos e loxísticos dun evento ou unha competición de iniciación ou tecnificación deportiva en salvamento e socorrismo do centro deportivo de prácticas.

e) Realizáronse operacións de distribución, situación, aloxamento e circulación dos/das participantes e do público asistente nun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en salvamento e socorrismo do centro deportivo de prácticas.

f) Realizáronse operacións de apoio administrativo á organización dun evento ou unha competición de iniciación ou tecnificación deportiva en salvamento e socorrismo do centro deportivo de prácticas.

g) Elaboráronse os documentos informativos dun evento ou unha competición de iniciación ou tecnificación deportiva en salvamento e socorrismo do centro deportivo de prácticas.

h) Valorouse a importancia do coñecemento das instrucións e as normas das actividades, as competicións e os eventos de tecnificación de salvamento e socorrismo.

9. Intervén na xestión do risco en espazos acuáticos naturais e durante a práctica de tecnificación deportiva en salvamento e socorrismo, identificando e aplicando procedementos específicos de acordo coas instrucións ou normas de aplicación.

a) Establecéronse as condicións de seguridade aplicables ás persoas usuarias de espazos acuáticos naturais e deportistas de tecnificación de salvamento e socorrismo, interpretando as instrucións ou as normas, e aplicando os procedementos establecidos.

b) Realizáronse operacións de rescate a persoas usuarias do espazo acuático natural en situación de emerxencia, simulada ou real, actuando sobre a base dos protocolos establecidos e utilizando os medios propios deste tipo de espazos.

c) Realizáronse operacións de rescate a socorristas que acoden á instalación acuática ou ao espazo acuático natural en situacións de tecnificación deportiva ou acompañamento en salvamento e socorrismo, aplicando técnicas e procedementos específicos.

d) Controláronse as persoas usuarias do espazo acuático natural e/ou o grupo de deportistas durante as situacións de risco ou perigo, aplicando os protocolos de acordo coas instrucións e as normas recibidas.

e) Efectuáronse os protocolos de comunicación e autocontrol da situación de risco ou perigo, de acordo coas normas e os procedementos establecidos.

f) Mantívose unha actitude de tranquilidade e responsabilidade durante a intervención nas operacións de rescate.

g) Amosouse un interese cara á formación continua en técnicas e procedementos de rescate en situacións de risco ou perigo no ambiente acuático natural, así como ao mantemento físico e técnico necesario.

ANEXO IV
Proporción entre profesorado e alumnado

Bloque específico

Proporción profesorado/alumnado

Ciclo inicial

MED-SSS102. Instalacións acuáticas e materiais.

1/30

MED-SSSS103. Metodoloxía do salvamento e socorrismo.

1/30

MED-SSSS104. Organización de eventos de iniciación en salvamento e socorrismo.

1/30

MED-SSSS105. Seguridade e intervención en instalacións acuáticas.

1/20

Ciclo final

MED-SSSS201. Escola de salvamento e socorrismo.

1/30

MED-SSSS202. Preparación física do/da socorrista.

1/30

MED-SSSS203. Perfeccionamento técnico en salvamento e socorrismo.

1/30

MED-SSSS204. Organización de eventos de tecnificación en salvamento e socorrismo.

1/30

MED-SSSS205. Espazos acuáticos e materiais.

1/30

MED-SSSS206. Seguridade e intervención en espazos acuáticos naturais.

1/20

ANEXO V
Acceso ao módulo de Formación práctica

Acceso ao módulo de Formación práctica

Módulos para superar

MED-SSSS106. Formación práctica.

Do bloque común do ciclo inicial:

● MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

● MED-C102. Primeiros auxilios.

Do bloque específico:

● MED-SSSS103. Metodoloxía do salvamento e socorrismo.

● MED-SSSS105. Seguridade e intervención nas instalacións acuáticas.

MED-SSSS207. Formación práctica.

Do bloque común do ciclo final:

● MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

● MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Do bloque específico:

● MED-SSSS203. Perfeccionamento técnico en salvamento e socorrismo.

● MED-SSSS206. Seguridade e intervención en espazos acuáticos naturais.

ANEXO VI A
Espazos e equipamentos mínimos do ciclo inicial

Espazos: ciclo inicial.

Espazo formativo

Superficie

30 alumnos/as

Superficie

20 alumnos/as

Módulo de ensino deportivo

Aula polivalente.

60 m2

40 m2

Os módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo inicial.

Ximnasio.

120 m2

90 m2

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Piscina de 25 m × 1,80 m de profundidade.

MED-SSSS102. Instalacións acuáticas e materiais.

MED-SSSS103. Metodoloxía do salvamento e socorrismo.

MED-SSSS104. Organización de eventos de iniciación en salvamento e socorrismo.

MED-SSSS105. Seguridade e intervención en instalacións acuáticas.

Equipamentos: ciclo inicial.

Aula polivalente

Módulo de ensino deportivo

Equipamentos audiovisuais.

Computadores instalados en rede.

Canón de proxección e internet.

Software anatómico.

Módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo inicial.

Manequíns de primeiros auxilios (adulto e pediátrico).

Material de inmobilización e mobilización.

Material de cura.

Desfibrilador externo semiautomático.

MED-C102. Primeiros auxilios.

Material deportivo adaptado.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Piscina

Módulo de ensino deportivo

Material de iniciación ao ambiente acuático.

Material de iniciación ao salvamento e socorrismo.

Material de rescate de salvamento e socorrismo.

Material de comunicación.

MED-SSSS102. Instalacións acuáticas e materiais.

MED-SSSS103. Metodoloxía do salvamento e socorrismo.

MED-SSSS104. Organización de eventos de iniciación en salvamento e socorrismo.

MED-SSSS105. Seguridade e intervención en instalacións acuáticas.

ANEXO VI B
Espazos e equipamentos do ciclo final

Espazos: ciclo final.

Espazo formativo

Superficie

30 alumnos/as

Superficie

20 alumnos/as

Módulo de ensino deportivo

Aula polivalente.

60 m2

40 m2

Os módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo final.

Ximnasio.

120 m2

90 m2

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Pista polideportiva de 44 m × 22 m.

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Piscina de 25 m ×1,80 m de profundidade.

MED-SSSS201. Escola de salvamento e socorrismo.

MED-SSSS202. Preparación física do/da socorrista.

MED-SSSS203. Perfeccionamento técnico en salvamento e socorrismo.

MED-SSSS204. Organización de eventos de tecnificación en salvamento e socorrismo.

MED-SSSS205. Espazos acuáticos e materiais.

MED-SSSS206. Seguridade e intervención en espazos acuáticos naturais.

Equipamentos: ciclo final.

Aula polivalente

Módulo de ensino deportivo

Equipamentos audiovisuais. Canón de proxección.

Computadores instalados en rede con conexión a internet.

Software específico.

Os módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo final.

Ximnasio.

Módulo de ensino deportivo

Material deportivo adaptado.

Material ortopédico.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Material deportivo.

Bonecos desmembrados.

Láminas de anatomía.

Pulsímetros.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-SSSS202. Preparación física do/da socorrista.

Piscina e contorno natural.

Módulo de ensino deportivo

Material de iniciación ao salvamento e socorrismo.

Material de rescate de salvamento e socorrismo.

Material de comunicación.

Embarcación de rescate.

MED-SSSS201. Escola de salvamento e socorrismo.

MED-SSSS202. Preparación física do/da socorrista.

MED-SSSS203. Perfeccionamento técnico en salvamento e socorrismo.

MED-SSSS204. Organización de eventos de tecnificación en salvamento e socorrismo.

MED-SSSS205. Espazos acuáticos e materiais.

MED-SSSS206. Seguridade e intervención en espazos acuáticos naturais.

ANEXO VII

Proba RAE-SSSS101, de carácter específico, para o acceso ás ensinanzas de ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Desenvólvese no ambiente acuático executando técnicas específicas de nado e habilidades e destrezas específicas con eficacia e seguridade.

a) Executouse o mergullo e a orientación posterior no ambiente acuático durante o desprazamento de xeito eficaz.

• Entrada á auga de pé mantendo o equilibrio e o control do corpo no aire durante o salto.

• Entrada á auga de cabeza de xeito hidrodinámico, mantendo o control do corpo no aire durante o salto.

b) Realizouse o nado en apnea durante a distancia establecida, manténdose preto do chan da piscina, sen saír á superficie e mantendo a dirección da proba.

c) Mantívose a flotación durante a colocación das aletas, mantendo a orientación e utilizando cando menos unha técnica identificable.

d) Executáronse varios xiros nos diferentes eixes cada 25 metros e cada cambio de estilo durante o desprazamento na auga mantendo a flotación e a orientación, e permitindo a observación do contorno.

e) Executáronse as técnicas de crawl con cabeza fóra da auga, braza completa, costas con aletas e crawl con aletas, mantendo a dirección da proba, coordinando os movementos coa respiración e adaptándose ao uso do material auxiliar.

f) Mantívose a eficacia no desprazamento, a velocidade e resistencia de nado, realizando a totalidade da proba en menos de cinco minutos e trinta segundos.

Proba asociada «Combinada con aletas»

• A persoa aspirante situada no poio da piscina introdúcese na auga (de pé ou de cabeza, segundo a proposta do tribunal) e mergúllase ata o fondo da piscina (mínimo 1,8 metros de profundidade).

• A continuación percorre en apnea prolongada unha distancia de 10 a 15 metros.

• Ascende á superficie e completa os primeiros 25 metros nadando a estilo libre.

• Posteriormente percorre 25 metros estilo crawl coa cabeza fóra, mantendo a visión fóra da auga, a orientación e a observación do contorno.

• Seguidamente realizará 50 metros a braza.

• Logo de percorridos, coloca as aletas situadas nun extremo do bordo do vaso manténdose en flotación dinámica.

• Despois de colocar as aletas percorre 50 metros nadando de costas.

• Segue 50 metros nadando a crawl e dáse por finalizada a proba.

Condicións básicas de realización da proba de acceso: espazo e equipamentos

Espazo: piscina de 25 m × 1,80 m de profundidade.

Equipamento e material: un par de aletas por alumno/a.

ANEXO VIII
Requisitos de titulación do profesorado dos módulos do bloque común
dos ciclos inicial e final de grao medio, en centros públicos
da Administración educativa

Especialidade que cómpre posuír para a impartición.

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

Ciclo inicial

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

MED-C102. Primeiros auxilios.

Educación física.

Procesos sanitarios.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

Procedementos sanitarios e asistenciais.

Profesorado técnico de formación profesional.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

MED-C104. Organización deportiva.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

Ciclo final

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

MED-C205. Xénero e deporte.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

ANEXO IX A
Requisitos de titulación do profesorado dos módulos do bloque específico
dos ciclos inicial e final de grao medio, en centros públicos
da Administración educativa

Especialidade que cómpre posuír para a impartición.

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

Ciclo inicial

MED-SSSS102. Instalacións acuáticas e materiais.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

Profesorado especialista.

MED-SSSS103. Metodoloxía do salvamento e socorrismo.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

Profesorado especialista.

MED-SSSS104. Organización de eventos de iniciación en salvamento e socorrismo.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

Profesorado especialista.

MED-SSSS105. Seguridade e intervención en instalacións acuáticas.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

Profesorado especialista.

MED-SSSS106. Formación práctica.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

Profesorado especialista.

Ciclo final

MED-SSSS201. Escola de salvamento e socorrismo.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

Profesorado especialista.

MED-SSSS202. Preparación física do/da socorrista.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

Profesorado especialista.

MED-SSSS203. Perfeccionamento técnico en salvamento e socorrismo.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

Profesorado especialista.

MED-SSSS204. Organización de eventos de tecnificación en salvamento e socorrismo.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

Profesorado especialista.

MED-SSSS205. Espazos acuáticos e materiais.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

Profesorado especialista.

MED-SSSS206. Seguridade e intervención en espazos acuáticos naturais.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

Profesorado especialista.

ANEXO IX B
Condición de profesor/a especialista en centros públicos da Administración
educativa: acreditación de experiencia docente, ou actividade no ámbito
deportivo e laboral

Ciclo inicial e final.

Módulos de ensino deportivo

Experiencia docente acreditable

Actividade no ámbito deportivo e laboral

MED-SSSS102. Instalacións acuáticas e materiais.

MED-SSSS103. Metodoloxía do salvamento e socorrismo.

MED-SSSS104. Organización de eventos de iniciación en salvamento e socorrismo.

MED-SSSS105. Seguridade e intervención nas instalacións acuáticas.

Polo menos 100 horas de docencia acreditada en formación de adestradores/as nos niveis 1, 2 ou 3 de salvamento e socorrismo nas formacións ás que se refiren as disposicións adicional quinta e transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, e a disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro.

Polo menos dous anos de exercicio deportivo-laboral relacionado coas competencias profesionais do ciclo inicial, realizado nos catro anos inmediatamente anteriores ao nomeamento.

MED-SSSS201. Escola de salvamento e socorrismo.

MED-SSSS202: Preparación física do/da socorrista.

MED-SSSS203. Perfeccionamento técnico en salvamento e socorrismo.

MED-SSSS204. Organización de eventos de tecnificación en salvamento e socorrismo.

MED-SSSS205. Espazos acuáticos e materiais.

MED-SSSS206. Seguridade e intervención en espazos acuáticos naturais.

Polo menos 100 horas de docencia acreditada en formación de adestradores/as nos niveis 2 ou 3 de salvamento e socorrismo nas formacións ás que se refiren as disposicións adicional quinta e transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, e a disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro.

Polo menos dous anos de exercicio deportivo-laboral relacionado coas competencias profesionais do ciclo final, realizado nos catro anos inmediatamente anteriores ao nomeamento.

No caso das formacións ás que se refire a disposición adicional quinta do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, a Federación Española de Salvamento e Socorrismo ou os órganos responsables de formación das comunidades autónomas emitirán a correspondente certificación da experiencia docente na que consten as materias impartidas, o número de horas impartidas, a data do curso en que se impartiu a materia ou as materias, e a data da resolución de recoñecemento da formación por parte do Consello Superior de Deportes, xunto coa data de publicación no BOE.

No caso das formacións ás que se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997 e do Real decreto 1363/2007, a consellería competente en materia de educación emitirá a correspondente certificación da experiencia docente na que consten as materias e o número de horas impartidas.

A experiencia laboral acreditarase mediante a certificación da empresa onde se adquirira a devandita experiencia na que conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo no que realizou a actividade. No caso de traballadores/as por conta propia, exixirase a certificación de alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade mínima dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.

A Federación Española de Salvamento e Socorrismo emitirá a correspondente certificación da experiencia deportiva na que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo no que se realizou a actividade.

ANEXO X

Requisitos de titulación do profesorado en centros privados e de titularidade
pública de administracións distintas da educativa

Cumprirá acreditar os títulos que se indican a continuación ou os que fosen declarados equivalentes ou homologados para os efectos de docencia:

Módulos do bloque común: ciclo inicial e final.

Módulo común de ensino deportivo

Titulacións

Ciclo inicial

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

MED-C102. Primeiros auxilios.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Medicina.

Diplomado/a ou graduado/a en Enfermaría.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Mestre/a especialista en Educación Física.

MED-C104. Organización deportiva.

Licenciado/a ou graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Ciclo final

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a en Dereito.

MED-C205. Xénero e deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Módulos do bloque específico: ciclo inicial e final.

Módulo específico de ensino deportivo

Titulacións

Ciclo inicial

MED-SSSS102. Instalacións acuáticas e materiais.

Técnico/a deportivo/a superior en Salvamento e Socorrismo.

MED-SSSS103. Metodoloxía do salvamento e socorrismo.

Técnico/a deportivo/a superior en Salvamento e Socorrismo.

MED-SSSS104. Organización de eventos de iniciación en salvamento e socorrismo.

Técnico/a deportivo/a superior en Salvamento e Socorrismo.

MED-SSSS105. Seguridade e intervención en instalacións acuáticas.

Técnico/a deportivo/a superior en Salvamento e Socorrismo.

MED-SSSS106. Formación práctica.

Técnico/a deportivo/a superior en Salvamento e Socorrismo.

Ciclo final

MED-SSSS201. Escola de salvamento e socorrismo.

Técnico/a deportivo/a superior en Salvamento e Socorrismo.

MED-SSSS202. Preparación física do/da socorrista.

Técnico/a deportivo/a superior en Salvamento e Socorrismo.

MED-SSSS203. Perfeccionamento técnico en salvamento e socorrismo.

Técnico/a deportivo/a superior en Salvamento e Socorrismo.

MED-SSSS204. Organización de eventos de tecnificación en salvamento e socorrismo.

Técnico/a deportivo/a superior en Salvamento e Socorrismo.

MED-SSSS205. Espazos acuáticos e materiais.

Técnico/a deportivo/a superior en Salvamento e Socorrismo.

MED-SSSS206. Seguridade e intervención en espazos acuáticos naturais.

Técnico/a deportivo/a superior en Salvamento e Socorrismo.

MED-SSSS207. Formación práctica.

Técnico/a deportivo/a superior en Salvamento e Socorrismo.

ANEXO XI A
Correspondencia dos módulos de ensino deportivo coas unidades
de competencia para a súa acreditación

Módulos de ensino deportivo superados

Unidades de competencia do CNCP acreditables

Os módulos de:

• MED-C102. Primeiros auxilios.

• MED-SSSS106. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

• UC0272_2: asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

O módulo de:

• RAE-SSSS101. Proba de acceso.

Acredita a unidade de competencia de:

• UC0269_2: executar técnicas específicas de natación con eficacia e seguridade.

Os módulos de:

• MED-SSSS102. Instalacións acuáticas e materiais.

• MED-SSSS103. Metodoloxía do salvamento e socorrismo.

• MED-SSSS105. Seguridade e intervención nas instalacións acuáticas.

• MED-SSSS106. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

• UC0270_2: prever accidentes ou situacións de emerxencia en instalacións acuáticas, velando pola seguridade das persoas usuarias.

Os módulos de:

• MED-SSSS103. Metodoloxía do salvamento e socorrismo.

• MED-SSSS105. Seguridade e intervención nas instalacións acuáticas.

• MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

• MED-SSSS106. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

• UC0271_2: rescatar persoas en caso de accidente ou situación de emerxencia que se produza no ambiente acuático.

Os módulos de:

• RAE-SSSS101. Proba de acceso.

• MED-SSSS103. Metodoloxía do salvamento e socorrismo.

• MED-SSSS106. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

• UC1759_2: executar habilidades e destrezas básicas aplicadas á iniciación deportiva na modalidade de salvamento e socorrismo en instalacións acuáticas con eficacia e seguridade.

Os módulos de:

• MED-SSSS102. Instalacións acuáticas e materiais.

• MED-SSSS103. Metodoloxía do salvamento e socorrismo.

• MED-SSSS106. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

• UC1760_2: concretar, dirixir e dinamizar sesións secuenciadas de iniciación deportiva na modalidade deportiva de salvamento e socorrismo en instalacións acuáticas.

Os módulos de:

• MED-SSSS104. Organización de eventos de iniciación en salvamento e socorrismo.

• MED-SSSS106. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

• UC1761_2: dinamizar accións de promoción e acompañamento a deportistas en eventos e competicións da modalidade deportiva de salvamento e socorrismo en instalacións acuáticas.

Os módulos de:

• MED-SSSS205. Espazos acuáticos e materiais.

• MED-SSSS206. Seguridade e intervención en espazos acuáticos naturais.

• MED-SSSS207. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

• UC1082_2: prever accidentes ou situacións de emerxencia en espazos acuáticos naturais.

Os módulos de:

• MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

• MED-SSSS202. Preparación física do/da socorrista.

• MED-SSSS206. Seguridade e intervención en espazos acuáticos naturais.

• MED-SSSS207. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

• UC01083_2: rescatar persoas en caso de accidente ou situación de emerxencia en espazos acuáticos naturais.

ANEXO XI B
Correspondencia das unidades de competencia acreditadas cos módulos
de ensino deportivo para a súa validación

Unidades de competencia do CNCP acreditadas

Módulos de ensino deportivo validables

A unidade de competencia:

• UC0272_2: asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

Permite a validación de:

• MED-C102. Primeiros auxilios.

A unidade de competencia:

• UC0269_2: executar técnicas específicas de natación con eficacia e seguridade.

Permite a validación de:

• RAE-SSSS101. Proba de acceso.

As unidades de competencia:

• UC0270_2: prever accidentes ou situacións de emerxencia en instalacións acuáticas, velando pola seguridade das persoas usuarias.

• UC1760_2: concretar, dirixir e dinamizar sesións secuenciadas de iniciación deportiva en salvamento e socorrismo en instalacións acuáticas.

Permiten a validación de:

• MED-SSSS102. Instalacións acuáticas e materiais.

As unidades de competencia:

• UC1759_2: executar habilidades e destrezas básicas aplicadas á iniciación deportiva en salvamento e socorrismo en instalacións acuáticas con eficacia e seguridade.

• UC1760_2: concretar, dirixir e dinamizar sesións secuenciadas de iniciación deportiva na modalidade de salvamento e socorrismo en instalacións acuáticas.

Permiten a validación de:

• MED-SSSS103. Metodoloxía do salvamento e socorrismo.

A unidade de competencia:

• UC1761_2: dinamizar accións de promoción e acompañamento a deportistas en eventos e competicións da modalidade deportiva de salvamento e socorrismo en instalacións acuáticas.

Permite a validación de:

• MED-SSSS104. Organización de actividades e eventos.

As unidades de competencia:

• UC0270_2: prever accidentes ou situacións de emerxencia en instalacións acuáticas, velando pola seguridade das persoas usuarias.

• UC0271_2: rescatar persoas en caso de accidente ou situación de emerxencia que se produza no ambiente acuático.

Permiten a validación de:

• MED-SSSS105. Seguridade e intervención nas instalacións acuáticas.

A unidade de competencia:

• UC1082_2: prever accidentes ou situacións de emerxencia en espazos acuáticos naturais.

Permite a validación de:

• MED-SSSS205. Espazos acuáticos e materiais.

As unidades de competencia:

• UC1082_2: prever accidentes ou situacións de emerxencia en espazos acuáticos naturais.

• UC01083_2: rescatar persoas en caso de accidente ou situación de emerxencia en espazos acuáticos naturais.

Permiten a validación de:

• MED-SSSS206. Seguridade e intervención en espazos acuáticos naturais.

ANEXO XII
Exención do módulo de Formación práctica dos ciclos inicial e final

MED-SSSS106. Formación práctica

Experiencia no ámbito laboral ou deportivo

Exención parcial.

Exención total.

Duración: superior a 300 horas.

Actividade desenvolvida: experiencia relacionada coa competencia xeral do ciclo inicial de salvamento e socorrismo e os resultados de aprendizaxe do módulo de Formación práctica.

Período de tempo en que se desenvolveu a actividade: dous anos anteriores á finalización do curso.

A exención parcial do módulo de Formación práctica concederase para os resultados de aprendizaxe do módulo que sexan concordantes coa experiencia laboral ou deportiva acreditada.

A exención total do módulo de Formación práctica poderase conceder cando exista unha completa concordancia da experiencia laboral ou deportiva acreditada coa totalidade dos resultados de aprendizaxe do correspondente módulo.

A Federación Española de Salvamento e Socorrismo ou a súa correspondente autonómica emitirá a correspondente certificación da experiencia deportiva onde consten a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade.

A experiencia laboral acreditarase mediante a certificación da empresa onde se adquirira a devandita experiencia, na que conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade. No caso de traballadores/as por conta propia, exixirase a certificación de alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade mínima dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.

MED-SSSS-207. Formación práctica

Experiencia no ámbito laboral ou deportivo

Exención parcial.

Exención total.

Duración: superior a 300 horas.

Actividade desenvolvida: experiencia relacionada coa competencia xeral do ciclo final de salvamento e socorrismo e os resultados da aprendizaxe do módulo de Formación práctica.

Período de tempo en que se desenvolveu a actividade: dous anos anteriores á finalización do curso.

A exención parcial do módulo de Formación práctica concederase para os resultados de aprendizaxe do módulo que sexan concordantes coa experiencia laboral ou deportiva acreditada.

A exención total do módulo de Formación práctica poderase conceder cando exista unha completa concordancia da experiencia laboral ou deportiva acreditada coa totalidade dos resultados da aprendizaxe do correspondente módulo.

A Federación Española de Salvamento e Socorrismo ou a súa correspondente autonómica, ou as entidades establecidas polas administracións educativas competentes emitirán a correspondente certificación da experiencia deportiva onde conste a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade.

A experiencia laboral acreditarase mediante a certificación da empresa onde se adquirira a devandita experiencia, na que conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade. No caso de traballadores/as por conta propia, exixirase a certificación de alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade mínima dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.

ANEXO XIII
Correspondencia formativa dos módulos de ensino deportivo
coa experiencia docente

Módulos de ensino deportivo

Experiencia docente

Ciclo inicial

MED-SSS102. Instalacións acuáticas e materiais.

MED-SSSS103. Metodoloxía do salvamento e socorrismo.

MED-SSSS104. Organización de eventos de iniciación en salvamento e socorrismo.

MED-SSSS105. Seguridade e intervención en instalacións acuáticas.

Experiencia como profesor/a en materias relacionadas cos módulos de ensino deportivo acreditables, realizadas de acordo co establecido na disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, e na disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

A experiencia deberá ser de, polo menos, o triplo das horas establecidas neste decreto para o módulo de ensino deportivo obxecto da correspondencia formativa.

Ciclo final

MED-SSSS201. Escola de salvamento e socorrismo.

MED-SSSS202. Preparación física do/da socorrista.

MED-SSSS203. Perfeccionamento técnico en salvamento e socorrismo.

MED-SSSS204. Organización de eventos de tecnificación en salvamento e socorrismo.

MED-SSSS205. Espazos acuáticos e materiais.

MED-SSSS206. Seguridade e intervención en espazos acuáticos naturais.

Experiencia como profesor/a en materias relacionadas cos módulos de ensino deportivo acreditables, realizadas de acordo co establecido na disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, e na disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

A experiencia deberá ser de, polo menos, o triplo das horas establecidas neste decreto para o módulo de ensino deportivo obxecto da correspondencia formativa.

A experiencia docente acreditarase mediante certificado expedido pola comunidade autónoma que autorizou as referidas formacións, no que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo en que esta se realizou.

ANEXO XIV
Formación a distancia

Grao medio

Ciclo inicial

Ciclo final

Módulos do bloque común

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

MED-C104. Organización deportiva.

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

MED-C205. Xénero e deporte.

Módulos do bloque específico

MED-SSSS102. Instalacións acuáticas e materiais.

MED-SSSS103. Metodoloxía do salvamento e socorrismo.

MED-SSSS104. Organización de eventos de iniciación en salvamento e socorrismo.

MED-SSSS201. Escola de salvamento e socorrismo.

MED-SSSS204. Organización de eventos de tecnificación en salvamento e socorrismo.

MED-SSSS205. Espazos acuáticos e materiais.