Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18290

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 16 de abril de 2015 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na entidade pública empresarial Augas de Galicia, como entidade adscrita a esta consellería.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro) regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos, que os faga susceptibles de tratamento, así como toda modalidade de uso posterior destes datos polos sectores público e privado. A finalidade desta regulación é garantir e protexer as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente a súa honra e intimidade persoal e familiar.

No artigo 20 da devandita lei disponse que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente e establece, no seu punto segundo, as indicacións concretas que deben constar nas disposicións de creación e modificación daqueles.

En consecuencia, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada parcialmente pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Mediante esta orde regúlanse os ficheiros de datos de carácter persoal da entidade pública empresarial Augas de Galicia, e que se recollen nos anexos.

Artigo 2. Contido

A información exixida no artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e no artigo 54 do seu regulamento, o Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, para as disposicións de creación e supresión de ficheiros está contida nos anexos desta orde.

Artigo 3. Finalidade e uso dos ficheiros

Os datos de carácter persoal, incluídos nos ficheiros de Augas de Galicia regulados por esta orde, só serán utilizados para os fins expresamente previstos e declarados no anexo I, e polo persoal debidamente autorizado

Artigo 4. Cesión de datos

Os datos só serán cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei e os declarados no anexo I. No suposto de cesión de datos ás administracións públicas haberá que aterse ao disposto na normativa vixente respecto a esta materia.

Artigo 5. Órgano responsable dos ficheiros

A responsabilidade sobre os ficheiros creados por esta orde correspóndelle á entidade pública empresarial Augas de Galicia, encadrado na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

No anexo I detállanse a unidade ante a cal se exercerán os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos que constan nos ficheiros.

Artigo 6. Nivel de protección e medidas de seguridade

Os ficheiros creados por esta orde atópanse clasificados atendendo ao disposto no artigo 80 e seguintes do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro. No anexo I aparece a clasificación (nivel básico, medio ou alto) dos ficheiros creados baixo esta orde.

O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas técnicas, de xestión e organización que sexan necesarias para asegurar a confidencialidade e integridade dos datos, así como as conducentes a facer efectivas as garantías, obrigas e dereitos recoñecidos na Lei orgánica 15/1999 e nas súas normas de desenvolvemento.

Artigo 7. Supresión de ficheiros

No anexo II desta orde relaciónanse aqueles ficheiros para os cales será solicitada a súa supresión ao Rexistro da Axencia de Protección de Datos. O titular do órgano responsable dos ficheiros establece no citado anexo o destino que se vaia dar aos datos ou, se é o caso, as previsións que se adopten para a súa destrución.

Artigo 8. Comunicación ao Rexistro Xeral

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de desenvolvemento da Lei 15/1999, os ficheiros serán notificados para a súa inscrición no Rexistro Xeral de Protección de Datos no prazo de 30 días desde a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2015

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO I
Ficheiros de nova creación

Ficheiros baixo a responsabilidade da entidade pública empresarial Augas de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas).

Denominación do ficheiro

Relacións informativas coa cidadanía e entidades

Finalidade e usos previstos

Xestión das relacións informativas cos cidadáns e entidades

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes e representantes de entidades que manteñen relacións informativas con Augas de Galicia

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Entidades privadas

Fontes accesibles ao público

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, firma electrónica, sinatura, correo electrónico

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da Comunidade Autónoma

Outros órganos da Administración do Estado

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non están previstas

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Entidade pública empresarial Augas de Galicia

Praza Camilo Díaz Baliño, 7-9

15704 de Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Básico

Denominación do ficheiro

Relacións administrativas coa cidadanía e entidades

Finalidade e usos previstos

Xestión das relacións administrativas cos cidadáns, entre elas procedementos administrativos, rexistros, portelo electrónico 24×7, axudas, subvencións, análises no laboratorio; e a xestión das relacións administrativas con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) que manteñan relación con Augas de Galicia.

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes e representantes de entidades que manteñen relacións administrativas con Augas de Galicia

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Entidades privadas

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, enderezo, sinatura.

Datos de características persoais

Datos de información comercial

Datos económicos, financeiros e de seguros

Datos de circunstancias sociais

Datos académicos e profesionais

Datos de detalles de emprego

Datos de transaccións

Datos relativos á comisión de infraccións

Outro tipo de datos

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Outras administracións públicas

Outros órganos da Comunidade Autónoma

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non están previstas

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Entidade pública empresarial Augas de Galicia

Praza Camilo Díaz Baliño, 7-9

15704 de Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Medio

Denominación do ficheiro

Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, terceiros e entidades

Finalidade e usos previstos

Xestión das relacións económicas que Augas de Galicia manteña cos cidadáns, con entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións, universidades, etc.) e a xestión da contratación administrativa e facturación a terceiros que proporcionen subministración de bens ou servizos

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes, representantes de entidades e terceiros que manteñen relacións económicas coa entidade pública empresarial Augas de Galicia

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Entidades privadas

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, sinatura electrónica, sinatura

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Axencia Tributaria

Consello de Contas da Xunta de Galicia

Caixas e bancos que teñan acordo coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para a execución dos pagamentos

Organismos da Seguridade Social

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non están previstas

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Entidade pública empresarial Augas de Galicia

Praza Camilo Díaz Baliño, 7-9

15704 de Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Básico

Denominación do ficheiro

Recursos humanos

Finalidade e usos previstos

Ordenación da xestión do persoal de Augas de Galicia

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoal de Augas de Galicia

Procedemento de recollida de datos

Declaracións e formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Administracións públicas

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nº de Seguridade Social/mutualidade, nome e apelidos, teléfono, enderezo, nº de rexistro persoal

Datos de características persoais

Datos económicos, financeiros e de seguros

Datos de circunstancias sociais

Datos académicos e profesionais

Datos de detalles de emprego

Datos relativos á comisión de infraccións

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Organismos da Seguridade Social

Facenda pública e Administración tributaria

Bancos, caixas de aforro e caixas rurais

Mutua concesionaria do servizo de vixilancia da saúde para o persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non están previstas

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Entidade pública empresarial Augas de Galicia

Praza Camilo Díaz Baliño, 7-9

15704 de Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Básico

Denominación do ficheiro

Actividades dirixidas á cidadanía

Finalidade e usos previstos

Xestión de todas as actividades dirixidas á cidadanía tales como: programas de lecer, actividades de voluntariado, desenvolvemento de actividades culturais, actividades formativas

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Outras persoas físicas

Administracións públicas

Fontes accesibles ao público

Outras administracións públicas

Outros: agrupacións de voluntarios, asociacións

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, enderezo postal e electrónico.

Datos de características persoais

Datos de circunstancias sociais

Datos de detalles de emprego

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da Comunidade Autónoma

Outros órganos da Administración do Estado

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se atopan previstas

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Entidade pública empresarial Augas de Galicia

Praza Camilo Díaz Baliño, 7-9

15704 de Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Básico

Denominación do ficheiro

Rexistros

Finalidade e usos previstos

Xestión dos diferentes rexistros administrativos cuxo mantemento corresponde a Augas de Galicia

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes, membros que integran as entidades ou organizacións que teñen obriga de publicidade rexistral

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Outras administracións públicas

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, enderezo, sinatura

Datos de características persoais

Datos de información comercial

Datos económicos, financeiros e de seguros

Datos de circunstancias sociais

Datos académicos e profesionais

Datos de detalles de emprego

Datos de transaccións

Datos relativos á comisión de infraccións

Outro tipo de datos

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Administración local

Outros órganos da Comunidade Autónoma

Outros órganos da Administración do Estado

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non están previstas

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Entidade pública empresarial Augas de Galicia

Praza Camilo Díaz Baliño, 7-9

15704 de Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Medio

Denominación do ficheiro

Seguridade e control de acceso

Finalidade e usos previstos

Videovixilancia e xestión do control de acceso ás instalacións administrativas de Augas de Galicia; xestión do control de acceso lóxico aos sistemas de información; outras finalidades

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoas (cidadáns, terceiros e persoal que presta servizos á Administración) que acceden ás instalacións de Augas de Galicia

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos e cámaras de videovixilancia

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, nº de rexistro persoal, teléfono, imaxe, sinatura

Outros datos identificativos: matrícula do vehículo

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Forzas e corpos de seguridade do Estado

Forzas e corpos de seguridade autonómica ou local

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non están previstas

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Entidade pública empresarial Augas de Galicia

Praza Camilo Díaz Baliño, 7-9

15704 de Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Básico

ANEXO II
Ficheiros que hai que suprimir

Ficheiros baixo a responsabilidade o extinto organismo autónomo Augas de Galicia (Q6550026F).

Ficheiro baixo Augas de Galicia.

Denominación do ficheiro

Canon de saneamento

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión e recadación do canon de saneamento en atribución das competencias de Augas de Galicia

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Suxeitos pasivos do canon de saneamento, solicitantes de redución por familia numerosa

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 13 de xaneiro de 2011 pola que se regulan determinados ficheiros de datos de carácter persoal do organismo autónomo Augas de Galicia

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da Entidade pública empresarial Augas de Galicia

Destino dos datos ou previsión que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Relacións económicas e comerciais coa cidadanía e entidades» creado por esta orde

Ficheiros baixo a Secretaría Xeral.

Denominación do ficheiro

Contratación

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión da contratación administrativa e facturación dos servizos e traballos realizados. Relación económica con terceiros

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoas físicas que integran a solvencia técnica dos licitadores. Provedores

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 13 de xaneiro de 2011 pola que se regulan determinados ficheiros de datos de caracter persoal do organismo autónomo Augas de Galicia

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da entidade pública empresarial Augas de Galicia

Destino dos datos ou previsión que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, terceiros e entidades» creado por esta orde

Denominación do ficheiro

Control de acceso

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión e control do acceso físico ás instalacións do organismo

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Empregados

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 13 de xaneiro de 2011 pola que se regulan determinados ficheiros de datos de carácter persoal do organismo autónomo Augas de Galicia

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da entidade pública empresarial Augas de Galicia

Destino dos datos ou previsión que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Seguridade e control de acceso» creado por esta orde

Denominación do ficheiro

Expedientes e recursos administrativos

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Tramitación de expedientes administrativos. Realización de informes así como a resolución dos seus correspondentes recursos

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoas físicas que iniciasen un expediente administrativo

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 13 de xaneiro de 2011 pola que se regulan determinados ficheiros de datos de carácter persoal do organismo autónomo Augas de Galicia

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da entidade pública empresarial Augas de Galicia

Destino dos datos ou previsión que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» creado por esta orde

Denominación do ficheiro

Persoal

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Facilitar a xestión do persoal destinado no organismo mediante a captura de datos relativos ao colectivo e mantendo un historial do persoal que prestou servizos nel

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoal funcionario, laboral o contratado administrativo que presta os seus servizos no organismo

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 13 de xaneiro de 2011 pola que se regulan determinados ficheiros de datos de carácter persoal do organismo autónomo Augas de Galicia

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da entidade pública empresarial Augas de Galicia

Destino dos datos ou previsión que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Recursos humanos» creado por esta orde

Ficheiros baixo a Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.

Denominación do ficheiro

Autorizacións e concesións

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión das solicitudes de autorizacións e concesións cuxa tramitación lle compete ao organismo autónomo Augas de Galicia

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoas físicas que tramitaron un expediente de autorización ou concesión

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 13 de xaneiro de 2011 pola que se regulan determinados ficheiros de datos de carácter persoal do organismo autónomo Augas de Galicia

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da entidade pública empresarial Augas de Galicia

Destino dos datos ou previsión que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» creado por esta orde

Denominación do ficheiro

Custodia fluvial

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Tramitación e resolución de procedementos sancionadores incoados polas labores dos gardas fluviais

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoas físicas ás cales se lle incoou un procedemento sancionador nesta materia

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 13 de xaneiro de 2011 pola que se regulan determinados ficheiros de datos de carácter persoal do organismo autónomo Augas de Galicia

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da entidade pública empresarial Augas de Galicia

Destino dos datos ou previsión que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» creado por esta orde

Denominación do ficheiro

Servidumes e comunidades de regantes

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Constitución das servidumes e comunidades de regantes do dominio público hidráulico

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoas físicas que constitúen as comunidades de regantes

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 13 de xaneiro de 2011 pola que se regulan determinados ficheiros de datos de carácter persoal do organismo autónomo Augas de Galicia

Motivos da supresión

Reestruturación orgánica e dos ficheiros de carácter persoal da entidade pública empresarial Augas de Galicia

Destino dos datos ou previsión que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» creado por esta orde

Ficheiro baixo a Dirección Xeral de Programación e Proxectos.

Denominación do ficheiro

Participación pública na DMA

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión e coordinación de axentes interesados no proceso de participación cidadá no marco da aplicación da directiva da auga

Colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Interesados na xestión da auga e susceptibles de intervir nos procesos de participación